PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO

Laura Rañal, da escudería Scratch Fene, gañadora categoría feminina ‘Wash-up Guitiriz’ no III Slalom Concello de Guitiriz ‘Gran Premio Ruta da Auga’

O triunfo absoluto foi para Fran Pico, da Escudería Moeche

En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A pilota Laura Rañal, que corría pola escudería Scratch Fene, resultou a gañadora da categoría feminina ‘Wash-up Guitiriz’ do III Slalom Concello de Guitiriz ‘Gran Premio Ruta da Auga’. 

O piloto da Escudería Moeche, Fran Pico, alzouse como gañador absoluto deste III Slalom Concello de Guitiriz ‘Gran Premio Ruta da Auga’ cun tempo de 1:40:266. A primeira proba puntuable para o campionato galego de slalom congregou no Campo da Feira a moitos afeccionados e afeccionadas ao motor nunha xornada na que o tempo acompañou, favorecendo o espectáculo.

Laura Rañal desbanca a Tamara Pereira

Na categoría feminina, patrocinada por ‘Whash-Up Guitiriz’ foi Laura Rañal (Scratch Fene) a que conseguiu o mellor tempo e o premio, dotado de 300 euros. A pilota substituía no alto do podio a Tamara Pereira, que fora quen gañara nos dous anos previos. Pereira tivo nesta terceira edición atrancos co seu coche e Laura Rañal fíxose co triunfo dun trofeo no que participaban 5 condutoras.

En modalidade Iniciación e Debutante, que se estreaban nesta terceira edición, Iván Picallo (Escudería Moeche) e Jesús Veiga (Scratch Fene), foron os gañadores, respectivamente.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, fixo a entrega de premios aos gañadores, que tamén recibiron como obsequio especial unha saborosa torta de millo.

Velaí a táboa de resultados máis destacados deste Slalom Concello de Guitiriz ‘GP Ruta da Auga’:

  • Gañador categoría absoluta: Fran Pico (Escudería Moeche) Citroën AX 1:40.266
  • Subcampión categoría absoluta: Diego González (Escudería Moeche) Citroën Saxo VTS 1:41.127
  • Gañadora categoría feminina ‘Wash-up Guitiriz’: Laura Rañal (Scratch Fene) Citroën Saxo VTS 1:53.646
  • Gañador categoría iniciación: Iván Picallo (Escudería Moeche) Citroën Saxo 1.2 1:52.083
  • Gañador categoría debutantes: Jesús Veiga (Scratch Fene) Renault Clio 1.2 1:58.9

Na presentación da cita a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, sinalaba que vía a proba como “unha cita xa consolidada no calendario automobilístico galego, que está a ser moi ben recibida polos veciños e veciñas de Guitiriz”.

Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas