A Copa Galicia de Ciclocross da Federación Galega de Ciclismo tiña este domingo unha nova proba na provincia da Coruña, o XII Ciclocross Concello de Cambre. Na cita Laura Mira, do GD Supermercados Froiz non fallou. Partía como favorita e conseguiu o triunfo na categoría junior.
A cita cambresa, organizada polo Club Ciclista Cambre Caeiro, celebrouse na contorna do campo de fútbol Daniel Mallo. Á cita acudían ciclistas desde cadete ata máster 60, destacando especialmente as sub23 e as elite. En concreto a competición incluía as categorías: Cadete, Cadete fem., Elite, Elite fem., Elite UCI, Junior, Junior fem., Master 30, Master 30 fem., Master 40, Master 40 Fem., Master 50, Master 50 fem., Master 60, Master 60 fem., Sub23, Sub23 Fem.
Primeiro posto en 54:46 ara Laura Mira
Laura Mira Juárez do GD Supermercados Froiz completaba o percorrido cun tempo de 00:54:46 e cruzaba a meta en primeiro lugar entre as ciclistas de categoría junior. A seguían Sofía Álvarez Ramos, do CC Cambre Servicios Reunidos (00:55:02) e Sarela Conde Alonso do Academia Postal ABANCA Maceda cun crono de 00:57:02.
En elite feminina venceu Paula Díaz (00:51:17) do Río Miera-Meruelo-Cantabria Deporte, á que seguiron na liña de meta Cristina Morán Roza (00:51:46) do CC Villaviciosa e Irene Trabazo Bragado (00:54:37) do XSM-Santome de Piñero que foi a primeira galega.
Nas sub23 vencía Carla Fernández Torres do BTC Team FArto (00:52:01), foi segunda Lydia Pinto Larenjo do Nesta MMR CX Team (00:52:49) e terceira Noela Saa Crespo do Academia Postal ABANCA Maceda (01:00:26)
Na categoría cadete feminina impúxose María Filgueiras (00:30:26.321) do Río Miera-Meruelo-Cantabria, seguida de Aroa Otero Táboas (00:31:03.403) do Avanza-Porriño e Lorena Patiño (00:32:25.009) Villanueva do CC Compostelano.
Eva Ortega Aguiar do PC Biciosos Rías Baixas foi a mellor en Cambre na categoría Master 30 feminina cun tempo de 00:41:25. Logo dela chegou Montserrat Martínez Alonso do AR Ciclismo Oiense (00:49:03).
Nas master 40 femininas impúxose Marina González Rodríguez do Illas Cies Cycling Team (00:40:54.661). Foi segunda Rocío Blanco Carrera da AD A Forna (00:43:15.345) e terceira Paula Blanco Latorre do PC Monte Xalo (00:44:07.196).
Consulta nesta ligazón todas as clasificacións do XII Ciclocross Concello de Cambre.