Tardou en chegar pero xa está no peto a primeira vitoria do Maristas Coruña. O CB Aridane foi o rival ao que as colexiais herculinas se impoñían nesta cuarta xornada. Nas filas locais, hai que salientar o concurso de Laura Martínez que foi a MVP dun partido no que o Maristas Coruña vencía con contundencia: 78-38.
Logo de tres derrotas colleitadas ante o Mariscos Antón Cortegada, HGB Ausarta Barakaldo e Gardenstore Sevilla Femenino, o Maristas Coruña foi quen de abrir a lata das vitorias. As coruñesas impuxéronse ao CB Aridane por un marcador de 78-38 en cancha propia. Daban así, de camiño, unha alegría ás súas seareiras.
A exterior Laura Martínez foi unha das pezas chave para que o Maristas Coruña acadase o triunfo. A xogadora asinaba a mellor actuación da xornada na competición, tal e como explicaban desde a FEB.
Una jornada de protagonistas en @CompeticionFEB (y 3)
⛹️♂️ #LigaEBA
✅ Kedar Nkosi – @AlfindenCB
https://t.co/JnyiDZ0Zm5⛹️♀️ #LF2
✅ Laura Martínez – @MaristasCoruna
https://t.co/Tv968d5OHQ pic.twitter.com/bz2y10Dm2t— CompeticionesFEB (@CompeticionFEB) October 25, 2022
Encamiñaron o partido as galegas nun primer cuarto expectacular (30-9) no que Laura Martínez foi protagonista. A base-escolta foise ata os 18 puntos, 4 rebotes, 4 asistencias, e 2 recuperación cos que sumou un total de 26 de valoración. Anotou 4 de 5 en tiros de dous, 3 de 4 en triplas e 1 de 2 en tiros libres.
Laura Martínez formouse no Pío XII de Santiago de Compostela, aínda que trasladouse á Coruña hai xa tres anos. No Maristas Coruña ten disputado un total de 54 partidos en LF2, aumentando as súas estatísticas tempada a tempada. De los 7.8 puntos e 1.4 asistencias da temporada anterior, xa ten pasado a 10.8 e 4.0 na actual.
Estatísticas da temporada da xogadora do Maristas Coruña Laura Martínez:
- Partidos xogados: 4
- Minutos: 27.0
- Puntos: 10.8
- Rebotes: 4.0
- Asistencias: 4.0
- Recuperacións: 2.0
- Tapóns: –
- Faltas recibidas: 1.5
- Valoración: 13.3
Traxectoria deportiva de Laura Martínez:
- Formación: Pío XII
- 2019/20: Maristas Coruña (1ª Div)
- 2020/23: Maristas Coruña (LF2)