• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

‘Las diez mil hijas de Irene. Cien años de fútbol femenino en Galicia’ presentouse na Coruña

O xornalista Álex Centeno fai un recorrido pola historia do futfem galego

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/03/2023
en Máis fútbol
Presentación do libro 'Las diez mil hijas de Irene' de Álex Centeno con Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Presentación do libro 'Las diez mil hijas de Irene' de Álex Centeno con Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

424
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O libro ‘Las diez mil hijas de Irene’ presentábase hoxe no Estadio de Riazor da Coruña. A obra, do xornalista herculino Álex Centeno, fai un repaso polas mulleres que forman parte da historia do fútbol galego. Desde a  porteira coruñesa Irene González, a Vero Boquete, pasando polas máis de 6.000 mulleres con licencia da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) nesta tempada 2022-23 e que forman parte da festa do balón: xogadoras, adestradoras, árbitras, sanitarias… Todas elas son, dalgúns xeito, fillas de Irene.

Desas mulleres bravas do deporte galego falan as páxinas desta obra que edita LAR Libros e que relata cen anos de futfem en Galicia. En definitiva ‘Las diez mil hijas de Irene’ recolle a historia de As Nosas mulleres do fútbol galego.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta tarde o libro ‘Las diez mil hijas de Irene’ do xornalista Álex Centeno. A obra recolle a historia do fútbol feminino en Galicia dende Irene González, a primeira xogadora de fútbol en España, ata Verónica Boquete, actual xogadora. “Con esta obra facemos unha importante homenaxe non só a Irene González, senón a todas as súas fillas, repasando a historia de todas aquelas pioneiras que pouco a pouco fixeron o mellor equipo para combater a desigualdade no mundo deportivo” explicou Inés Rey.

No libro recóllese información, imaxes e historias de diferentes mulleres no mundo do fútbol. Xogadoras, entrenadoras, árbitros ou equipos femininos. No acto interviu a alcaldesa, Inés Rey; xunto con Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña e Álex Centeno, autor do libro. A rexedora destacou que o fútbol galego “ten un marcado carácter coruñés recollido neste libro” en alusión á orixe de Irene González como primeira xogadora de fútbol.

Presentación do libro 'Las diez mil hijas de Irene' de Álex Centeno con Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do libro ‘Las diez mil hijas de Irene’ de Álex Centeno con Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Tamén lembrou outros fitos recollidos no libro como a orixe do Karbo, o primeiro club feminino campión de España que ten a súa orixe nos Mallos. Varias representantes do histórico club galego estiveron presentes no acto. Alí estiveron entre doutras Inma Castañón, Pili Neira, Lis Franco e o adestrador, José Mañana.

Destacaba Inés Rey na presentación de ‘Las diez mil hijas de Irene’ “Momentos nos que houbo mulleres que deron a coñecer os seus nomes pasando a firmar un importante capítulo do relato desta cidade como tamén fixeron Pili Neira, Teresa, Inma e Manola ao obter o título de adestradoras a nivel nacional, as catro primeiras mulleres en España en facelo”.

Alex Centeno, autor de 'Las diez mil hijas de Irene' xunto a representantes do Karbo / SABELA MOSCOSO
Álex Centeno, autor de ‘Las diez mil hijas de Irene’, xunto a representantes do Karbo / SABELA MOSCOSO

A alcaldesa rematou agradecendo a Álex Centeno o seu traballo para este volume e reivindicou que “fan falla máis Irenes González e Verónicas Boquete, mais tamén moitas máis Pilis Neira ou Inmas, Manolas e Teresas nas que as nenas do mañá se vexan reflectidas para conquistar o futuro dende o presente”.

A obra do xornalista Álex Centeno, constitúe a primeira historia do fútbol feminino galego que se publica. A primeira edición do libro, que saíu á rúa o pasado 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller, ten unha tirada inicial de 4.500 exemplares, dos cales xa se venderon 3.800, o que indica a boa acollida que está a ter. Actualmente, a publicación está á venda a través da web www.lasdiezmilhijasdeirene.es

As historias que contén ‘Las diez mil hijas de Irene’

Unha terra de loitadoras como é Galicia non podía ser menos no mundo do fútbol. Na esquina noroeste da Península naceu Irene González, a primeira xogadora que pode considerarse profesional, pois xa nos anos 20 cobraba por xogar ao fútbol. Ela abriu o camiño para que outros miles de bravas galegas tivesen máis sinxelo (aínda que nunca chegou a ser fácil) xogar ao fútbol sen complexos e con valentía.

‘Las diez mil hijas de Irene’ é unha homenaxe a esas dez mil fillas de Irene que durante un século permitiron que o fútbol feminino en Galicia non morrese. É unha alegación á igualdade ao redor dun balón e sobre un rectángulo pintado con cal. O exemplar que teñen nas súas mans conta a historia do fútbol feminino en Galicia, si. Pero tamén as súas intrahistorias. Poderán ler, baixo o relato dos seus protagonistas, unha serie de vivencias pasadas e presentes.

Desde o día que unha patrulla da Garda Civil case suspende un encontro porque un cura denunciara que as futbolistas ensinaban os xeonllos; ata o partido a partido dunha xogadora profesional que se atopa recluída no centro penal de Teixeiro. Coñecerán á madriña do fútbol galego, pero tamén á súa avoa, ás primeiras adestradoras nacionais, con selo galaico, a primeira árbitra, de idéntica procedencia…

Presentación do libro 'Las diez mil hijas de Irene', escrito por Álex Centeno / CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do libro ‘Las diez mil hijas de Irene’, escrito por Álex Centeno / CONCELLO DA CORUÑA

Historias e curiosidades dun deporte do que no seu día se apropiaron os homes, pero polo que loitaron as mulleres. Por último, este libro serve tamén de consulta e de fotografía do fútbol no ano 2023. Cada club ten o seu espazo reservado a modo de consulta, coa súa xunta directiva, a súa vestimenta, o seu contacto…

E, finalmente, a gran homenaxe ao case seis mil triunfadoras que na tempada 2022-2023 tiveron unha licenza expedida pola federación: desde xogadoras a árbitras, incluíndo sanitarias, adestradoras… Todas aparecen co seu nome e apelidos na publicación.

En definitiva, este libro é un recoñecemento a Irene e os seus dez mil fillas, que nin se renderon, nin se renden, nin se renderán xamais.

O autor, Álex Centeno

O xornalista Álex Centeno é o autor do libro ‘Las diez mil hijas de Irene’. Naceu o 25 de setembro de 1973 no barrio coruñés da Sagrada Familia. Exerce a súa labor como informador en La Voz de Galicia desde o ano 2000, medio ao que chegou tras traballar en El Ideal Gallego e colaborado en Radio Culleredo.

Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade da Coruña, é Máster en Xornalismo de Investigación, Datos e Visualización pola Universidade Internacional da Rioxa; Máster en Xornalismo e Comunicación Dixital polo Instituto Europeo de Estudos Empresariais en colaboración coa Universidade Nebrija; e, actualmente, cursa o Máster en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde na Universidade da Coruña.

Álex Centeno é colexiado número 1.038 é tamén membro da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) e representante en Galicia da Asociación de Xornalistas de Investigación (API).

No ámbito literario, é coautor de ‘Fran, o Neno 10’ (Biblioteca Galega, 2005), biografía autorizada do excapitán do Real Club Deportivo da Coruña e ex xogador da selección española de Fútbol, Francisco Javier González Pérez.

Do mesmo xeito, colaborou en publicacións como o catálogo da exposición Valor e Mestría que organizou a Xunta de Galicia no ano 2018 e na obra benéfica ‘Relatos sobre o derbi Celta-Dépor’ (Galinova, 2012).

Etiquetas Alex CentenofútbolInés ReyInma CastañónIrene GonzálezJosé MañanaKarboLIS FRANCOPili NeiraVero Boquete
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.