• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Lara Lois revalida o seu título galego elite do XCO

Laura Mira, María Filgueiras e Silvia García tamén foron campioas das súas categorías no torneo celebrado en Marín

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/06/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
O podio do Xaxanbike da Copa Galicia XCO celebrada en Marín / FG CICLISMO

O podio do Xaxanbike da Copa Galicia XCO celebrada en Marín / FG CICLISMO

143
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Cross Country Olímpico galego regresou este sábado á normalidade previa á pandemia e na competición, a elite Lara Lois (Extol MTB Team) revalidou na Xaxanbike o título autonómico de XCO que conseguira en xullo de 2019 en Montefaro.

As favoritas tamén cumpriron co seu papel nas outras oito categorías que competiron no Campionato Xunta de Galicia celebrado na localidade pontevedresa de Marín, deixando como campioas a Laura Mira, María Filgueiras e Silvia García.

O sub23 Iván Feijoo (BH Templo), a e o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca) tamén foron campións nas súas categorías, mantendo o liderado.

O XCO de Marín reuniu a preto de 200 ciclistas

Case 200 bikers participaron na cita organizada polo XSM. O club anfitrión traballou arreo e preparou en Chan de Gagán un circuíto que estivo á altura da carreira máis importante do ano no calendario autonómico desta especialidade do BTT. Un trazado moi técnico, curto e que polas chuvias das horas previas presentou un terreo húmido.

Lara Lois dominou desde o comezo na proba elite 

Tanto na carreira elite-sub23 feminina como na masculina os gañadores abriron oco na volta inicial. Entre as mulleres, Lara Lois impuxo un ritmo que ningunha das súas rivais puido seguir dende as primeiras pedaladas e conquistou con comodidade a súa terceira coroa consecutiva de campioa de Galicia de XCO.

A grovense do Extol venceu cun tempo de 1 hora 12 minutos e 20 segundos e no podio acompañárona a segunda clasificada Diana Blanco (Bicicletas Chinquena) e a terceira Aida García (Team Farto).

Tampouco houbo que agardar demasiado para que Iván Feijoo se marchara en solitario na proba raíña masculina. O sub23 do BH Templo finalizou a primeira das sete voltas con 28” de vantaxe sobre Saúl López e Brais Sendín (Lasal Cocinas-Louriña). Neste dúo elite, o defensor do título soltou ao seu acompañante no terceiro xiro a Chan de Gagán e lanzouse a prolongar unha hexemonía iniciada no 2018.

Detendo o reloxo en 1:22:05, Feijoo fíxose coa vitoria absoluta con 59” de marxe sobre López e con 2:07 respecto a Sendín. O alaricano subiu ao chanzo máis alto do caixón sub23 escoltado por Andrés Valcárcel (Monforte) e David Fernández (Avanza-O Porriño), segundo e terceiro respectivamente, mentres que o bronce elite correspondeu a Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño).

Mira venceu no júnior e Filgueiras fíxose co ouro cadete

Os maillots de campións de Galicia si que cambiaron de propietarios no resto de categorías. Na proba feminina junior Laura Mira (Avanza-O Porriño) por diante de dúas corredoras do Cambre Caeiro: Sofía Álvarez e Carmen Mallo. Outro triunfo contundente asinouno Miguel Rodríguez superou nos juniors a Anxo Carril (Coruxo) e a terceira praza ocupouna Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas).

Máis emocionantes estiveron as carreiras cadetes deste XCO. María Filgueiras (Caimanes Betazos) bateu por 15 segundos a Uxía Soto (Avanza-O Porriño) e Aroa Otero (Avanza-O Porriño) completou o podio. Por unha diferenza similar Tomás Pombo (Cambre-Caeiro) acabou dobregando nos rapaces cadetes a Danny Buba (Coruxo), con Martín Sestelo (Avanza-Porriño) concluíndo terceiro.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Club Caimanes Betanzos Btt (@caimanesbetanzos)

Silvia García impónse en máster

Dentro da categoría máster, a participación feminina desta edición da Copa Galicia XCO limitouse á categoría -40, na que Silvia García (Bici Verde) levouse o man a man con Rebeca Muñoz (Ribadumia).

Nas competicións masculinas, o Club de Montaña Xesteiras rubricou un dobrete nas categorías masters. Manuel Ángel Parada impúxose no grupo de idade dos 30 anos, carreira na que Rubén Deaño (Ourense Termal) colgouse a prata e Fernando Díaz (Os Eskornabois), o bronce. En canto aos másters-40, Alejandro Trasbach deulle o título ao equipo de Cuntis nun vibrante desenlace no que Constantino Muñoz (Grupetta Pan de Zarko) bateu ao esprint a Iván Pereira (Xesteiras).

O conxunto dominador nos masters-50/60 foi o Barbanzabike. Manuel Castro celebrou a vitoria por todo o alto na liña de meta e o seu compañeiro José Ramón Castelo terminou segundo. Nesta carreira XCO tamén obtiveron premio Manuel Castro (Bici Verde) como terceiro clasficado e José Manuel González (Academia Postal-Abanca), gañador entre os bikers de 60 anos.

O coordinador de Deportes do Concello de Marín, Antonio Caíña Fortes, acompañou ao presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz, no peche dunha xornada que arrancara co Mini BTT da Xaxanbike, un evento que congregou a máis de 400 cativas e cativos.

Etiquetas ciclismoCopa Galicia XCOEXTOL MTB TeamFederación Galega de CiclismoLara LoisLaura MiraMaría FilgueirasMarínSilvia García
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ciclistas galegos na Copa de España de Pump Track / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Copa de España de Pump Track chega a Galicia en xullo con 5 líderes galegos

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

Aragón repetiu este domingo como escenario da Copa de España de Pump Track na súa terceira xornada. A pista zaragozana...

Na categoría cadete da Copa Galicia do Porvir, na proba de Carballo, vencía Leire García (CC Teis), seguida no podio de Mariela Pérez (B Travel - Ponteareas) e Antía Torres tamén do CC Teis / CC TEIS

Ivet Dimitrova, Héctor Rodríguez e Leire García suben ao máis alto do podio en Carballo na proba da Copa Galicia do Porvir

por Redacción As Nosas
26/05/2026
0

A Copa Galicia do Porvir 2026 rexistrou un cambio de líder na súa terceira xornada celebrada en Carballo. Héctor Rodríguez...

Sarela Conde venceu na proba da Copa Galicia de Cross Country Olímpico en Maceda / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO - LUZ IGLESIAS

Sarela Conde que vence na casa no BTT de Maceda acadando o seu 2.º triunfo da tempada

por Redacción As Nosas
25/05/2026
0

Despois da paréntese da fin de semana anterior coa disputa da cita da Copa de España en Outeiro de Rei,...

Copa de España na Montefaro Enduro Race / RFEC

As camisolas do Campionato de España de Enduro decídense este domingo na Montefaro Enduro Race

por Redacción As Nosas
21/05/2026
0

A localidade coruñesa de Ares acolle esta fin de semana a gran cita do ano na modalidade de Enduro. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

09/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.