• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Lara Lois fai historia ao proclamarse campioa de España XCO

A grovense converteuse na primeira galega que conquista o título estatal elite da especialidade olímpica e o carballiñés e Alejandro García colgouse o ouro júnior | A Selección Galega fíxose co bronce no Team Relay | O BTT galego regresou con sete medallas de Sabiñánigo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/07/2023
en Sobre rodas, Ciclismo, Máis Deporte
Lara Lois, no cumio do podio do Campionato España de XCO / RFEC

Lara Lois, no cumio do podio do Campionato España de XCO / RFEC

1.4k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A ciclista do Grove Lara Lois converteuse na primeira muller galega que se proclama campioa de España de XCO na categoría raíña. Só por iso, o acontecido este domingo en Sabiñánigo pasa a  formar parte do libro de ouro da historia do ciclismo galego. Pero é que ademais o carballiñés Alejandro García conquistou o título júnior. Os dous triunfos asinados por bikers da Selección Galega elevaron a sete o botín de medallas obtido polo BTT galego durante tres días de competición na provincia de Huesca, entre deles o bronce da Selección de Galicia no Team Relay.

Podio do Campionato España de XCO / RFEC
Podio do Campionato España de XCO no que está Lara Lois como campioa de España en élite / RFEC

O Campionato de España de Sabiñánigo arrancou o venres coa Selección de Galicia acadando o bronce no Team Relay por combinados autonómicos e dous integrantes do sexteto dirixido polo seleccionador José Alberto del Río tocaron o ceo este domingo. Lara Lois deu a badalada da xornada na proba elite feminina. A madrileña Rocío García (BH Coloma Team), como era de esperar, impuxo un forte ritmo desde o inicio, o que a levou a poñer terra de por medio na primeira volta. Como as súas principais perseguidoras situáronse Lara Lois e Noemí Moreno (Odena), que se foron alternando entre a segunda e terceira praza.

Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC
Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC

A medida que pasaban as voltas, Rocío García continuaba aumentando a diferenza sobre a galega a e catalá. Esta vantaxe chegou a ascender ao minuto, un tempo que tras entrar na última volta facía presaxiar que a do BH ía sumar outro título ao seu palmarés. Porén, a biker da Selección de Galicia soubera xestionar o seu ritmo, moi constante, para lanzarse no desenlace da carreira a polo seu primeiro Campionato de España de XCO da RFEC.

A sensacional estratexia de Lara Lois permitiulle adiantar a García e dirixirse cara á liña de meta en solitario, onde todo o equipo da Federación Ciclismo Galego estaba esperándoa con ilusión. A corredora que esta campaña pertence ao RG Bikes rematou cun tempo de 1:28:23, con 20 segundos de vantaxe sobre García e 53″ respecto a Moreno.

Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC
Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC

Tampouco era o principal favorito á vitoria Alejandro García na categoría xuvenil. Dous corredores do La Nucía BH, o balear Joan Mir e o andaluz Hugo Franco, partían como principais candidatos ao ouro. Dende o inicio da carreira formouse un cuarteto con García, Mir Franco e Raúl Villar (La Rioja). A vixilancia entre os compoñentes do grupo foi estricta, ata que o corredor do Carballiño atacou na penúltima volta e rachou o control.

Alejandro García manexou no último xiro ao circuíto unha vantaxe de 20” sobre Hugo Franco e 40” sobre o dúo formado por Raúl Villar e Joan Mir. Esa marxe non deixou de medrar ata que o xuvenil do Academia Postal-Maceda cruzou a liña de meta 35” segundos antes que Franco. O pulso polo bronce decantouse a prol de Villar. Ademais do gañador, a Selección de Galicia presentou a outros tres bikers nesta carreira: Martín Sestelo clasificouse 41º, Danny Buba 45º e Martín Díaz 60º.

No resto da xornada grande do Campionato de España da especialidade olímpica rexistráronse dous cuartos postos para bikers de Galicia. O elite Pablo Rodríguez (BH Coloma Team) concluíu ás portas do podio na proba estrela do programa masculino. O macedao cedeu 1’14” respecto ao seu compañeiro de equipo Jofre Cullell, que se levou o bronce nunha carreira na que Samuel González terminou 26º coas cores de Galicia.

O mesmo resultado que Pablo Rodríguez rubricou Aroa Otero na competición júnior. A porriñesa logrou a cuarta praza, a 3’11” da terceira clasificada Carla Pérez (Comunitat Valenciana), sendo a máis destacada da Selección de Galicia, que meteu as súas tres corredoras entre as once primeiras: Marta Estévez acabou sétima e Uxía Soto, undécima. O balance do combinado da Federación Ciclismo Galego, que acudiu a Sabiñánigo con dez ciclistas, complétase co 22º posto de Anxo Carril nos sub23.

A Selección de Galicia, terceira no Team Relay

Dende que no 2019 conseguira a que ata o momento é a súa única vitoria no Team Relay (TR) do Campionato de España de Cross Country, Galicia non volvera pisar o podio da proba de remudas por equipos na gran cita estatal da bicicleta de montaña. A Selección de Galicia rachou este venres ese meigallo que lle perseguía dende que se proclamara campioa e en Sabiñánigo colgouse a medalla de bronce. O sexteto composto por Alejandro García, Lara Lois, Marta Estévez, Anxo Carril, Aroa Otero e Samuel González rematou terceiro tras comezar a última volta liderando a carreira.

Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC
Lara Lois, no Campionato España de XCO / RFEC

O seleccionador José Alberto del Río escolleu a Alejandro García para arrancar a competición e o biker júnior pasoulle o testemuño en segunda posición a Lara Lois. A corredora elite, nunha sensacional actuación, encargouse de situar por primeira vez a Galicia á fronte das seis comunidades autonómas participantes.

A continuación de Lara Lois, entrou escena a júnior Marta Estévez, logrando alcanzar o ecuador da proba no segundo posto antes de que o Sub-23 Anxo Carril recuperara o liderado para o conxunto da Federación Ciclismo Galego (FCG). O mando deste emocionante TR conservouno a júnior Aroa Otero e Galicia iniciou o último xiro ao trazado de Sabiñánigo cunha renda de 13 segundos sobre a Comunitat Valenciana, de 26″ respecto a Catalunya e avantaxando en 43″ a Andalucía.

Con todo por decidir, o elite Samuel González pugnou con rivais de moito nivel como o andaluz Hugo Franco, que a pasada fin de semana meteuse no top-10 do Campionato de Europa Júnior, e o sub23 valenciano Fernando Vilaplana, quen acabou facéndose coa vitoria cun tempo total de 1:49:11. A 7″ concluíu Andalucía e o representante galego entrou a 31″ do gañador, logo de ampliar a 35″ a diferenza con Catalunya, cuarta clasificada.

“O circuíto era moi longo e máis que unha carreira por remudas era unha contra o reloxo individual en cada quenda. O plan saíu bastante ben, sen moitos problemas. Estamos contentos co resultado final. É unha recompensa ao traballo de todo o equipo”, sinalou Anxo Carril. 

Ouro e prata máster

Outros dous metais para o BTT galego aportáronos os corredores dos grupos de idade Máster nas probas de XCO. Ambos éxitos asináronos representantes de equipos ourensáns. Jose Ramón Villanueva (Código Bike) colgouse o ouro nos máster-30 A, facendo terceiro na clasificación absoluta da carreira e superando dentro da súa categoría ao valenciano Amadeo Ferrer (Algar) por 1’13” e a Pablo Sánchez (Castilla-La Mancha) por 10” máis.

A conquista da coroa máster-50 A rozouna Antonio Rodríguez. O biker do Ourense Termal finalizou segundo tras xogarse ao esprint a vitoria absoluta e do seu grupo de idade co murciano Juan Moya (Brain Bikes). O terceiro chanzo do caixón ocupouno o manchego Daniel Lorca (FDM Pina). A un paso, neste caso de subir o podio, quedou Jorge Aguín (Moto Bike), cuarto nos máster-40 A a 16” do terceiro clasificado e a 19” do segundo.

Campionato de España de Eliminator

Á colleita de medallas que se viñeron para a nosa comunidade hai que engadir as dúas obtidas por bikers que defenderon as cores dos seus equipos no Campionato de España de Eliminator. Dos oito semifinalistas masculinos, catro foron galegos. Danny Buba e Martín Sestelo, ambos da Selección de Galicia, non puideron pasar á carreira definitiva na que si estiveron Jorge Punzón (Cosmos) e Alberto Pedreira (Bici Verde). Polo tanto, o 50% dos finalistas eran corredores elite da localidade pontevedresa do Porriño.

Aos dous veciños de concello superounos Alberto Mingorance (Klimatiz). O andaluz impúxose cun tempo de 2’17”, batendo por 7” a Jorge Punzón, defensor do título, que entrou xusto por diante de Alberto Pedreira. A final pechouna o vasco Igor Bilbao (Seguros Bilbao).

Etiquetas ciclismoFederación Ciclismo GalegoLara LoisSelección de GaliciaTeam RelayXCO
Comparte6Chía4
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.