• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Lara Lois, terceira no Campionato de España de XCO

En total a Selección Galega suma un póker de medallas de bronce entre corredores masculinos e femininos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/09/2020
en Máis Deporte, Sobre rodas
Lara Lois, corredora da Selección de Galicia de XCO / FGC

Lara Lois, corredora da Selección de Galicia de XCO / FGC

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A ciclista galega Lara Lois acada unha medalla de bronce en Valladolid dentro do Campionato de España de XCO. En total a representación galega conseguía cinco metais de bronce. A representación feminina da Selección Galega estivo formada por a citada Lara Lois e as sub23 Irene Trabazo e Andrea García, según informa a Federación Galega de Ciclismo.

A competición tivo lugar durante a fin de semana en Valladolid. A grovense Lara Lois (Selección de Galicia) e o macedao Pablo Rodríguez (BH Templo) finalizaron terceiros nas carreiras da categoría Elite. Os seus podios sumáronse aos acadados polo sub23 Iván Feijoo e o máster-30A Manuel Ángel Parada.

Especialista en probas de BTT Maratón, Lara Lois espremeu a súa condición de fondista para colgarse o seu primeiro metal a nivel estatal nun campionato de Cross Country Olímpico. Lucindo as cores do combinado autonómico, a biker do Extol MTB soubo administrar as súas forzas no enlamado e esvaradizo circuíto do Cerro de las Contiendas. Comezou a última volta fóra do postos do caixón e acabou cruzando a liña de meta co mesmo tempo que a subcampioa.

Así foi carreira de Lara Lois

A do Grove realizou unha boa saída e o primeiro dos cinco xiros ao trazado de 5,2 quilómetros de lonxitude completouno xunto a Claudia Galicia (Megamo). Por diante delas rodaba destacada en solitario Rocío García (BH Templo).  Lara Lois non puido manter o ritmo da súa acompañante na segunda volta e mantívose terceira ata que no penúltimo parcial foi atrapada por Noemí Moreno (Costa Daurada) e María Díaz (Armilla).

A progresión de Díaz continuou. Iniciou a última volta ao carón de Galicia, que sufrira unha avaría, e con 15 segundos de vantaxe sobre Lara Lois. Porén, a pontevedresa non dixera a súa última palabra e no derradeiro parcial foi a única corredora que baixou dos 20 minutos, o que lle permitiu xogarse a prata ao esprint despois de que se descolgara Díaz. Entrando a 2:14 da gañadora García, a catalana Galicia impúxose no duelo pola segunda posición.

Nesta carreira feminina a ‘medalla de chocolate’ entre as sub23, que deron unha volta menos que as elites, correspondeu a Irene Trabazo. A marinense da Selección de Galicia terminou cuarta, a 2’ da terceira clasificada Estíbaliz Sagardoy (Navarra), mentres que a súa compañeira no combinado galego Andrea García ocupou a duodécima praza.

Regreso ao podio de Pablo Rodríguez no Campionato de España

Dous anos despois o ourensán Pablo Rodríguez volveu pisar o caixón elite no Campionato de España. O corredor de Maceda protagonizou un duelo a tres bandas na proba raíña masculina con David Valero (MMR) e Sergio Mantecón (Kross Racing). Unha batalla sobre o barro na que o galego do BH Templo tivo que conformarse co bronce.

Mantecón comezou mandando, pero Valero e Rodríguez tomaron o mando no segundo dos sete xiros ao Cerro de las Contiendas. As dúas últimas voltas resultaron do máis emocionante. O do Kross Racing chegou a alcanzar ao dúo de cabeza xusto antes de que o defensor do título cambiara o ritmo e abrira oco en solitario.

Ao toque de campá, Rodríguez ía segundo, pero Mantecón acabaría adiantándoo dentro dos últimos 5 quilómetros.

O campionato resolveuse con Valero logrando o seu quinto ouro con 19” de marxe e avantaxando en pouco máis de 1’ ao macedao. Cuarto concluíu Ismael Esteban (Logos), quinto Kevin Suárez (Nesta) e sexto o medallista olímpico Carlos Coloma (BH Templo).

En canto aos corredores da Selección de Galicia, o vixente campión autonómico Saúl López asinou a duodécima posición, Jorge Punzón a 44ª e Alberto Pedreira a 56ª.

Tres bronces galegos na primeira xornada

Na xornada sábado Iván Feijoo (Selección de Galicia) colgouse a medalla de bronce na proba sub23, o mesmo resultado que Manuel Ángel Parada (Rsbike Boiro) obtivo na categoría máster-30A. Outra destacada actuación asinouna Miguel Rodríguez, quinto na carreira júnior lucindo as cores do combinado autonómico.

O alaricano Feijoo aínda non contaba no seu espectacular palmarés cun metal sub23 a nivel estatal na modalidade de Cross Country Olímpico. Actual campión de España de ciclocrós, o ourensán atopouse no circuíto pucelano do Cerro de las Contiendas un escenario ao que está moi acostumado: un terreo enlamado polas chuvias caídas na noite anterior e na primeira metade da carreira.

Dende a primeira das seis voltas ao trazado vallisoletano de 5,2 quilómetros de lonxitude, cumpriuse o guión previsto. O gran favorito Jofre Cullell (Megamo) marchouse en solitario e Feijoo situouse segundo, máis pendente dos seus perseguidores que do primeiro clasificado. O representante da Selección de Galicia chegou a contar con máis dun minuto de vantaxe sobre un terceto no que David Campos (Murcia) soltou de roda aos seus acompañantes no cuarto xiro.

 “Sabía que viña  a loitar polo segundo posto. A metade de carreira ía bastante ben, con distancia sobre o terceiro, pero na quinta volta tiven varios problemas mecánicos seguidos”, sinala Feijoo, penalizado polas avarías. Campos aproveitou os contratempos do galego para adiantalo e acabar baténdoo por 43 segundos. O de Allariz, que entrou a case 5 minutos de Cullell, non deixou escapar o bronce e na meta avantaxou en 38” a Julen Latorre (Kross Team).

Con esta medalla Feijoo quítase a espiña das súas dúas anteriores participacións como sub23 no Campionato de España de XCO. “Téñoo preparado bastante mellor, pero respondín bastante ben fisicamente e estou contento”, afirma o ciclista de 21 anos, que segue unha planificación enfocada cara a temporada de ciclocrós.

A continuación da carreira sub23 disputouse a júnior, con Miguel Rodríguez acadando o quinto posto. O ponteareán quedou a 1:20 da terceira praza e no top-10 tamén finalizou Marco Nube Lema (Academia Postal-Maceda), décimo na táboa. Pola súa banda, Anxo Carril e Gabriel Conde, ambos co maillot da Selección de Galicia, terminaron 34º e 39º respectivamente.

A colleita de metais para a delegación galega arrancou con Manuel Ángel Parada na categoría máster-30A. O do Rsbike Boiro conquistou o bronce ao esprint, impoñéndose na recta final a Álvaro Martín (Bikes Armilla). O compañeiro de equipo do galego, Iván Pereira, rubricou a sétima posición nos máster-30B, mentres que Miguel Ángel Arias (Extol MTB) rematou oitavo nos Máster-40B e Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas), a cuarta nos máster-50B.

Etiquetas Campionato de EspañaciclismoGaliciaXCO
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A ciclista galega María Filgueiras / RFEC

María Filgueiras vence a carreira contra o reloxo do Campionato de España Escolar de ciclismo cadete

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  Celebráronse os Campionatos de España Escolares e o Campionato de España Júnior. A miñense María Filgueiras conquistou a medalla...

Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lorena Patiño, campioa de España Escolar cadete de XCO

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  A ciclista pontevedresa Lorena Patiño venceu con autoridade no circuíto de Valladolid, onde os dous conxuntos cadetes da Selección...

Lidia Parada, récord no lanzamento de xavelina / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Tres medallas, catorce finalistas e tres récords absolutos autonómicos, balance galego no Campionato de España de atletismo ao aire libre

por Redacción As Nosas
27/06/2022
0

  Un total de tres medallas individuais, dúas delas femininas, unha nos relevos, tres récords de Galicia e catorce postos...

Selección Galega cadete feminina de balonmán praia / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A Selección Galega cadete feminina, á procura da medalla no CESA de balonmán praia

por Redacción As Nosas
25/06/2022
0

  Xornada de moitas emocións a que se viviu  no CESA de balonmán praia que se está a disputar en...

Belén Toimil preparando o seu lanzamento de 17.80 que lle concedeu o título de campioa de España de peso / RFEA YOUTUBE

Belen Toimil repite como campioa en lanzamento de peso no Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2022
0

  Belén Toimil, plusmarquista nacional olímpica, proclamouse campioa de España na modalidade de lanzamento de peso. A galega defendía un...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

05/07/2022
Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

05/07/2022
Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

04/07/2022
Selección Galega Atletismo na que está Belén Toimil / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Belén Toimil e Yulenmis Aguilar vencen nas súas modalidades no Campionato de España de Seleccións

04/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.