Galicia conta con dobre representación no primeiro ránking das Series Mundiais de loita praia coa participación de Noelia Lalín e Pablo García.
A Federación Galega de Loita (FEGALOITA) informa da convocatoria dos 2 Galegos, para representar a España na Clasificación Series Mundiais de loita praia, que terá lugar do 5 ao 9 de maio, en Buenos Aires (Arxentina).
Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces) participará en +70 kg e Pablo García (Club de Loita Pontevedra) en -80 kg, nesta primeira Clasificación Series Mundiais de loita praia 2023.
Este ano é especial, xa que os oito mellores deportistas do mundo de cada categoría de peso, estarán clasificados para participar nos ANOC (https://www.anocolympic.org/anoc-world-beach-games/anoc-world-beach-games-bali-2023/) Xogos Mundiais de Deportes de Praia, que terán lugar en Bali (Indonesia).
Tanto Noelia Lalín (24.200 pts) como Pablo García (26.400 pts), están a ocupar o 5º posto Mundial nas súas respectivas categorías de peso. Isto é un feito histórico no noso deporte.
Para saber os deportistas clasificados para os ANOC, só quedan 2 citas: Buenos Aires e en Singapura. Estas dúas citas serán claves para buscar unha clasificación histórica.
Tras os éxitos cultivados na segunda Clasificación das Series Mundiais desta disciplina organizadas no ano 2022 en Sanxenxo (Galicia), o nivel de Lóita Praia en España, aumentou de forma exponencial. Agora é o momento de consolidar o camiño percorrido.
Toda a información dos clasificatorios das series de loita praia atópase nesta ligazón: https://beachwrestling.org/events