O brasileiro Caio Bonfim e a peruana Kimberly García León gañaron o XXXVI Gran Premio Internacional Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez de marcha, promovido polo Concello da Coruña. A que está considerada como mellor competición do mundo da súa disciplina reuniu a 225 atletas de 25 nacionalidades diferentes. A proba, que foi se retransmitiu en directo, foi seguida por centos de afeccionados na contorna do Obelisco.
En total, houbo cinco categorías diferentes. Na 20K masculina o gañador foi Caio Bonfim, de Brasil, que rematou a proba cun tempo de 01:18:26, seguido polos españois Álvaro Martín e Diego García Carrera. Na 20K feminina, gañou a peruana Kimberly García León, cun tempo de 01:26:40. Á gañadora, Kimberly García León, seguírona na liña de meta a chinesa Quanming Wu e a mexicana Alegna González Muñoz, segunda e terceira clasificada, respectivamente.
Entrega de trofeos a los/as vencedores/as #GPCantones23
20K Mujeres
🏆Kimberly García 🇵🇪
WuQuanming 🇨🇳@alegnam_2 🇲🇽
20K Hombres
🏆Caio Bonfim 🇧🇷@Alvaroatletismo 🇪🇸@DiegoGCarrera 🇪🇸ℹ️ RESULTADOS https://t.co/bdFsU8ken7 pic.twitter.com/UgA70EG7jF
— GP Cantones (@GPCantones) June 3, 2023
O circuíto do Gran Premio Cantóns transcorreu entre o Teatro Colón e a praza de Mina, cunha distancia de 1.000 metros. Destacou a presenza de atletas de países cunha ampla tradición en marcha como Italia, México, China, Ecuador, Perú Xapón ou Suecia. As delegacións con maior representación foron a española con 50 representantes, seguida pola mexicana con 26 atletas, a colombiana con 17 e a chinesa con 15.
Esta foi a primeira edición sen a presenza de Sergio Vázquez, quen impulsou en 1987 a disputa desta competición e foi o seu responsable ata hai poucos anos. O Gran Premio Cantóns de marcha leva o seu nome como homenaxe pola súa dedicación.