• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Kevin Cabado: “O noso maior logro é que debuten en Primeira División”

O adestrador do Dépor ABANCA B valora o talento das súas futbolistas, que se xogan o ascenso a Reto Iberdrola e algunhas das cales puideron competir na máxima categoría co A

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
16/04/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O Dépor ABANCA B e o seu adestrador, Kevin Cabado / RCD

O Dépor ABANCA B e o seu adestrador, Kevin Cabado / RCD

378
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A base do fútbol galego está en plena forma e o Dépor ABANCA B é boa mostra delo. As xogadoras adestradas por Kevin Cabado lograron pasar á segunda fase competitiva da Primeira Nacional en terceira posición e agora ten opcións de meterse no play off de ascenso a Reto.

Pero o camiño ata esta fase final non foi nada doada. Como explica o propio técnico, “custounos adaptar o equipo, porque parte eran xogadoras recentemente fichadas ou que subían da canteira. Era un equipo practicamente novo”, recorda.

Unha vez superado un período de adaptación, os resultados comezaron a chegar e con eles as alegrías das vitorias. A goleada 9-0 ao Umia na primeira xornada precedeu á derrota ante o Interrías por un 3-1 e desde entón as branquiazuis alternaron derrotas, empates, vitorias axustadas e máis goleadas, como o 15-0 ao CD Valladares. As coruñesas tiveron un balance de dúas derrotas por volta, rematando a primeira fase terceiras con 30 puntos e sendo o segundo mellor local (19 puntos foron obtidos desta forma).

A segunda fase tamén comezou con bo sabor de boca, cun 5-0 ante o mellor clasificado, o Oviedo e ademais en casa, xogando en Abegondo.

O Dépor ABANCA B comeza a segunda fase arrasando (5-0)

Con todo, o adestrador prefire poñer o foco de atención na formación. “Temos cinco xogadoras que debutaron en Primeira e xa están metidas nas súas rutinas”, sinala. Desta forma, os altibaixos que tiveron que afrontar polas baixas das canteiras convocadas por Manu Sánchez sempre foron “ben recibidas”.

As xogadoras de Kevin Cabado apuntan ao equipo A

“O noso maior logro é que debuten en Primeira División, está claro”, sentencia Kevin Cabado. Para o míster, é moito máis importante ver medrar ás súas xogadoras que sumar os tres puntos de cada domingo: “Algunha fin de semana non conseguíamos o resultado desexado na nosa competición, pero vías o día do Levante a María Figueroa como titular ou a Eva Dios asentada xogando varios partidos co primeiro equipo, e iso é maior logro que ascender a Reto Iberdrola”.

Kevin Cabado: “Vías o día do Levante a María Figueroa como titular ou a Eva Dios asentada xogando varios partidos co primeiro equipo, e iso é maior logro que ascender a Reto Iberdrola”

O nome propio máis destacado destas futuras promesas é sen dúbida Eva Dios. Á centrocampista, que antes de xogar coa camiseta branquiazul vestiu a do Victoria FC compostelán, case se lle quedan curtos os campos de Primeira Nacional. Xa é habitual ler o seu nome nas convocatorias de Manu Sánchez, e este ano tivo a oportunidade de formar parte da Selección Española sub19.

Eva Dios, galega do Dépor ABANCA, irá concoada coa Selección sub19 / RCD
Eva Dios, do Dépor ABANCA / RCD

“Se leva falando de Eva moitos meses, pero o verdadeiro paso o deu este mes”, valora o seu adestrador, Kevin Cabado. Segundo o técnico, nestas pasadas semanas Eva deu “un paso de xigante”, algo que se puido comprobar no partido ante o Oviedo: “Foi unha xogadora diferencial”.

O seu futuro semella depender só dela, e “se é constante, se segue traballando e non se cre que conseguiu xa algo, pode chegar a ser unha xogadora de referencia e pode chegar perfectamente ao nivel de Teresa Abelleira”, valora Cabado.

Kevin Cabado: “Eva Dios pode chegar perfectamente ao nivel de Teresa Abelleira“

O B non pensa nas posibilidades de descenso do A

Manu Sánchez tamén confía habitualmente nela, nunha tempada na que calquera reforzo é benvido. O Dépor ABANCA A está a pasar por un momento complicado, sendo colistas da máxima categoría e favoritas ao descenso.

Este panorama non preocupa en exceso ao conxunto de Cabado, xa que como el mesmo indica “cremos que van conseguir a salvación e estamos desde abaixo intentando aportar todo o posible para axudalas”. O filial céntrase no partido a partido e no vestiario branquiazul non se fala nin de ascensos nin descensos.

“Non pensamos na situación do A ou na nosa, que é moi difícil pasar nesta segunda fase, pero non é algo que nos obsesione. Se por desgracia se da o descenso, o que temos que demostrar é que moitas xogadoras do B están preparadas para xogar co primeiro equipo se fose necesario”, aclara. Segundo a estimación de Cabado, entre sete e oito xogadoras do B “poderían formar parte perfectamente do equipo en Primeira División”.

O Dépor ABANCA B / RCD
O Dépor ABANCA B / RCD

O hándicap de adestrar a un filial

Coa dobre motivación de ver ás súas xogadoras trunfar no B e no A, semella que adestrar a un equipo filial trae sempre alegrías, pero tamén ten unha cara oculta.

O feito de contar con baixas practicamente cada semana, aínda que estas sexan benvidas, limita os plans de xogo de Cabado. “Outros rivais da nosa liga que non son filiais, Interrías, Victoria ou Gijón, priorizan cada semana xogar coas 11 que lles poden facer ganar o partido e nós priorizamos a formación das mozas”, explica. Por este motivo, a prioridade para o técnico é sempre a formación “e non na posición”.

O Dépor ABANCA B / RCD
O Dépor ABANCA B / RCD

A clave para pasar de fase está na adaptación

Isto non quita que no Dépor ABANCA B apunten a estar no play-off de ascenso a Reto Iberdrola. Antes diso, será necesario vencer ás rivais do grupo 1B, o asturiano – cántabro.

Tres rivais ata agora case descoñecidos, Gijón, Oviedo e Racing son os retos das herculinas nesta fase. As novas tecnoloxías axudan a seguir de preto a estas contrincantes, e ademais o tempo entre fases permitiu que o equipo de Cabado se preparase a fondo. “Creo que no fútbol actual non hai sorpresas”, declara o técnico.

Analizando aos conxuntos rivais, o técnico considera que Racing e Oviedo comparten sistemas de xogo similares, con futbolistas desequilibrantes nas liñas exteriores. O máis diferencial é o Gijón, cun plantel de xogadoras experimentadas e máis competitivo.

Non obstante, para Kevin Cabado a clave estará na adaptación dos equipos, “a maior diferenza vai ser xogar en casa ou fóra”, explica. Segundo sinala o coruñés, o feito de xogar contra clubs de fóra de Galicia dificulta a preparación dos partidos, xa que o plantel ten que adaptarse a novas rutinas para poder ser regular. Na súa opinión, o melllor posicionado para pasar de fase é o Oviedo, pero calquera cousa pode pasar.

Un formato desfavorecedor

O formato tampouco facilita o traballo dos equipos, xa que a multitude de competidores e a complicación da propia competición fai case imposible cumprir o soño do ascenso.

Cabado subliña que entende que a Real Federación Española de Fútbol “o tivo moi difícil, porque ao non ter descensos había moitísimos equipos, pero o considero inxusto”, recalca.

O adestrador considera que entre os conxuntos de abaixo hai moita diferenza no nivel de competición e o feito de que seis equipos opten a perder a categoría é “unha salvaxada”.

Kevin Cabado: “Podes gañar todos os partidos da segunda fase e non pasar ao play off”

Outro factor polémico son os coeficientes. “O considero inxusto porque o Oviedo trae a vantaxe moi grande do coeficiente e o Gijón o mesmo e podes gañar todos os partidos da segunda fase e non pasar ao play off practicamente. Para min se fixo demasiado deprisa e correndo para salvar o ano. Xogamos moitas xornadas en moi pouco tempo”, engade.

A xuventude do plantel do Dépor ABANCA B non frea o seu progreso

Pase o que pase neste tramo final da tempada, o Dépor ABANCA B cumpriu os seus obxectivos principais: formar parte da fase de ascenso e dar xogadoras de calidade ao equipo A. Por iso, a clasificación non é unha preocupación para as branquiazuis, que teñen un proxecto de longo prazo.

O Dépor ABANCA B no Teresa Herrera / RCD
O Dépor ABANCA B no Teresa Herrera / RCD

Malia a xuventude do seu plantel, o máis novo da liga “con diferenza”, as herculinas están a avanzar a pasos axigantados. A goleada ao Oviedo, o mellor clasificado, da moitvos para ser optimistas e soñar con competir na seguinte categoría.

Kevin Cabado non se aventura a dicir una favorito claro, xa que na súa opinión “o resultado da primeira xornada contra o Oviedo demostra que da igual quen quede primeiro, segundo e terceiro. Creo que os equipos estamos moi igualados e o que sexa máis regular é o que vai a xogar o play off“, baticina.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolKevin CabadoPrimeira Nacional FútbolRC DeportivoRCD
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Pablo Prieto recibe felicitacións dos presentes como novo presidente da RFGF, na imaxe, entre outros, a adestradora Pili Costa / FUTGAL

Pablo Prieto, elixido presidente da RFGF co apoio unánime da asemblea da entidade

por Redacción As Nosas
30/06/2026
0

Pablo Prieto Perille foi aclamado este luns como presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola nova Asamblea Xeral que...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

A Coruña amosa o seu compromiso coa inclusión no torneo de fútbol-genuine ‘A nosa Champions’, que chega este sábado ao campo da Leyma

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Federación Galega de Fútbol na organización da cuarta xornada do torneo de fútbol-genuine 'A nosa Champions',...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.