• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

Fran Alonso será o adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2025-26

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/06/2025
en Liga F, Fútbol
Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado / RCD

31
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas abordados na súa comparecencia ante os medios de comunicación na Cidade Deportiva de Abegondo.

Após repasar nun sinxelo vídeo os fitos de case nove meses de competición, Kevin Cabado subliñou que “foi unha temporada onde seguimos establecendo o proxecto dentro do que queremos, dentro do que marca o noso plan estratéxico. Baséase en dous alicerces: en que o primeiro equipo feminino estea no fútbol profesional e en que sigamos apostando de forma decidida e clara pola canteira”.

Recalcou Kevin Cabado que “a nivel de rendemento conseguimos a permanencia do primeiro equipo en Liga F, que no primeiro ano na categoría tiñamos claro que era un obxectivo, que como demostraron nos equipos que subiron en anos anteriores, difícil. E agora seremos ambiciosos de cara ás próximas temporadas”.

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Os equipos de categorías inferiores tamén foron parte do repaso que o responsable do  Dépor ABANCA facía. “Conseguimos o ascenso do filial, do equipo sub-21, do equipo xuvenil, de todos os equipos que compiten en categoría senior. Con iso, 4 dos nosos primeiros 5 equipos están nas 5 máximas categorías a nivel nacional. Iso converte a estrutura do club nun referente, en algo importante porque salvo en Primera RFEF temos equipos en todas as categorías nacionais senior. E conseguímolo apostando e crendo na canteira nun ano tan complicado que había que gañar todos os partidos porque tiñas que competir cada día”, apuntou Cabado.

Eva Dios, Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Eva Dios, Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

O responsable deportivista apuntaba en rolda de prensa que “sumamos máis de 1.500 minutos de xogadoras de filial no primeiro equipo. Participaron até 7 canteirás en competición oficial. Tiveron minutos de calidade, axudáronnos moito, estamos a darlles paso. Algunhas delas verédelas xa no primeiro equipo a próxima temporada”.

Insistiu Kevin Cabado en que “conseguimos recoñecemento en seleccións. É o ano de que máis situacións tivemos internacionais, até 11, contando as citacións coas absolutas e categorías inferiores”.

Neste sentido, na opinión do responsable do  Dépor ABANCA: “todo isto o conseguimos pola aposta clara e decidido do Club polo fútbol feminino. Vemos as obras na Cidade Deportiva, as melloras que estamos a ter. Somos uns privilexiados, temos espazos exclusivos. A reforma do vestiario coa sala de fisioterapia e sala médica integrada. O comedor onde o equipo almorza todos os días e come practicamente a maioría. Estades a ver a construción do novo ximnasio xunto ao campo artificial, a clara aposta a xogar en ABANCA-RIAZOR. O Dépor está a converterse nun referente. Xunto ao Éibar somos o único equipo que xogou todos os partidos no estadio. E froito de todo iso recollemos moitas cousas: renovación de xogadoras moi importantes”.

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowskiO Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Kevin Cabado: “Todas as xogadoras ás que se lles fixo oferta de renovación seguen”

Segundo declaraba Kevin Cabado : “Todas as xogadoras que o Club lles fixo oferta de renovación seguen aquí, xogadoras que chamaron moito a atención no seu primeiro ano en Liga F. E non é que apostasen por estar aquí 1 ano, é que moitas apostaron por estar aquí moitas temporadas. Esta semana o deportivismo levouse unha alegría en forma de renovación”.

Na rolda de prensa o responsable do Dépor ABANCA tratou outros temas como as futuras incorporacións, as renovacións ou os obxectivos do equipo.

Consultado sobre a renovación de Olaya, Kevin Cabado explicaba: “Contou ela nalgún medio que desde o primeiro día que estivo aquí transmitímoslle que queriamos que estivese connosco moitos anos. É unha xogadora que ten ADN Dépor. Ten talento, paixón, sacrificio, loita. É unha xogadora que gusta moito en ABANCA-RIAZOR. É unha xogadora sobre a que podemos construír un futuro moi ambicioso. É unha xogadora de 20 anos, que para ser o seu primeiro ano na máxima categoría tivo números moi importantes en área rival e sumando moitos minutos”.

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

“Na renovación hai que atribuírlle o mérito a ela porque sempre quixo estar aquí. Foi a que desde o primeiro momento púxonos todas as facilidades, enganchouse ao proxecto desde o primeiro momento”, declarou Cabado aos medios.

“Temos que agradecer a #ANOSAFORZA que estea aquí. Toda a segunda volta escoitamos os cánticos pedindo que quedase e as pancartas en todos os partidos foi diferencial. Iso non pasa en todos os lados. O Dépor vívese doutra maneira. Estamos moi contentos que siga”, explicou Kevin Cabado.

“Tamén lle agradecemos ao Real Madrid porque puxo todas as facilidades. Sobre todo Ana Rosell, a súa Directora Deportiva. Oxalá teñamos a Olaya moitos anos connosco”, engadía Kevin Cabado. “Co Real Madrid non había opción de compra no contrato de cesión. Houbo un acordo de traspaso, pero un traspaso moi baixo, que non debería afectar moito no resto de incorporacións”, puntualizou o responsable do Dépor ABANCA.

Incorporacións no Dépor ABANCA 

“Temos unha base boa. Para moitas era o seu primeiro ano na máxima categoría ou que levaban anos sen competir na máxima categoría. Hai xogadoras que foron crecendo moito ao longo da temporada. Os números da segunda volta diferéncianse moito da primeira. Pasa por reter o talento. Fomos capaces. Era difícil pero elas apostaron. Despois por seguir apostando pola canteira. Temos mozas preparadas para sumar. Todos nos emocionamos vendo a Paula Novo defender esta segunda volta o partido en Valdebebas, parando a xogadoras de nivel internacional. Despois porque acertemos no mercado.

Paula Novo, xogadora do Dépor ABANCA / RCD
Paula Novo, xogadora do Dépor ABANCA / RCD

“Nos 15 partidos da segunda volta sempre houbo mínimo unha canteirá en todos os partidos”, salientou o responsable do Dépor ABANCA.

As Nosas deportivistas continuarán xogando na Coruña. Kevin Cabado salientaba a importancia das seareiras e pedía: “Que #ANOSAFORZA síganos apoiando. A aposta do Club é clave, achegar o fútbol á cidade, estamos en ABANCA-RIAZOR. O partido do Sevilla FC empatouno a xente”.

“Coas xogadoras que temos, coa canteira e coa afección o proxecto vai crecer e imos colocar ao Dépor onde merece estar”, sinalou Kevin Cabado.

Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Con todo haberá posicións para reforzar. “Estaremos ao redor de seis ou oito incorporacións a temporada que vén. Buscamos reforzar aqueles postos que cremos que temos marxe de mellora e que en efectivos nos quedabamos curtos porque non tiñamos proxección no filial”, dixo Cabado.

“Na portería unha incorporación; lateral esquerdo que a única xogadora con perfil puro, Francisca Lara, non continuará; e haberá algunha xogadora de ataque”, detallou.

Obxectivo: avanzar sen descoidar a canteira

Para o responsable do Dépor ABANCA o obxectivo pasa por “seguir coidando eses alicerces. Non descoidar nunca que as xogadoras de abaixo teñan proxección co primeiro equipo porque nos marquemos obxectivos demasiado rápidos. Cada ano ir escalando en Liga F sen querer dar dous pasos antes que dar un”.

A longo prazo, “de cara ao plan estratéxico en 4 ou 5 temporadas ir colocando ao Dépor como un referente a nivel nacional. Ese é un obxectivo máis a medio prazo que para a temporada que vén”, explicou Cabado.

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski
Dépor ABANCA – Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

Consultado sobre o tope salarial explicou que se trata “dunha reforma que era necesaria. Temos que seguir dando pasos. Tampouco imos profundar moito. O Dépor ten que cumprir unha serie de obxectivos, de ítems, para que o primeiro millón non compute no límite salarial do masculino. Non creo que vaia a ser moi relevante porque un dos obxectivos do Club é a sustentabilidade feminina”.

Fran Alonso seguirá como adestrador

O técnico Fran Alonso, que substituía iniciada a tempada a Irene Ferreras, continuará no banco deportivista. “Tiña unha renovación automática por conseguir o obxectivo. Será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2025-26. Estamos encantados co seu traballo. Os números son bos. Máis aló é a súa implicación, o coñecemento do proxecto”, asegurou Kevin Cabado.

Na planificación “traballamos con Fran Alonso da man”, asegurou Cabado. “Estamos todos os días falando, buscando o mellor, ver onde podemos mellorar ao equipo, vendo as necesidades que podamos ter e que o cadro sexa o máis completa posible para adaptarse ao que el quere”.

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski
Dépor ABANCA – Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

Así está a situación de varias xogadoras do Dépor ABANCA

A capitá, Cris Martínez, que anunciaba hai uns meses o seu embarazo que a levou a ter que deixar de xogar un tempo continuará no equipo. “Contamos con Cris. Estará uns meses de baixa pero estamos a desexar que volva xogar. Ela tamén ten esa ilusión. Temos exemplos en  Liga F de xogadoras que tiveron embarazo e volveron ao seu máximo nivel”.

Tamén contan no  Dépor ABANCA con “Paula Novo. Seguiranos axudando con licenza do filial porque o filial dá un salto a Segunda RFEF e cando non dispute minutos axudaranos no B. Non reforzaremos esa posición porque un proxecto de canteira debe deixar sitio ás xogadoras que estean preparadas”.

Está pendente coñcer o futuro da cancerbeira lusa Inês Pereira “A intención do Club sabédela”, dixo Kevin Cabado. “Isto vai de rendemento. O seu foi moi alto. O seu nivel de implicación co Club, a sinerxía que se creou con #ANOSAFORZA foi brutal. É unha operación difícil e non sabemos o que vai pasar”.

Inés, porteira do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Inés, porteira do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Con respecto ás xogadoras cedidas, comentaba Kevin Cabado que as tres tiveron un “o rendemento foi bo. O caso de Olaya e Marina, as máis novas, foi de menos a máis. Demostra a proxección que teñen as dúas. No caso de Marina Artero facemos unha valoración positiva. É verdade que nos gustaría poder contar coa xogadora. Así llo transmitimos tanto ao Athletic como a ela”.

A lesionada Lucía Rivas “está a correr no campo 6 ou 7. Evoluciona moi favorablemente. Contamos que ao comezo da temporada estea a adestrar co grupo. Temos nela as mesmas perspectivas que antes da lesión. No momento que se lesiona renovámola até 2027 con contrato ligado ao primeiro equipo. Outra con ADN Dépor. É eléctrica, pasional, desequilibrante e que nos vai a dar moitas alegrías”.

Dépor ABANCA vs FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Dépor ABANCA vs FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Consultado sobre a situación de Bárbara Latorre, Kevin Cabado explicou que “renova automaticamente por obxectivos”.

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolKevin Cabado
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.