• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Karina Callón e Nasr Bouchaib foron os vencedores da XII San Silvestre Coruña

A participación feminina aumentou ata o 37% | Os corredores de maior idade apuntados eran unha muller de 75 e un home de 81 anos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/01/2022
en Atletismo, Máis Deporte, Uncategorized
Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

508
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • A XII San Silvestre Coruña rendeu homenaxe a Luisa Vázquez, ex xogadora do Medina e presidenta da asociación de pacientes con cancro de mama do Hospital Vall d’ Hebrón de Barcelona, que recibiu unha placa da concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez.
  • A proba tiña un importante protocolo anticovid que esixía aos participantes certificado de vacinación e máscara, ademais de dar a saída en caixóns para manter a distancia e por quendas.

Nasr Bouchaib e Karina Callón son os gañadores da duodécima edición da San Silvestre Coruña. En categoría feminina impúxose Karina Callón, do Club Atletismo Sada, con 26:28, mentres que en terceira posición, con 27:29, entrou a súa compañeira de club Inés Papín, unha clásica desta proba, na que adoita coarse no podio. A prata foi para Carolina Filgueiras, con 27:16 e Irea Alén, do Fogar Tríatlon Carballo, foi cuarta con 28:31.

En categoría masculina Bouchaib, que debutaba na carra, do CD Arzúa, impúxose cun tempo de 21:42, seguido de Alberto Castiñeira, gañador da edición de 2017, que entrou co mesmo tempo a só unhas décimas de diferenza, e de Andrés Prieto, con 22:31. Abdelaziz Fatihi, gañador varios anos, entrou nesta ocasión cuarto.

Saída San Silvestre Coruña / SAN SILVESTRE CORUÑA
Saída por quendas na San Silvestre Coruña 2021 por protocolo anticovid / SAN SILVESTRE CORUÑA

Na categoría por equipos o premio foi para Run&Callos e os premios aos disfraces leváronllos Ferrero Rocher e os Marines Enki, que ían do vello oeste. Na categoría infantil todos os participantes levaron unha medalla pero o equipo con máis participantes, que tiña un premio especial foi o Hogar de Santa Margarita.

Homenaxe á coruñesa Luisa Vázquez xogadora do Medina

A San Silvestre Coruña  rendeu homenaxe a Luisa Vázquez, presidenta da asociación de pacientes con cancro de mama do Hospital Vall d’ Hebrón de Barcelona, que recibiu unha placa de recordo de mans da concelleira de Deportes do Concello da Coruña, Mónica Martínez. Luisa Vázquez é coruñesa, aínda que leva media vida en Barcelona, e sempre practicou deporte, desde os seus tempos do Medina de baloncesto e de balonmán. “Isto convencida de que me recuperei en gran parte grazas ao deporte”, afirma.

Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña, e Luisa Vázquez, homenaxeada na San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA
Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña, e Luisa Vázquez, homenaxeada na San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Despois do primeiro cancro que sufriu tomou conciencia da soidade de moitas mulleres que se enfrontan a esta situación e decidiu fundar a asociación, coa que fomentan o deporte e organizan torneos de pádel cuxa recadación vai íntegra á investigación.

Saídas graduadas por quendas e protocolo anticovid

A San Silvestre Coruña, que esgotou os 4.000 dorsais dispoñibles adiantou a saída ás 16.45 para avectar menos ao tráfico e debido ás saídas graduadas con motivo do protocolo de continxencia elaborado para tratar de evitar a propagación do covid-19.

A proba contaba cun plan específico para previr os contagios de COVID-19, no que se obrigaba a todos os participantes de máis de 12 anos a exhibir o certificado de estar vacinado (ou de pasar a enfermidade no últimos seis meses) ou un test de antígenos ou PCR de 72 a 48 horas ao recoller a bolsa do corredor.

Ambiente da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA
Así foi o ambiente da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Cada participante tiña unha pulseira de cor para cada quenda de saída, co número e a hora de chamada e tiñan que levar a máscara en todo momento, moi especialmente na zona de meta, onde se produce a maior concentración de persoas.

A organización dispoñía de máscaras para quen puidese ter algún contratempo coa súa. As carreiras infantís celebráronse ás 16.00 horas, tal e como estaba previsto, tamén por quendas de participación, con máscaras e seguindo o protocolo sanitario vixente para evitar a transmisión da COVID-19.

Para quen non puideron estar de forma presencial ou para quen queira facer o seu propio reto, a carreira estará dispoñible de forma virtual a partir do martes grazas á aplicación oficial, que se pode descargar para dispositivos Android e Apple, ou na páxina web www.sansilvestrecoruna.com.

Máis do 40% das persoas corredoras veñen de fóra da Coruña

Cada ano son máis os participantes da San Silvestre Coruña que proceden desde fóra da Coruña, o que reforza a capacidade desta proba de funcionar como un atractivo turístico para promocionar a cidade. Se no ano 2019 o 25% dos corredores eran foráneos, en 2021 esta porcentaxe increméntase ata chegar ao 41%.

Outro apartado que tamén crece é a participación feminina. Se en 2019 era do 35%, en 2021 aumenta ata o 37%, cun incremento especialmente rechamante na categoría infantil de 7 a 8 anos. O perfil do corredor da San Silvestre Coruña é o dun home de mediana idade, entre 20 e 50 anos e afeccionado. A máis veterana da carreira era Rosa, con 75 anos, e o decano, Enrique, con 81.

Vertente solidaria da San Silvestre Coruña

Do mesmo xeito que en anos anteriores, a San Silvestre Coruña mantivo nesta duodécima edición o seu carácter solidario, nesta ocasión co apoio a dous proxectos. Por unha banda, recollíanse alimentos para a  Cociña Económica, (con puntos de entrega durante a entrega de dorsais e o mesmo día da carreira), pero tamén se colaborou desde a organización co proxecto Reis Magos de verdade, no que se recollen cartas de nenos e maiores para que quen desexe colaborar poidan converterse en paxes das súas Maxestades de Oriente para levar agasallos e sorrisos a quen máis o necesitan. Quen desexe colaborar poden facelo apuntándose na páxina web www.reyesmagosdeverdad.org.

Ademais, na súa intención de ser unha carreira integradora, a San Silvestre Coruña dispoñía de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o necesitasen.

Etiquetas A Coruñaatletismocarreira popularMónica MartínezSan SilvestreSan Silvestre Coruña
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.