• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O karate infantil español dase cita en Ourense e homenaxea a Carmen Barro

Participarán preto de 700 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil dos que 44 serán deportistas galegas/os pertencentes a 15 clubs da comunidade

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/04/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Selección Galega Infantil de kata no que se homenaxea a Carmen Barro / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Selección Galega Infantil de kata / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

155
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Ourense será a sede do Campionato de España Infantil, competición que se celebrará do 16 ao 18 de abril de 2021 no Pavillón Municipal dos Remedios. A cita homenaxea a Carmen Barro Pita. Participarán case 700 deportistas nas modalidades de kata (técnica) e kumite (combate), pertencentes ás categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.

Será a primeira vez que a Cidade das Burgas acolla unha competición de karate de ámbito nacional, organizada pola Real Federación Española de Karate, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia), o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense, segun informa a Federación Galega de Karate.

Cartaz do Campionato de España Infantil de Karate en Ourense
Cartaz do Campionato de España Infantil co retrato de Carmen Barro

A competición estrutúrase do seguinte xeito:
Venres, 16 de abril (14:00 horas):

  • Kata Alevín e Infantil Masculino.
  • Kumite Alevín e Infantil Masculino.
  • Finais.
  • Entrega de Trofeos.

 

Sábado, 17 de abril (08:30 horas):

  • Kata Xuvenil Masculino e Feminino.
  • Kata Benxamín Masculino e Femenino.
  • Finais e Entrega de Trofeos.
  • Kumite Xuvenil Masculino e Feminino.
  • Finais.
  • Entrega de Trofeos.

Domingo, 18 de abril (08´30 horas):

  • Kata Alevín e Infantil Feminino.
  • Kumite Alevín e Infantil Feminino.
  • Finais.
  • Entrega de Trofeos

A competición celebrarase sen presenza de público, aínda que se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Karate.

O evento servirá ademais para homenaxear no ámbito estatal unha muller do deporte galego que tamén foi importante no karate español: Carmen Barro Pita, quen fora presidenta da Federación Galega de Karate ata o seu falecemento no ano 2020. Entre outros ámbitos, no karate galego e estatal o pasamento de Carmen Barro supuxo un fondo pesar.

Selección Galega Infantil de kumite / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE
Selección Galega Infantil de kumite posa para a competición estatal que homenaxea a Carmen Barro / FED. GALEGA KARATE

A selección galega participante neste evento estará integrada por 44 deportistas pertencentes a 15 clubs das catro provincias galegas. Os representantes ourensáns nesta competición son:

  • Nazan Barreda Fernández, do Club River Stone do Barco de Valdeorras.
  • Fabio Alén Bejarano, do Club Mizukami de Ribadavia.
  • Jacobo Casado Fernández, do Club de Karate de Maceda.
  • Fabio Rodríguez Cidre, do Club de Karate de Maceda.

Quince clubs galegos representados

O resto de integrantes da selección galega pertencen aos seguintes clubs: Club San Francisco Teo (Teo), Escola Superior de Karate de Narón (Narón), Renbukan (Ferrol), Grupo Bazán (Ferrol), Artes Marciais Fene (Fene), Bunkai (Ferrol), Ávalon Kai (Santiago de Compostela), Karate-do Carballo (Carballo), Escola de Karate Akai-Ryu (Negreira), Escola de Karate LN (A Coruña), Escola Deportiva Shihan (Lugo) e Gimsport (Pontevedra).

A presenza galega complétase coa participación como árbitros de José Ignacio Muñoz Pérez, Diego González Llecha, David González Vázquez, Enrique Blanco Gómez e Carla Rodríguez Fernández.

A competición pode seguirse na canle de YouTube da RFEK

Lete Lasa: “Carmen Barro foi e será parte da historia dun deporte tan nobre como ela”

No acto de presentación desta competición estivo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Nas súas verbas, Lete Lasa destacou a importancia do “deporte para toda a vida”, un dos lemas do Plan Galicia Saudable que ten na plataforma DAFIS, unha das súas ferramentas máis importantes, orientada a toma de valoracións da actividade física e da saúde dos nenos para que tanto os seus profesores, como os seus pediatras e os responsables deportivos teñan acceso a estes datos e así establecer programas adecuados que contribúan á mellora da súa saúde.

Presentación do Campionato de España Infantil de Karate en Ourense / XUNTA DE GALICIA
Presentación do Campionato de España Infantil de Karate en Ourense / XUNTA DE GALICIA

Neste sentido tamén destacou como a Xunta de Galicia faise cargo do seguro deportivo escolar e federado para os nenos de entre 6 e 16 anos ou como o estudo do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña do SERGAS revela que a actividade física mellora substancialmente a forma física e a saúde dos nosos nenos e nenas e que os brotes detectados no deporte galego apenas afectan ao 0,2% dos equipos.

Por todo isto valorou a importancia da celebración deste Campionato Infantil en Ourense onde participarán preto de 700 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil (dende os 7 ata os 13 anos) dos que 44 serán deportistas galegos de 15 clubs da comunidade. O campionato terá lugar no Pavillón dos Remedios, unha instalación recentemente renovada pola Xunta de Galicia cun investimento de 2 millóns de euros.

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia: “Barro Pita foi unha muller que dedicou boa parte da súa vida a promover o karate a nivel automómico, desde a presidencia da Federación Galega e a nivel estatal, desde a vicepresidencia da Federación Española. Carmiña foi, é e será parte da historia deste deporte tan nobre como o era ela”

O mandatario galego tivo tamén unhas verbas de lembranza para Carmen Barro Pita, a que fora presidenta da Federación Galega de Karate e tristemente desaparecida en xaneiro de 2020. “Unha muller que dedicou boa parte da súa vida a promover o karate a nivel automómico, desde a presidencia da Federación Galega e a nivel estatal, desde a vicepresidencia da Federación Española. Carmiña foi, é e será parte da historia deste deporte tan nobre como o era ela”, sentenciou Lete Lasa.

Por último, o secretario xeral comprometeu o seu traballo para seguir promovendo o karate para que, entre outros obxectivos, siga sendo olímpico tras os Xogos de Toquio 2020.

Etiquetas Campionato de EspañainfantilkárateKatakumiteourense
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

Belén Toimil proclámase por quinta vez campioa de España de lanzamento de peso / RFEA

Quinto título de campioa de España para Belén Toimil

por Redacción As Nosas
30/06/2024
0

  A superioridade de Belén Toimil no ámbito estatal no lanzamento de peso é notoria. A galega vén de acadar...

Balón volei praia

Arrinca o Circuíto Oira Praia 2024

por Redacción As Nosas
16/04/2024
0

  O próximo 20 (masculino) e 21 (feminino) de abril celebrarase a primeira proba do Circuíto Oira Praia 2024, organizado...

Presentacion do Campionato de España de Karate e para-karate / XUNTA DE GALICIA

O Campionato de España de Karate e Para-Karate de Pontevedra (5-7 abril), antesala da Youth League que volve a Galicia en maio

por Redacción As Nosas
03/04/2024
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do LV Campionato de España de...

Ourense acollerá o Campionato máster. Pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) / SABELA MOSCOSO

Un total de 69 medallas para os máster galegos no campionato de España indoor

por Redacción As Nosas
06/03/2024
0

  A suma das medallas do atletismo galego no Campionato de España Indoor máster ascende a 69. Un total de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.