A adestradora do CDF Osasuna, Kakun Mainz, explicaba na previa do partido co Dépor ABANCA, en declaracións aos medios sociais do club, que que a vitoria que colleitaron a pasada semana dalles folgos. Concretamente explicaba que dalles “un punto de enerxía. As chicas viron que por fin estamos obtendo resultados co traballo que estamos facendo”.
Para Kakun Mainz a visita á Cidade Deportiva de Abegondo nesta campaña 2021-22 da a Liga Reto Iberdrola “É a saída máis dura. O Deportivo non ten concedido nin un punto na casa onde so encaixou dous goles”, advirte. “Sabemos que, se cadra, vai ser o partido máis complicado do ano”, avisa a adestradora.
Con todo, Kakun Mainz non baixa os brazos e sostén que o bloque que adestra “competiu” todos os partidos que disputou nesta tempada na Liga Reto Iberdrola, “sobre todo cos equipos de arriba. Sabemos que vai ser difícil, pero tamén sabemos que somos quen de facer ese tipo de xogo. Sabemos que podemos intentar sacar algo alá. Xa o fixemos aquí na ida empatando no último minuto. Para nós son moi importantes os puntos, precisámolos e imos ir a morte polo partido”
Para a técnica do Osasuna o Dépor ABANCA ten “moi poucas debilidades” polo que avisa de que “o noso partido ten que ser perfecto e agardar errores delas que están cedendo pouquiños. Hai que ter paciencia, aproveitar as ocasións que nos dean e que ter paciencia. Temos que intentar desesperalas”.
FEMENINO | #OsasunaFem visita al líder de la #RetoIberdrola, el @RCDeportivo.
📝 Kakun Mainz cita a 18 jugadoras para el partido que se disputará mañana a las 12:00 horas.
▶️ https://t.co/gu38edX1IK#DeportivoOsasunaFem pic.twitter.com/MraI040rni
— C. A. OSASUNA (@CAOsasuna) February 5, 2022
Na convocatoria de Kakun Mainz para o partido ante o RC Deportivo ABANCA figuran as seguintes xogadoras:
- Porteiras: Silvia e Maitane.
- Defensas: Saioa, Herrero, Josune, Carmen Fresneda y Aitana.
- Centrocampistas: Leyre, Anita, María Blanco, Vanessa, Miriam e Celia.
- Dianteiras: Patri Zugasti, Iara, María González, Lorena e Vilariño.
Miguel Llorente: “Enfrontámonos ao CDF Osasuna sendo mellores, adestrando máis, coñecéndonos mellor”