A internacional arxentina Julieta Mungo non seguirá vestindo a camiseta do BAXI Ferrol. Así o anunciou este martes o club galego, que despide á xogadora tras a súa única tempada en terras ferrolás.
“Moitas grazas pola excelente tempada que compartimos” Un club con excelentes profesionais e aínda mellores persoas! Moita sorte na próxima tempada” Gracias Familia Uni”, declaraba a xogadora no seu perfil de Twitter cando se fixo pública a noticia.
Muchas gracias por la excelente temporada que compartimos! Un club con excelentes profesionales y aun mejores personas! Mucha suerte en la próxima temporada! Gracias Familia Uni 🙌🏻 https://t.co/TxBRbDXhVC
— Julieta (@Julimungo) May 4, 2021
Ao longo do curso 2020/2021, Mungo foi a cuarta máxima taponadora do equipo, con cinco tapóns a favor ao longo da liga regular. Entrou ademais no top 10 de xogadoras con máis minutos do BAXI na liga, cun total de 397 en 23 partidos.

No apartado anotador, foi a sétima mellor tiradora, cunha media de 49,33 puntos por encontro, e a quinta desde a liña de tres, con 31,03 puntos por duelo. Na fase final polo ascenso a arxentina disputou 15 minutos en dous partidos.
16. Lejos de los focos, Julieta Mungo desempeñó ese trabajo invisible que tanto incomoda cuando la tienes como rival.
Capaz de defender bases o pivots, @Julimungo dio un pasito más en su carrera y llenó de positivismo al equipo.#29razones pic.twitter.com/FK70dnFL7g
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) April 18, 2021
Actualmente, a xa ex xogadora do BAXI Ferrol atópase concentrada coa Selección de Arxentina ata o 14 de maio para preparar a Americup.