• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Julia Benedetti: “En Toquio vou tentar facelo o mellor posible e gozar da experiencia”

A skater coruñesa é a última galega clasificada para os Xogos Olímpicos | A deportista, menor de idade, deberá compaxinar a recta final da súa preparación cos exames de fin de curso

Silvia Carregal por Silvia Carregal
30/05/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
A skater Julia Benedetti / SABELA MOSCOSO

A skater Julia Benedetti / SABELA MOSCOSO

161
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Aínda non ten idade para conducir, pero móvese a toda velocidade sobre as catro rodas da súa táboa de skateboard. A coruñesa Julia Benedetti é a última galega polo momento en obter o seu billete para entrar na Villa Olímpica este verán.

Rozando os 17 anos Benedetti acudirá a Toquio disposta a demostrar o seu nivel entre as mellores riders do mundo. Non se plantexa metas máis aló de dar o mellor de si mesma e “gozar da experiencia”.

Competir nuns Xogos Olímpicos é un momento único para calquera deportista, pero se aínda por riba a oportunidade chégate antes incluso de saír do instituto… imaxínense a emoción que ten que supor para que o viva. Nesas anda a patinadora coruñesa Julia Benedetti que hai uns días, en Iowa, conseguía certificar a súa clasificación para representar a España en Toquio 2021 na modalidade de skate park.

A skater Julia Benedetti no Dew Tour de Iowa / CORUNA DEPORTES TW
A skater Julia Benedetti no Dew Tour de Iowa / CORUNA DEPORTES TW

Agora, xa co billete para os XX.OO. no peto, a súa cabeza ten que volver, canda menos varias horas ao día, á realidade dunha adolescente de 16 que enfronta exames finais no instituto coa mesma esixencia que buscou con empeño amosar que era a mellor española e merecía ir a competir á gran festa do deporte. A herculina será unha das deportistas máis novas da expedición española aos Xogos Olímpicos.

Julia Benedetti: “Toca compaxiñar exames e adestramento”

“Conseguín a clasificación a Toquio ao longo de varios campionatos. O último hai ben pouco en Estados Unidos”, explicaba aos medios que lle preguntaban pola súa xesta ao rematar un acto contra a violencia de xénero que organizou a Xunta de Galicia con máis deportistas olímpicos e no que partipou o pasado venres. “Agora vou tentar adestrar ao máximo, aínda que tamén teño o final de curso cos exames, pero compaxinarei tentando adestrar todo o que poida”, avisaba a rider galega.

A skater Julia Benedetti / SABELA MOSCOSO
A skater Julia Benedetti / SABELA MOSCOSO

Cada vez que acude a cun campionato internacional abre os ollos e aprende empapándose de todo o que a rodea. Pero sobre todo, a súa cabeza empeza a bulir pensando en novos trucos que facer sobre a táboa. Preguntada se tomou nota para algunha nova pirueta no Dew Tour en Des Moines (Iowa), a proba na que acadou a praza para Toquio explicaba: “Ao ir a campionatos ves o nivel que teñen outras rapazas, motívaste aprender novos trucos máis difíciles e seguir mellorando”.

Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá / CABREIROÁ
Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá / CABREIROÁ

Tamén aprende e mellora con cada concentración da Selección Española á que lle cita o seleccionador nacional de skate, Alain Goikoetxea. 

Sen dúbida, en terras niponas, agárdanlle momentos irrepetibles na súa traxectoria deportiva e persoal. Polo de agora, non se lle ve nerviosa. Ou a profesión vai por dentro.

Julia fala ante os medios calmada, sen presión e sen marcarse máis aspiracións de cara a Toquio 2021 que ofrecer a súa mellor faciana na pista. “Aspiracións? Non o sei… Eu vou tentar facelo o mellor posible. Vou dar o mellor de min e logo como quede, xa… Vou tentar pasalo ben e gozar da experiencia que é o máis importante”.

Julia Benedetti compite na modalidade de park. Di que por explicalo dun xeito sinxelo “é unha piscina baleira na que fas os teus trucos. Tes uns 45 segundos e fas o que queras. Valórase e velocidade, o estilo, o difíciles que sexan os trucos que fagas, e con iso dante unha puntuación”.

Imaxinan? 45 segundos para demostrar o traballo de catro anos, dise axiña, pero non hai marxe de erro.

Este venres, Julia Benedetti participaba nun acto no que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, presentaron en Pontevedra o acordo de colaboración que permitirá desenvolver Reto Galicia-Toquio con Igualdade.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, presentaron en Pontevedra o acordo de colaboración que permitirá desenvolver Reto Galicia-Toquio con Igualdade / XUNTA
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, presentaron en Pontevedra o acordo de colaboración que permitirá desenvolver Reto Galicia-Toquio con Igualdade / XUNTA

Alí estivo a rider coruñesa, xunto a outros deportistas como triatleta Javier Gómez Noya, ou o parataekwondista Álex Vidal. A través de videoconferencia tomaron parte tamén outras moitas e moitos deportistas con aspiracións a estar nos Xogos Olímpicos deste ano que poderán integrarse na campaña “Reto Galicia – Toquio con Igualdade”. Foi o caso de: Desirée Vila, Susana Rodríguez Gacio, Sara Álvarez, Saleta Fernández, María Bernabéu, Támara Echegoye, Carlos Arévalo, Alberto Seoane, Víctor Castro, entre doutros.

Julia Benedetti, patinadora coruñesa pon un exemplo non moi lonxano sobre desiguladade no deporte: “Hai uns anos no Campionato de España ás rapazas dábannos a metade ca os rapaces por un primeiro posto. Xa non”

Precisamente consultada polos medios de comunicación ao final do acto ao respecto da igualdade no deporte, e máis en concreto no skateboard, Julia Benedetti, lembrou que hai dous anos “no Campionato de España non tiñamos os mesmos premios. Ás rapazas dábannos a metade por un primeiro posto. Agora xa non, está igualado”.

A skater coruñesa do Maroña Indoor e embaixadora da firma de agua galega Cabreiroá, está arestora dentro das 20 mellores do ránking mundial de skate park do World Skate un mérito que lle outorgou o dereito a estar en Toquio ao ser, ademais a mellor española nesta modalidade.

Está pendente aínda o Mundial de Skate Street que terá lugar en Roma e será o preolímpico definitivo para esa modalidade. En Toquio haberá 20 mulleres competindo en skate park e outras tantas en skate street, exactamente o mesmo número que homes. Polo que Julia está entre os 80 elixidos de todo o mundo para competir nos primeiros Xogos nos que o skateboard é modalidade olímpica. So con iso, xa entra na historia. Se ademais acadase medalla ou diploma o seu mérito sería maiúsculo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

A data onde esta moza galega competirá nos Xogos Olímpicos de Toquio 2021 é o mércores 4 de agosto de 2021. Entre as 9:00 e as 13:40 horas se disputará no Parque de Deportes Urbanos de Ariake a competición (salvo cambios) nesta orde:

  • Mangas preliminares femininas de park.
  • Final feminina de park.
  • Ceremonia de la victoria feminina de park.
Etiquetas Julia BenedettiSkateskateboardskateparkSkaterToquio 2021Xogos OlímpicosXX.OO.XXOO
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona os Valores de Deportistas Novos / FUNDACIÓN PRINCESA GIRONA

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores de Deportistas Mozos

por Redacción As Nosas
30/10/2025
0

  A skater galega Julia Benedetti foi elixida como finalista da 1.ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores...

Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen: “Tomei a decisión de poñer punto e final á miña carreira olímpica”

por Redacción As Nosas
20/11/2024
0

  A regatista galega Támara Echegoyen anunciou a través da súa conta en Instagram que tomar a decisión de "poñer...

Rampla de ‘skate’ / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado o Campionato Galego de Rampla de ‘skate’

por Redacción As Nosas
20/09/2024
0

  Esta fin de semana celébrase na Coruña o Campionato Galego de Rampla (Bowl) para skaters federados en Galicia. A...

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa enxalza os resultados dos 46 olímpicos e paralímpicos en parís que continúan a excelente senda de Toquio

por Redacción As Nosas
18/09/2024
0

  José Ramón Lete Lasa destaca dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024 a igualdade nos éxitos (as 11...

Tere Abelleira no once da Selección Española / RFEF

España pasa a cuartos de final dos Xogos Olímpicos con Tere Abelleira no once

por Silvia Carregal
28/07/2024
0

  Un gol de Alexia Putellas mete a España en cuartos de final dos Xogos Olímpicos. A mediocentro galega Tere...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.