O pasado domingo, 15 de novembro, A Coruña foi a sede do judo galego coa celebración do XXII Trofeo Teresa Herrera. Despois de oito meses de parón no judo galego, a Federación Galega organizou esta edición do TH, a primeira competición desde o inicio da pandemia, en colaboración co Concello de A Coruña. Un certame que serviu para clasificar ás judokas que pasan á fase final do Campionato Nacional Absoluto e na que participaron máis de 20 deportistas na categoría feminina.
Entre elas, destacaron as pertencentes ao Judo Baixo Miño. As de A Garda acadaron tres medallas: un ouro en -52 kg, con Verónica Pérez; outro ouro en -57 kg, con Tecla María Cadilla e unha prata na mesma categoría, grazas a Elena Canibano. Seguiuna de cerca a Asociación Deportiva DOM, grazas ás irmás Insua Iglesias. Noelia acadou un ouro no -70 kge Andrea unha prata no -52 kg.
Outro club que sobresaiu no trofeo foi a Asociación deportiva Famu De Frutos. As viguesas lograron un ouro en -63 kg, de Laura Vázquez; e un bronce en -52 kg, acadado por Lía Durán. Os resultados finais da competición poden consultarse na web da Federación.
Famu de Frutos foi ademais o centro que mellor parado saiu na clasificación xeral de clubes, cun total de 9 medallas. Tras el, sitúase o Judo Baixo Miño, con 6 metais, un quinto posto e un sétimo.
No terceiro lugar está o Judo Club Coruña, con dous ouros e tres bronces, ademais dun quinto e un sétimo posto. No cuarto posto, sitúanse a Asociación deportiva DOM e o Judo Club Shiai, ambos cun ouro e cunha prata. A Federación Galega colgou tamén na súa web o ránking final de clubs.
Debido ás restricións sanitarias, o protocolo da competición obrigou a que foran os propios judokas os que entregasen as medallas, aínda que desde a distancia estaba tamén presentes as autoridades. Debido á prohibición da asistencia de público, o trofeo foi retransmitido por streaming na web da Federación Galega de J e D.A.