• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

A Selección Galega Sub-23 feminina foi campioa e o combinado absoluto foi subcampión no Campionato de España de cross

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/01/2023
en Atletismo, Máis Deporte
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

161
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Nada menos que unha medalla de ouro oficial na clasificación individual e ademais na categoría absoluta feminina, a e Joselyn Brea, así como unha prata e un ouro na clasificación por equipos, foi o balance que deixa a participación da Selección Galega de campo a a través no Campionato de España disputado na localidade biscaina de Ortuella.

🥇🥇Joselyn Brea NO MÁIS ALTO DO PODIO deste campionato que a proclama como CAMPIOA DE ESPAÑA ABSOLUTA DE CAMPO A TRAVÉS !!
¡¡¡¡Sensacional!!!https://t.co/PAAm5O61Ae pic.twitter.com/vTt1rdHZdq

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

Con todo elo, é xusto recoñecer as medallas oficiosas logradas polo galego El Nabaoui (primeiro clasificado) e de Xela Martínez (segunda clasificada) que por motivos diversos non computan de maneira oficial. No caso la atleta lucense esta participación ábrelle ás portas á participación no Mundial de Bathurst coa Selección Española.

Con estos resultados producidos, desde a Federación Galega asegúrase que “o atletismo galego viviu un dos seus máis importantes campionatos de España de campo a través dos últimos lustros da man de toda unha nova xeración de talentosos e importantísimos atletas, que están chamados a ser os auténticos referentes do noso deporte nun futuro inmediato”.

O ouro de Joselyn Brea

Na carreira absoluta feminina, ausentes o ouro e o bronce de hai un ano, Carla Gallardo e Branca Fernández, as atletas afrontaron o duro percorrido de cinco voltas, de 9.500 metros. O grupo de cabeza estirouse moi pronto, coa toledana Irene Sánchez-Escribano e a vasca – marroquí Majida Maayouf, que actuaba fóra de concurso, como puntas de lanza.

Atentas tamén á participación de atletas coma Naima Ait Alibou, Carolina Robles, Cristina Ruiz, Isabel Barreiro, Laura Luengo, Joselyn Brea, Irene Pelayo…

No arranque da carreria Maayouf colleu uns metros de vantaxe, con Sánchez-Escribano detrás e tras a toledana un grupo compacto coas atletas citadas. De contado, hispano-venezolana con licencia da Federación Galega de Atletismo, Joselyn Brea foise á caza de Sánchez-Escribano e superouna, coa cántabra Irene Pelayo tras ela, con Ruiz, Robles e Luengo por detrás.

Maayouf seguía eufórica e firme na cabeza, con Joselyn Brea segunda, aburada por Cristina Ruiz, que distanciou a Sánchez-Escribano e mais de Irene Pelayo.

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través / RFEA
Joselyn Brea proclamouse campioa de España absoluta de campo a través / RFEA

Joselyn Brea puido manter a segunda praza por diante e Cristina Ruiz, para proclamarse, finalmente, campioa de España por primeira vez na súa vida (lembremos que Majida Maayouf actuaba fóra de concurso outorgándoselle así a Joselyn Brea o ouro). A burgalesa Cristina Ruiz entrou ao final terceira e dese xeito repetiu a medalla de prata de 2022. Irene Sánchez-Escribano adxudicouse finalmente a medalla de bronce, a súa quinta medalla absoluta nun campionato estatal de cros.

Joselyn Brea: “Foi a carreira máis dura da miña vida”

Logo da carreira Joselyn Brea apuntaba na súa conta en Instagram que esa cita deportiva foi “o cross e a carreira máis dura na que teño competido na miña vida, no triatlón fixen competencias de 4 horas e media pero nin iso é comparable ao forte que tiven qeu ser mentalmente para non esvaecer entre tanto barro”, explicaba a atleta.

Na súa narración en primeira persoa da carreira, Joselyn Brea di: “Sentía folgos pero non sabía como correr. Agarreime a todo o que puiden. Íanseme as pernas, tiven medo e ao pouco de saír díxenmen “que fago aquí?”. Con todo, a medida que foron pasando as voltas as cousas mudaron e aos poucos funme queando soa ata que cheguei á meta. Todo un reto pero a lama non puido comigo”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Joselyn Brea Abreu (@joselynbrea12)

Tanto Ruiz como Sánchez-Escribano gañáronse o dereito para defender a España no Mundial de cros de Bathurst. Tras elas entraron a estremeña Laura Luengo, cuarta no campionato, e a incombustible cántabra Irene Pelayo, quinta no nacional. Despois finalizaron Carolina Robles e Rosalía Tárraga.

Ouro para Galicia da man das atletas Sub-23

Sobre un circuíto ao máis puro estilo do campo a través clásico, e cunha lama que por momentos chegaba prácticamente ata os xeonllos, daba comezo este campionato de España de Seleccións autonómicas ca saída da primeira das carreiras reservada para a categoría Sub-20.

Nesta proba, e sobre unha distancia total de 7.620 metros, o combinado de Galicia lograba un destacado posto de finalista por seleccións logo de sumar un total de 149 puntos. O mellor galego foi o atleta Iván Rego quen lograba entrar no posto 34º. Xunto ao lucense entraban Victor Ramos (36º); Mateo Rodríguez (40º); Gabriel Losada (45º);  Héctor Rodríguez (53º) e Mario Rodríguez (56º).

Cun ambente na Selección Galega de ánimo e motivación, tomaban a saída na seguinte carreira o equipo galego Sub-23 feminino. Como se dun guión se tratara, as nosas atletas interpretaron as mil marabillas tanto o circuíto como a súa dosificación ao logo dos 9.500 metros da carreira na que tanto María Cedrón (7ª), Antía Castro (10ª) como Sara López (12ª) lideraron a un grupo que ademáis colocaba ao resto de integrantes nos postos importantes da xeral como Branca Fernández (28ª) e Lucía Varela (33ª).

🔝🔝🔝Así de orguiosas e contentas lucen as CAMPIOAS DE ESPAÑA SUB23 a súa bandeira e as súas medallas!!!!#orguiodeseleccion pic.twitter.com/QV9vIJFKgK

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

Con esta regularidade as contas non paraban de sucederse por parte dos responsables técnicos da Federación Galega de Atletismo que tiveron que agardar á suma de todos os puntos para poder celebrar o título de campioas de España por Seleccións Autonómicas nun axustadísimo final que daba á nosa Comunidade o título por diante das castelán leonesas por tan só un punto de diferencia.

💥💥💥💥💥Así remataban as nosas guerreiras logo de lograr un fantástico TÍTULO DE CAMPIOAS DE ESPAÑAAAAAAAAAAA SUB23!!!!!!
🥇🥇🥇🥇🏆🏆🏆🏆🏆🥇🥇🥇🥇🥇 pic.twitter.com/gAT6qsyRGd

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

Co subidón do título logrado polo equipo feminino Sub-23, daba comezo ás 11.20 horas a proba masculina desa mesma categoría, a Sub-23, onde todas as miradas recaían no galego El Mhedi El Nabaoui. Novamente o da Estrada, fixo valer a súa gran calidade sobre cada un dos 9.500 metros da proba domiñando con talento, intelixencia e capacidade unha carreira que o confirman como unha das nosas grandes estrelas.

Pese a cruzar a meta en primeiro lugar El Mhedi El Nabaoui non pode ser considerado campión por non contar aínda coa nacionalidade española. Desde a Federación Galega de Atletismo manifestaban que agarda “dunha vez por todas que a burocracia, tan rápida para uns e tan inxustamente lenta para outros, fagan realidade a nacionalización e poidamos ver por fin el Mhedi no máis alto dun podio”.

Precisamente por equipos a Selección Galega lograba un destacado décimo posto con Yago Ignacio García (51º) ; Pedro Liste (59º); Hugo García (51º); Hugo Suárez (77º) e Alex Goberna (80º).

1️⃣4️⃣ posto para a #seleccióngalegadeatletismo absoluta masculina
💪34º Esteban García
💪54º Xabier García
💪73º Manuel Lorenzo
💪77º Rubén Diz
💪79º Nicolás Arrojo
💪89º Daniel Pérezhttps://t.co/niNIAYjmw0
¡¡¡Parabéns rapaces!!! pic.twitter.com/BpkzayrATe

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

Sétimo posto para a Selección Galega de remudas mixtas

Unha das novidades deste campionato era a inclusión da carreira de remudas mixtas na que tamén tomaba parte a Selección Galega de cross logrando neste debut un excelente sétimo posto da clasificación xeral. O equipo formado por Zoe Michelle Cardín, Pablo Bocelo, Eva Piñel e Adrián Lago remataban a súa proba cun crono de 27:47 que lles permitía lograr un posto de finalista nunha modalidade gañada pola selección catalana.

Pasado xa o medio dia e cun circuíto se cabe máis enlamado e difícil de transitar, tomaban a saída as integrantes galegas do combinado absoluto feminino. A priori a presenza dun importante elenco de atletas internacionais nesta proba facía moi difícil calquer tipo de previsión sobre calquer resultado.

Máis con todo elo, novamente a calidade no colectivo e no individual volveron facer posible un excelente resultado para os intereses galegos xa que unha colosal Joselyn Brea dominaba técnica e tacticamente a proba que a facían proclamarse campioa de España absoluta quitando máis de vinte segundos á segunda clasificada.

Con este importantísimo título, a galega Joselyn Brea xunta o seu nome ás lexendarias do noso cross feminino, tales como: Estela Estévez, Julia Vaquero e María Abel, quen lograba precisamente o último título para Galicia nesta categoría fai xustamente vinte anos.

A Selección Galega, subcampioa absoluta de campo a través

Si esto acontecía no individual, o resto de integrantes da Selección Galega absoluta completaban unha carreira moi dura e complicada de maneira maxistral rematando nuns importantímos postos Edymar Brea (10ª); Laura Santos (13ª); Ester Navarrete (55ª); Begoña Domínguez (70ª) e Sofía Fernández (72ª) que daban a Galicia o subcampionato por comunidades por detrás de Castilla – León e por diante de Madrid.

💥💥💥💥SUBCAMPIOAS DE ESPAÑAAAAAAAAAAAA!!!!!!!💥💥💥💥
Novo podio para o atletismo galego co SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA da nosa #selecciongalegadeatletismo absoluta feminina no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS!!!!!!https://t.co/PAAm5O61Ae pic.twitter.com/PelW4ZoByt

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

A euforía e alegría a estas horas era notoria e palpable por parte de todos os integrantes da seleccción que malia elo ainda lles quedaba unha última celebración.

O outro prato forte da xornada era a carreira absoluta masculina onde a Selección Galega de campo a través pelexou e fixo todo canto puido por lograr os mellores postos posibles sobre un auténtico pantanal a estas alturas do campionato. Por equipos os galegos lograron o décimo cuarto posto dunha proba na que o mellor clasificado foi o campión galego Esteban Iglesia no 34º. Xunto ao lucense entraron en meta Xabier Rodríguez (54º); Manuel Lorenzo (73º); Rubén Diz (77º); Nicolás Arrojo (79º) e Daniel Pérez (89º).

💥💥🥈A nosa #selecciongalegadeatletismo absoluta feminina recibindo o seu trofeo que as acredita como SUBCAMPIOAS DE ESPAÑA ABSOLUTAS POR SELECCIÓNS
¡¡¡Fantástico!!!https://t.co/PAAm5O61Ae pic.twitter.com/DJu86t9yhr

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

Xela Martínez acada o seu billete para o Mundial

Como punto e final quedaba a proba da categoría Sub-20 feminina á que tamén acudían a tomar parte fora de concurso atletas da categoría Sub-18 na procura dun posto na Selección Española para o mundial de campo a través do vindeiro 18 de febreiro en Australia. Nesta situación atopábase Xela Martínez quen no desaprobeitaría a oportunidade ao lograr a segunda posición da carreira e o seu billete mundialista.

Por último á Selección Galega Sub-20, e para acabar de redondear un extraordinario campionato, asinaba otra non menos destacada sexta posición da clasificación xeral con Isabel Caeiro e Ainoa Gontán como mellores galegas nos postos décimo quinto e  décimo sétimo respectivamente. Xunto elas tamén entraban Carla Díaz (39ª); Lía Fernández (48ª); Carolina Santos (60ª) e Alejandra Formoso (71ª).

6️⃣ Excelente posición para a #seleccióngalegadeatletismo Sub20 femenina
💪15ª Isabel Caeiro
💪17ª Ainoa Gontán
💪39ª Carla Díaz
💪48ª Lia Fernández
💪60ª Carolina Santos
💪71ª Alejandra Formosohttps://t.co/Sd0LlDH3UP
Parabéns equipo!!! pic.twitter.com/JKyiWrDph3

— Atletismo Galego (@atletismogalego) January 29, 2023

O circuíto de Ortuella debutante no Campionato de España de campo a través

Neste 2023, Ortuella, localidade próxima a Bilbao, foi escenario do 105º Campionato de España de campo a través Individual e por Federacións. Ortuella acolleu por primeira vez o campionato, que regresou a Biscaia despois de 30 anos e que xa se disputou en terras biscaíñas en 1920 (Bilbao), 1945 (Galdakao), 1961 e 1969 (Getxo) e 1993 (Amorebieta).

A mañá amenceu fría, aínda que non en exceso, cuberta de nubes pero sen choiva. O Circuíto das Balsas, traxecto único de 1.880 metros de lonxitude, como se comprobou na véspera, estaba moi brando, embarrado en moitos lugares e ata moi encharcado noutros, con dúas balsas (a de arriba e a de abaixo) que había que atravesar. Afrontárono 648 atletas (307 mulleres e 341 homes), pertencentes ás 17 federacións autonómicas.

Loitaron en todo momento contra estas adversidades, contra o chan moi brando, o barro en moitos tramos e a auga noutros, cunha gran costa na que había apertar os dentes; contemplamos non poucos resbalones, caídas e perdas de zapatillas. O terreo foi empeorando segundo pasaban as carreiras, convertendo para moitos o circuíto nun auténtico inferno, nun paradigma do cros máis clásico e duro do norte de España.

  • RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS 2023
Etiquetas Antía CastroatletismoBegoña DomínguezBranca FernándezEdymar BreaEster NavarreteJoselyn BreaLaura SantosLucía VarelaMaría CedrónSofía FernándezXela Martínez
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Dúas atletas galegas formarán parte da Selección Española no vindeiro Campionato de Europa de Trail e Mountain Running, que se...

Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Galicia foi primeira no medalleiro grazas as cinco medallas obtidas polos atletas da nosa comunidade. Acadáronse en total 5...

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.