• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

José Valle: “Tendo conseguido o obxectivo, non temos moito máis que pedir”

O adestrador do Emevé fai balance dunha tempada na que as loitadoras ascenderon á Superliga 1 e conseguiron manter a praza

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
23/03/2021
en Liga Iberdrola Volei, Voleibol
José Valle, adestrador do Emevé / EMEVÉ

José Valle, adestrador do Emevé / EMEVÉ

358
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • “Estamos intentando renovar á gran maioría de xogadoras”

  • “Levamos o nome de Lugo a todos os rincóns do país”

  • “O club é especial, non hai unha gran diferenciación entre directiva e corpo técnico, estamos todos moi unidos”

A obxectivo por tempada, o CV Arenal Emevé faise forte no voleibol español. Primeiro foi o ascenso á máxima categoría, e esta tempada o club lucense ten conseguida a permanencia na Liga Iberdrola.

A salvación chegou antes de disputar a última xornada, cando as contas xa indicaban que Lugo é de Superliga 1 e cun Emevé que en calquera escenario dependía só de si mesmo. Cun grupo xove, pero traballador, o adestrador das loitadoras, José Valle, fai balance dun curso complicado, no que se conseguiu a salvación.

– As Nosas: Que valoración xeral fas desta tempada?

José Valle: O obxectivo que nos marcaramos, que era a permanencia, logrouse e contando con iso non podemos pedir moito máis. Era un ano complexo, primeiro porque acababamos de ascender, segundo polo equipo tan xoven que temos, e condicionado pola pandemia, que era unha incógnita como poderíamos adestrar e como se ía desenvolver a Liga. A verdade é que valorando todo isto e tendo conseguido o obxectivo, non temos moito máis que pedir.

AN: Tivestedes a sorte de evitar calquera caso de COVID, pero hai outras consecuencias da pandemia inevitables, como afectou semana a semana?

José Valle: Nós tivemos sorte neste aspecto, só tivemos un partido aprazado, xusto antes do parón de Nadal e tívose que xogar á volta. Si nos condicionou no sentido de que tiñamos rivais directos que tiñan aprazados partidos, entón non sabiamos moi ben o que ían conseguir as rivais. Neste caso, os paróns non afectaron no sentido de ter resultados estraños debido a ese parón, entón non nos podemos queixar.

AN: Xornada a xornada, algunha xogadora do Emevé foi quen de entrar no sete ideal. Que xogadoras destacarías neste curso?

José Valle: A min persoalmente non me gusta destacar a ninguén, porque é un deporte en equipo. Creo que todas as xogadoras tiveron unha evolución este ano. Poderíamos destacar a Lucía Prol, que leva anos evolucionando e o que conseguiu este ano é esa madurez que non é froito de adestrar, senón dos anos. Notóuselle un cambio moi grande e conseguiu estabilidade e xogar toda a Liga a un nivel moi alto.

Lucía Prol, do Emevé, MVP da xornada / RFEVB
Lucía Prol, do Emevé, MVP da 15ª xornada / RFEVB

AN: En varias ocasións algunhas xuvenís entraron nas convocatorias do primeiro equipo. Como é a relación do Emevé coa base?

JV: Estas xuvenís saíran da concentración permanente. A excepción de Ainara, que estaba aquí en Lugo, as outras pasaran por Soria. No noso caso non é demasiado complexo, porque as senior tamén son moi novas; a diferenza de idade pode ser de dous ou tres anos.

O tema está na xestión do erro e que nunha liga na que buscas rendemento, os erros penalizan moito. Cos anos é como se consigue eliminalos, porque necesitas madurez mental, e iso non o consegues só nunha tempada. Tampouco depende da idade que teñan, hai xogadoras que tardan máis e outras que tardan menos.

AN: Cales dirías que foron os puntos positivos e os negativos que deixou ver o plantel nos encontros?

JV: O positivo é que desde o principio estabamos moi mentalizadas no obxectivo que nos marcaramos. O equipo pouco a pouco se foi estabilizando e conseguimos ir minimizando eses erros. Froito diso foi que foramos capaces de gañar a rivais directos e incluso a rivais que a priori estaban moi por riba do noso nivel.

José Valle: “A actitude foi inmellorable ao longo do ano”

No aspecto negativo, a verdade é que agora mesmo, case non se me ocorre ningún. Contas con que un equipo tan xove vaia ter problemas e cometer erros e se equivoque pola falta de constancia. Non por un problema de actitude. Esta foi inmellorable ao longo do ano.

AN: Cales cres que son os postos que máis precisa mellorar o Emevé cara a seguinte tempada?

JV: Todo dependería das xogadoras que sigan. Se as nosas tres receptoras deste ano continúan no equipo, o posto estaría cuberto. Estaría ben incorporar a unha líbero con experiencia en Superliga 1, porque agora mesmo a que temos, que é Lidia, é unha xogadora moi xoven.

Despois está a colocadora, que estaría ben que puideramos incorporar a unha colocadora máis veterana. Logo están as centrais, que as que tivemos este ano, tanto Inma como Carla, fixeron unha gran tempada, incluso a final de tempada Carla cedeulle o posto a Inés Rivas, que o fixo francamente ben no tramo final. E as centrais é un posto clave de cara ao equilibrio do equipo en bloqueo e defensa.

CV Arenal Emevé / Lidia Figueira IG
CV Arenal Emevé / Lidia Figueira IG

Por último, estaría a oposta. Sara, que segue evolucionando, pero aínda lle falta un pouco de nivel para asumir toda a responsabilidade de anotación que lle corresponde a ese posto.

Sobre todo o que queremos é darlle continuidade ás xogadoras que estiveron este ano. Se mantés un pouco a columna vertebral do equipo, calquera xogadora que chegue vai ser fácil que se introduza na dinámica e que o equipo consiga xogar pronto ao que nós queremos.

Yael Castiglione formará parte do Emevé na tempada 21/22

AN: No banco poderemos seguir vendo ao adestrador un ano máis?

JV: Si, eu en principio vou continuar outro ano. Por parte da directiva do club queren que continúe un ano máis, queremos todos. O club nese sentido é especial, non hai unha gran diferenciación entre directiva e corpo técnico, estamos todos moi unidos.

José Valle: “Non hai unha gran diferenciación entre directiva e corpo técnico, estamos todos moi unidos”

Tamén a intención é non desatender as categorías inferiores, non só na formación de xogadoras, senón tamén na formación de adestradores. Temos técnicos en infantil, alevín, xuveniles, e creo que teñen que ir mirando á posibilidade de ascender no equipo.

AN: Poderíase dicir que a túa continuidade vai ano a ano

JV: Si, eu estou ligado á cidade, son de aquí, de Lugo e traballo aquí. Nos meus plans non está moverme. Sempre axudarei ao club. Estea no primeiro equipo, ou noutro, intentarei axudar onde consideren que podo axudar, adestraría ao xuvenil, ao infantil, ao que fixese falta, ou axudaría noutra cousa.

José Valle: “Nos meus plans non está moverme. Sempre axudarei ao club”

José Valle seguirá na tempada 20/21 á fronte do Emevé

AN: Como se definiría José Valle a si mesmo como adestrador?

JV: É unha pregunta moi complexa. Creo que me definiría como unha persoa moi constante. Desde que nos marcamos un obxectivo, este ano foi a permanencia, o ano anterior foi o ascenso, creo que teño esa capacidade para non desistir ata que está conseguido. Ás veces pode ser que non se canalice da forma adecuada, pero destacaría que son moi constante.

José Valle e as xogadoras do Arenal Emevé / SABELA MOSCOSO
José Valle e as xogadoras do Arenal Emevé / SABELA MOSCOSO

AN: Imos a obxectivo por tempada, primeiro o ascenso, logo a permanencia, cal é o obxectivo para o próximo curso?

JV: En función do plantel que podamos conformar, plantexaremos o obxectivo. A idea é poder manternos, e se somos capaces de conseguir un bo nivel de xogo, quizais mirar da parte media para arriba.

José Valle: “Sería un logro espectacular entrar na fase previa de Copa ou na fase previa dos play off”

Se a programación de tempada sae como en principio marca sobre o papel e rindes nos partidos que deberías, poderías conseguir metas maiores. Sería un logro espectacular entrar na fase previa de Copa ou na fase previa dos play-off. Pero iso vai depender do plantel que sexamos capaces de conformar e do que sexamos capaces de rendir.

José Valle: “Que a liga sexa profesional, non depende de nós”

AN: No voleibol, e no feminino, aínda queda camiño para ser un deporte profesionalizado. Que aspectos cres que se poderían mellorar nesta liña?

JV: Nós o que intentamos é incorporar a xogadoras mozas, e estamos tratando de que cando veñan aquí, estuden. É a forma que temos de traballar. Que a Liga sexa profesional non depende de nós, quen ten que conseguir iso, a parte dos clubs, é a Federación, o Consello Superior de Deportes e demais. É un deporte que non ten excesivo apoio e nós o que intentamos é que todas estas xogadoras poidan formarse aquí e que sigan desenvolvendo a súa actividade deportiva. O importante é que cando rematen poidan continuar a súa actividade profesional, a que elixiran. No volei, non só a nivel español, senón mundial, hai poucas ligas nas que as xogadoras poidan vivir disto.

AN: Dentro da estrutura do club, que figuras faltan e consideras que son necesarias?

José Valle: A intención é contar cun nutricionista. É algo que tratamos de incorporar xa este ano, porque vemos que é moi importante o tema da alimentación. Moitas xogadoras que veñen de fóra, que están nos pisos do club, ao mellor saíron por primeira vez de casa e son elas as que se teñen que facer a comida, pois que teñan unha alimentación correcta. Que é tan importante como os adestramentos para ter unha boa recuperación e para optimizar ben ese adestramento.

José Valle: “Queremos que as xogadoras teñan unha alimentación correcta, que é tan importante como os adestramentos”

AN: Sodes o único equipo galego feminino na máxima categoría, e o único club español con dous equipos na primeira división, que relevancia ten isto para o deporte feminino galego e para a cidade de Lugo?

José Valle: Nós levamos o nome de Lugo a todos os rincóns do país. A nivel galego si hai outro equipo en categoría masculina, pero no feminino nestes momentos hai unha brecha respecto ao resto de cidades de Galicia. Non hai ningún equipo que poida estar en Superliga 1, e agora está o Zalaeta en A Coruña, que está intentando non descender de categoría. Creo que o van conseguir e que é moi importante, non só para elas, senón a nivel galego. Nesa zona hai moitísima xente que xoga ao volei e sería moi importante que estiveran aí, de referencia.

Creo que a nivel galego, para os demais clubs somos moi respetados, ao igual que nós respetamos ao resto, da igual a categoría. Todos son igual de importantes, porque a todos nos une que tratamos de desenvolver o voleibol. Non podemos máis que respetarnos entre todos.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de cvemevelugo (@cvemevelugo)

Etiquetas CV Arenal EmevéCV EmevéEmevéJosé ValleLiga Iberdrola VoleibolLugovoleiVoleibol
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.