• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

José Ignacio Prades renova polo Mecalia Atlético Guardés e sinala como claves do acordo: “A familia, o trato, as condicións e o proxecto”

O técnico cumplirá así un lustro á fronte do banco deste conxunto galego | O equipo viaxa a Canarias para xogar co Rocasa Gran Canaria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/02/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
José Ignaio Prades, adestrador Mecaliqa At. Guardés e José Manuel Silva Vicente/ AT. GUARDÉS

José Ignaio Prades, adestrador Mecaliqa At. Guardés e José Manuel Silva Vicente / AT. GUARDÉS

70
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O técnico José Ignacio Prades será o adestrador do Mecalia Atlético Guardés unha tempada máis, sumando así a quinta consecutiva. O acordo materializouse nas últimas horas e foi posible grazas a unha serie de condicións que o mesmo técnico petrerí debulla: “Un dos factores principais é que a miña familia está moi aclimatada á Guarda e moi ben aquí, ademais únense as boas condicións de traballo que temos e o proxecto deportivo sempre ambicioso”, enumera.

Tras a confirmación da súa continuidade, o adestrador, que celebrará un lustro á fronte do banco guardés, só ten boas palabras para a entidade do Baixo Miño: “Quero agradecer a confianza do club”, recoñece. Neste tempo, xa se viviu baixo a batuta de Prades unha Liga, unha disputa dunha Supercopa ou o fito de alcanzar a terceira rolda da EHF Cup.

A golpe de febreiro e co equipo inmerso entre a Liga Guerreiras Iberdrola e a eliminatoria dos cuartos de final da Challenge Cup, a dirección técnica do club xa traballa en “darlle continuidade ao grupo”, adianta Prades. Un persoal que sufriu unha clara transformación o pasado verán e que ha ir crecendo co paso dos partidos: “Despois do cambio drástico do verán pasado temos que traballar para manter o grupo, xa que está a mostrar boas sensacións e confirmando que ten percorrido”, sinala co obxectivo de sentar as bases do Guardés 2020-2021 canto antes.

Prades está xa pensando xa na campaña 2020-21

O técnico desvela que xa se están mantendo contactos co actual persoal e detectando “onde teremos que reforzarnos”. Prades celebra “a predisposición por parte de todas as xogadoras para seguir no equipo” aínda que non perde de vista o mercado para “cubrir as posicións nas que teñamos baixas, como a xa sabida de Carmen Campos”, apunta. Destas conversacións espérase que haxa novidades pronto e poder manter o groso dun grupo “que ten algo especial”, destaca.

Así, entre presente e futuro vai transcorrendo o día a día no vestiario do Mecalia Atlético Guardés. Sobre a actualidade tamén se pronunciou Prades: “Non podemos botar a vista moi cara a adiante xa que na liga Guerreiras Iberdrola é moi difícil avanzar ao estar todo tan igualado”, lembra, á vez que desexa que o equipo continúe até o fin da tempada “con opcións de meternos en Europa”.

Doutra banda, Prades móstrase cauto e convida a esperar “a ver que depara o sorteo da Copa da Raíña e como se nos dá a eliminatoria de cuartos da Challenge Cup“, que este fin de semana arrincará co partido de ida en Valladolid (12 h, Huerta do Rei).

A Canarias, antes de Europa e a Challenge Cup

O Guardés seguirá esta semana e a próxima un calendario similar: xornada da Liga Guerreiras Iberdrola a golpe de mércores e compromiso dominical coa Challenge Cup. Para empezar, o persoal sairá ás 6 am desde A Guarda en autobús cara ao aeroporto do Porto para, vía Lisboa, chegar ás Illas Canarias. Pola tarde espera duelo na xornada 15 da Liga Guerreiras Iberdrola co Rocasa Gran Canaria de Carlos Herrera (20:00 h insular, Pavillón. Antonio Moreno).

O persoal ao completo estará dispoñible para medirse a un conxunto insular que non vive a súa mellor tempada ao acumular lesións e encadear resultados negativos. Tal é así que o vixente campión de Liga, Supercopa e Challenge Cup é actualmente sétimo con 13 puntos -o Guardés é cuarto con 19- e desde a novena xornada tan só sumou un punto no empate contra o BM Salud Tenerife. As canarias sufriron en mans de Bera Bera, Elche, Granollers, Aula ou Málaga e viron como aos poucos se ían esfumando as súas opcións de repetir título ligueiro.

A pesar dos números, e de que o Guardés xa venceu ao Rocasa na primeira volta (25-18), Prades advirte: “Están a atravesar unha mala serie, pero as malas series acábanse”, alerta o técnico. Ademais apunta que a incorporación da internacional brasileira Jaqueline Anastacio “deulles moito” e que ten “xogadoras moi desequilibrantes que poden marcar as diferenzas”. No persoal conta coa gardameta Silvia Navarro, o pivote ex do Guardés Haridian Rodríguez, a central María González ou a lateral Lissandra Lussón. As internacionais Sayna Mbengue e Paula Valdivia atópanse lesionadas.

Pola súa banda, o adestrador do Rocasa, Carlos Herrera, manifestou que “o partido co Guardés é moi importante para nós. Considero que vai ser unha boa pedra de toque para comprobar se efectivamente estamos a dar pasos cara a adiante como viñemos facendo nos últimos partidos, aínda que o resultado non fose o que quixésemos”.

O técnico lamentou ademais o pouco tempo de preparación do choque de mañá polo contratempo da calima no seu regreso desde Málaga, onde xogaron o sábado: “O partido non o poderemos preparar demasiado ben por culpa do atraso na viaxe de volta desde Málaga, pola incidencia da calima nos voos de regreso á illa, o que só nos deixará un día para preparar o partido”, apunta.

O partido co Rocasa Gran Canaria e o Mecalia Atlético Guardés terá lugar hoxe mércores 26 de febreiro de 2020 ás 20:00 hora insular no Pavillón Antonio Moreno. É un cruce correspondente á xornada 15 da Liga Guerreiras Iberdrola e que será arbitrado por Fernanda Espino e Víctor Navarro. Poderá verse a través de streaming na canle de YouTubo do equipo grancanario:

 

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánMecalia Atlético GuardésPrades
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.