• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte

Jos Portos: “O fundamental é traballar con humildade, pero non lle imos perder a cara a ningún partido”

O Muralla Galicia Emerging inicia a competición na División de Honor B de Rugby coa meta de manterse e formar xogadoras galegas que poidan dar o salto á máxima categoría

Silvia Carregal por Silvia Carregal
17/01/2020
en Máis Deporte, Rugby
Jos Porto e Rogelio Sabio adestran ao Muralla Galicia Emerging / MURALLA RC

Jos Porto e Rogelio Sabio adestran ao Muralla Galicia Emerging / MURALLA RC

120
COMPARTIDOS
322
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Esta fin de semana dará comezo a División de Honor B Feminina de Rugby, unha categoría estatal que estrea configuración en forma de liga a unha volta e na que haberá presenza galega. O Muralla Galicia Emerging vai debutar nesta competición que constitúe o segundo escalafón do rugby femenino español. Jos Portos e Rogelio Sabio, do staff técnico da Federación Galega de Rugby (FGR), conforman o tándem técnico que adestrará ao Muralla. Falamos co primeiro deles.

As Nosas: Arrinca a tempada para o Muralla Galicia Emerging, un equipo que está chamado a ser case unha franquicia do rugby galego. Polo que temos entendido a conformación da plantilla está pensada para darlle saída e oportunidades a xogadoras emerxentes de diferentes puntos de Galicia e que xuntas integren unha proposta forte. Deste xeito facilitaríase un posible salto á máxima categoría de deportistas galegas.

Jos Portos: O Muralla de Lugo foi o equipo que acadou a praza, pero para a plantilla collemos a xogadoras de toda Galicia. O número máis grande o conforman xogadoras de Lugo, pero tamén temos deportistas que chegan do CRAT B (vixente campión galego), hai xente de Lalín, estamos en conversas con xogadoras de Ourense. Falamos con xogadoras de Vigo, pero o día a día complica a fichaxe. Adestramos de noite e teñen que desprazarse a Lugo e traballar ao día seguinte.

 

Xogadoras de diferentes puntos de Galicia conforman a plantilla do Muralla Galicia Emerging

 

As Nosas: Cantas sesións de adestramento semanal prevedes?

Jos Portos: Hai que combinalo cos traballos, xa que non se pode vivir desto. Por iso optamos por adestramentos na noite. Serán os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas.

 

As Nosas: Como definirías ao grupo que tendes conformado no Muralla Galicia Emerging para esta tempada?

Jos Portos: Estamos encantados no corpo técnico. É un grupo moi ameno, con ganas de aprender, de traballar e de mellorar. Agora ven a parte máis dura, chega a competición, pero temos un grupo fantástico, con ganas de traballar, con ilusión… un grupo fantástico. Estamos moi a gusto.

 

As Nosas: A ilusión e as ganas de aprender semellan elementos fundamentais para un grupo pensado a xeito de trampolín, de canteira do rugby galego, logo xa tocará traballar a técnica e mellorar a calidade pouco a pouco, non?

Jos Portos: É o ingrediente fundamental: ter ganas de traballar e humildade. Ímonos poñer nun escenario competitivo completamente distinto ao que están afeitas as xogadoras en Galicia. Por iso é importantísima a actitude.

 

Jos Portos: “Ímonos poñer nun escenario competitivo completamente distinto ao que están afeitas as xogadoras en Galicia”

 

As Nosas: Estamos diante dunha categoría nova.

Jos Portos: É unha categoría nova no formato. Desde hai tres anos, unha das pretensións que tiñamos algúns directores técnicos era que a fase de ascenso á División de Honra non podía ser xuntando a oito equipos de toda España nunha fin de semana. Desde hai uns anos estase xogando esta competición pero por eliminatorias con cuartos, semifinais e final. Enriba da mesa estaba o proxecto de facer unha Liga a unha volta. Que foi como comezou a División de Honra. Comeza agora o formato de Liga. Que arrinca esta fin de semana e remata en marzo.

 

As Nosas: Cal é o motivo de xogar a unha única volta?

Jos Portos: Date conta que os equipos van de punta a punta de España. O custo económico para afrontar unha competición así nun deporte como o noso, amateur, é complicado. Facelo a dobre volta sería un pouco arriscado. É un proxecto bo afianzar a competición a unha volta. Así comezou a División de Honra que so leva dous anos a dobre volta.

Pouco a pouco haberá que ir afianzando o proxecto  e dentro dun par de anos, aqueles equipos que esteamos aí (esperamos estar) afrontemos xa unha competición a dobre volta. Agora mesmo é moi duro pensar en afrontalo así desde o punto de vista económico e deportivo. Arrancamos agora e a ver ata onde chegamos. Eu penso que, como a División de Honra, tiraremos co tempo cara á dobre volta.

 

Jos Portos: “Galicia ten un número reducido de licencias de rugby feminino. Sendo conscientes diso, imos ir pasiño a pasiño coa idea de manternos”

 

As Nosas: Cales son as aspiracións do Muralla Galicia Emerging nesta competición?

Jos Portos: Eu son máis prudente que o compañeiro que teño á dereita (bromea en referencia a Rogelio Sabio). Desde a humildade, Galicia ten un número reducido de licencias de rugby feminino. Sendo conscientes diso, imos ir pasiño a pasiño coa idea de manternos. A partir de aí non lle imos perder a cara a ningún partido. Aínda que sabemos que haberá retos moi, moi complicados.

Agora mesmo hai equipos que están fichando ata catro estranxeiras para as súas plantillas, reforzándose máis que algúns equipos da División de Honra. Hai equipos como o Eibar que ten dúas neozelandesas, unha sudafricana… de principio parece inalcanzable. Este é un proxecto para manternos, afinazarnos nesta categoría e ofrecer unha competición de calidade con rapazas galegas que vaian saíndo desde abaixo.

 

As Nosas: Se cadra preocupádesvos menos dos rivais ca do papel formativo que vai desempeñar este equipo de División de Honra B?

Jos Portos: As dúas cousas son importantes. Pensamos na formación das xogadoras, pero tamén hai que mirar contra quen xogamos. Nestes días estamos un pouco sorprendidos por esas fichaxes internacionais que está a haber en clubs como o Eibar, Les Abelles de Valencia que tamén se reforzou con xogadoras arxentinas.

Hortaleza o ano pasado estaba en División de Honra, aínda que perdera xogadoras teñen experiencia e calidade é para telas en conta. Non temos moi claro como son os rivais aos que nos imos enfrontar pero imos paso a paso. A partir desta semana saberemos máis dado que os partidos emítense en streaming así que xa teremos referencias reais de a que nos imos enfrontar.

 

Jos Portos: “Estamos un pouco sorprendidos por as fichaxes internacionais que está a haber en clubs como o Eibar ou Les Abelles”

 

As Nosas: De cara ao inmediato, este domingo xogades ante o ADI Industriales Las Rozas.

Jos Portos: Este domingo imos a gañar.

 

As Nosas: Como é o rival? Que sabedes delas?

Jos Portos: Pouco. Algún vídeo que circula por aí de partidos de pretemporada pero que non quere dicir moito. Si sabemos que é un dos equipos máis potentes de Madrid. Algunhas das xogadoras marcharon ao Cisneros, polo que están nun proceso de renovación. Con todo, é un equipo moi potente que xoga unha liga moi distinta á nosa, teñen máis partidos e polo tanto  máis competición. Imos ver que pasa, pero non llo imos poñer doado. Imos saír con toda a ilusión do mundo e a ver se lles podemos levantar o partido.

Final entre o CRAT B-Muralla RC
MURALLA RC

Algúns datos da División Honra B na que milita o Muralla Galicia Emerging que adestran Jos Porto e Rogelio Sabio

A División de Honra B xógase desde esta fin de semana ata marzo con formato de Liga a unha volta. A fase regular rematará o 8 de marzo. A primeira xornada ten os seguintes enfrontamentos:

  • Muralla RC – ADI Industriales
  • CR Sant Cugat – BUC Barcelona
  • XV Hortaleza – CP Les Abelles
  • XV Murcia – Eibar RT

O 22 de marzo xogaranse ás semifinais entre 1º e 4º e 2º e 3º. A final resultante disputarase o 29 de marzo de 2020. O equipo campión ascende á Liga Iberdrola e descende un equipo.

Consulta aquí todo o calendario desta competición estatal de rugby

______________________________________________________________________________

O Muralla RC nun cruce na liga galega de rugby / MURALLA RC
O Muralla RC nun cruce na liga galega de rugby / MURALLA RC

Muralla Galicia Emerging, representante galego da División de Honra B de rugby

A competición dará acceso á Liga Iberdrola e terá formato de liga a unha volta e iníciase esta fin de semana coas lucenses como locais nas Pedreiras

Etiquetas Muralla RCrugby
Comparte118Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ

O CRAT, máis preto das semifinais da Liga Iberdrola de rugby, pese a perder 20-19 en Pozuelo

por Redacción As Nosas
22/01/2023
0

  Ao CRAT Residencia Rialta faltoulle tempo para consumar a remontada. Tras dominar o partido nos minutos iniciais, viu como...

CRAT Residencia Rialta vs Crealia El Salvador / DIEGO DOLAN

O CRAT Residencia Rialta arrinca o 2023 con bo pé gañando ao Crealia El Salvador 18-7

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  O CRAT Residencia Rialta comeza o ano 2023 cunha importante vitoria 18-7 diante dun rival da zona alta de...

Jess, xogadora do CRAT Residencia Rialta, placada por Tecla Masoko / MANUEL ÁNGEL GONZÁLEZ

O CRAT, á procura de retornar ao camiño do triunfo diante do Crealia El Salvador

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  O CRAT Residencia Rialta recibe ao Crealia El Salvador hoxe, sábado 14 de xaneiro ás 16:00 horas, no Estadio...

Selección Galega de rugby adestrando en Acea da Má / FEDERACIÓN GALEGA DE RUGBY

Nova convocatoria da Selección Galega sénior feminina XV de rugby

por Redacción As Nosas
02/01/2023
0

  A Federación Galega de Rugby fixo pública a convocatoria da Selección Galega sénior feminina XV para un adestramento que...

O proyecto Smart Rugby chega ao seu fin / SMART RUGBY

Co fin de 2022, o proxecto Smart Rugby chega tamén ao seu fin

por Redacción As Nosas
30/12/2022
0

  O proxecto Smart Rugby, liderado pola Federación Galega de Rugby, e que ten como socios á Associação de Rugby...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Paula Otero no Euromeet de Luxemburgo / CN ARTEIXO

Paula Otero acada dous ouros no Euromeet de Luxemburgo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero no Euromeet de Luxemburgo / CN ARTEIXO

Paula Otero acada dous ouros no Euromeet de Luxemburgo

01/02/2023
Julia Benedetti, na lista de skaters españois convocados para o Mundial / FEP

Julia Benedetti, na lista para o Mundial de skate

31/01/2023
Medallistas de categoría máster no Campionato Galego de lanzamentos celebrado no CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD acolleu o Campionato de Galicia de lanzamentos máster

31/01/2023
Campionato Xunta de Galicia de campo a través celebrado en 2023 en Ribadavia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A Veronza en Ribadavia converteuse no epicentro do campo a través galego de base e máster

31/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.