A futbolista galega Tere Abelleira vén de recibir a chamada do adestrador Jorge Vilda para formar parte da convocatoria da Selección Española absoluta feminina de fútbol de cara aos seguintes partidos que o conxunto estatal disputará na fase europea de clasificación para o Mundial de 2023. Será o 2 de setembro ante Hungría e o 6 de setembro ante Ucraína.
A centrocampista Tere Abelleira forma parte dunha convocatoria de 23 futbolistas na que tamén están as súas compañeiras de club no Real Madrid e ex deportivistas Misa Rodríguez (porteira) e Athenea del Castillo (dianteira). A concentración arrinca o vindeiro luns 29 de agosto na Cidade do Fútbol de Las Rozas en Madrid.
A deportista galega xa disputou a última Eurocopa co combinado estatal que adestra Jorge Vilda, sendo titular no encontro ante Inglaterra.
Actualmente a Selección Españoña é líder invicta e mantense imbatida no Grupo B. O conxunto que adestra Jorge Vilda, pechará a fase clasificatoria para o Mundial 2023 na Cidade do Fútbol de Las Rozas, onde recibirá a Hungría o venres, 2 de setembro, e a Ucraína o martes, 6 de setembro. Ambos os encontros, co pleno de vitorias como obxectivo, celebraranse ás 21:00 horas.
Na súa comparecencia ante os medios o seleccionador estatal, Jorge Vilda, aproveitou para darlle “a noraboa ás xogadoras, a todo o corpo técnico e á delegación da Selección Española Femenina sub-20. Estamos moi contentos por xogar de novo unha final e convencidos de que esta vez ímola gañar. Desde aquí mandamos lles toda a forza”. Tamén felicitou a Alexia Putellas por ser elixida Mellor Xogadora da UEFA por segundo ano consecutivo.
| Jorge Vilda comparece ante los medios de comunicación tras anunciar la convocatoria para los dos encuentros del mes de septiembre.
Ciudad del Fútbol de Las Rozas.#JugarLucharYGanar https://t.co/yl0fYan8fK
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 26, 2022
Cos dous encontros diante Hungría e Ucraína no horizonte, o seleccionador español recoñeceu que “o resultado quizá non é o máis importante. Estamos clasificadas para o Mundial, xogamos seis partidos e gañámolos. Empeza un novo reto, que é gañar estes dous partidos para acabar cunha clasificación inmaculada. A partir de outubro, para as próximas datas FIFA previas ao Mundial, o obxectivo será ir mellorando o equipo, facelo máis competitivo se cabe, mellorarnos todos, seguir progresando, dar nosa mellor versión e, en definitiva, seguir construíndo esta Selección”, explicaba Jorge Vilda ante os medios.