O Baxi Ferrol canta cun novo preparador físico para a próxima tempada: Joan Fuster. Despois de que o club ferrolán facilitase a saída de Sergio Jaurena, para aceptar unha oferta doutro equipo, moi superior economicamente. Logo desta situación, o conxunto departamental chegou a un acordo con Joan Fuster para que sexa o seu substituto.
Joan Fuster é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e ten un máster en rendemento deportivo, tecnificación e alto nivel e especialidade en deportes colectivos pola Universidade de Barcelona. Ademais, cursou un posgrao en coaching deportivo e alcanzou o doutoramento no INEFC de Barcelona, onde exercía como profesor adxunto.
🚨 Mercado #LFChallenge: Joan Fuster será el nuevo preparador físico del BAXI @UniFerrol
▶ Joan lleva desde el año 2014 trabajando en el @BasketAlmeda y también estuvo en el @CBGRUPBARNA
📝 Más información ⬇ https://t.co/qcrSi3Kkqr pic.twitter.com/chR2fI98Iq
— CompeticionesFEB (@CompeticionFEB) August 16, 2022
A traxectoria previa de Joan Fuster
O novo preparador físico do BAXI Ferrol eva desde o ano 2014 traballando en Basket Almeda e tamén estivo no Grup Barna. A pasada tempada encargouse de dirixir a preparación física do Basket Almeda de Liga Feminina 2 e do equipo junior que foi ao Campionato de España.
O novo preparador físico xa deu un plan de traballo ás xogadoras do equipo para que cheguen no mellor estado posible ao comezo da pretemporada a finais do presente mes de agosto.
O BAXI Ferrol suma xa 738 persoas abonadas
Por outro parte, segue aberta a campaña de abonados para poder renovar ou darse de alta no club departamental. Polo momento, renovaron o seu abono 664 persoas, mentres que se produciron 74 altas, o que fai un total de 738 persoas. Todas as persoas interesadas poden pasarse pola Taberna Arauxa, no Cantón de Molins 6, de martes a domingo de 12.00 a 22.00 horas. Tamén se poden facer as xestións a través do correo electrónico abonadosuniferrol@gmail.com.