• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Raúl Jiménez: “O ascenso é unha oportunidade de ouro que non poden desaproveitar”

Falamos co adestrador do Marín Futsal antes do partido que pode decidir a súa promoción á máxima categoría, a Primera División

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
11/06/2021
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Marín Futsal e o seu adestrador, Raúl Jiménez / CEDIDA

Marín Futsal e o seu adestrador, Raúl Jiménez / CEDIDA

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Marín Futsal xa roza a Primera División coas puntas dos dedos. Pero o salto á máxima categoría aínda está a un partido de distancia. As marinenses disputarán esta fin de semana a Fase Final, na que se decidirá o seu futuro. Para as xogadoras, “o ascenso é unha oportunidade de ouro que non poden desaproveitar”, recorda o seu adestrador Raúl Jiménez.

O técnico non leva dirixindo ao conxunto desde comezos de tempada, senón que chegou hai catro meses. Desde entón, o club só coñeceu unnha derrota, en Rodiles (Asturias). Tal e como destaca, botando a vista atrás, “o equipo adaptouse rápido ao que eu pedía, as xogadoras foron tendo claro o que necesitaba delas na pista e o rol de cada unha e a partir de aí medramos pouco a pouco”.

Semana a semana o Marín foi avanzando, ata que o esforzo culminou no partido ante o Valdetires FSF. Galegas e galegas enfrontáronse polo pase á Fase Final, con vitoria para as marinenses tras “unha carreira na que imos medrando e na que notamos que somos cada vez moito mellores”.

O Marín achégase ao ascenso a costa do Valdetires (4-9)

Da base a rozar a Primera División

O actual club do Marín Futsal é de nova creación. Esta é a súa primeira tempada competindo baixo este nome, tras a fusión do Ancoradouro, o O Fisgón e a ED Marín. A intención da unión era “ser máis fortes”, algo que sen dúbida lograron, creando un grupo moi competitivo.

“O equipo fíxose con vistas sempre a aspirar a subir e está cumprindo o obxectivo. Coas xogadoras e o plantel que hai sempre se pensou que garantizaba polo menos pelexar polo ascenso”, sinala Raúl Jiménez.

Antes, os clubs que agora conforman o Marín eran equipos que “levan poucos anos formados como club e traballan sobre todo a nivel de base. Contan con moitas escolas deportivas, con nenos e nenas de futbol 11 e futsal. Nunca se deu esta situación”, recalca o adestrador. O sénior feminino chegou coa fusión co Fisgón, que aportou ao conxunto de futbolistas xa formadas por Araceli Otero.

 Raúl Jiménez, adestrador do Marín Futsal: “O equipo fíxose con vistas sempre a aspirar a subir e está cumprindo o obxectivo. Coas xogadoras e o plantel que hai sempre se pensou que garantizaba polo menos pelexar polo ascenso”

Marín Futsal / CEDIDA
Marín Futsal / CEDIDA

Duelo polo ascenso entre galegos

O progreso do Marín Futsal ao longo da tempada levouno a disputar a última eliminatoria previa á Fase Final ante o Valdetires Ferrol, un “vello coñecido”, en palabras de Jiménez. O adestrador subliña como “sempre houbo moi bo nivel en Galicia, e os equipos sempre aspiran a ascender. Xa vemos os equipos que hai en Primera División e en Segunda non é menos. Os galegos sempre aspiramos ao ascenso e ultimamente sempre nos toca medirnos entre nós”.

Porén, o técnico prefería ter xogador ante outro rival na anterior rolda. “É verdade que a min, polo sistema de competición, non me gusta enfrontarme a elas, porque xa foron rivais no noso grupo e teño a sensación de que tería sido mellor cruzarnos con outro grupo e que incluso se puidera dar o ascenso dos dous. Con este tipo de formatos de competición ao final teste que matar entre as do mesmo grupo e é unha pena porque o Valdetires quizáis podería estar tamén nesta final”, recalca.

ENCE Marín vs Valdetires Ferrol / ENCE MARÍN FB
ENCE Marín vs Valdetires Ferrol / ENCE MARÍN FB

Raúl Jiménez: “É unha pena porque o Valdetires quizáis podería estar tamén nesta final”

Só un dos dous podería clasificarse, e o gran partido do Marín Futsal deulles o pase. “Está claro que despois da vitoria ante o Valdetires, que foi un triunfo que moita xente non se esperaba, saimos moi reforzadas dese partido”, recorda Jiménez.

“Agora mesmo a moral está polas nubes, as xogadoras vense con opcions de ascenso e nótase no ambiente. Nótase moita alegría, intención de ascenso e xa se lle ve nos ollos a todas que queren subir si ou si e saben que este ano pode ser a oportunidade e non a queren desaproveitar”, subliña o adestrador.

Co Joventut no punto de mira

As galegas preparan con normalidade este duelo tan importante. “A estas alturas da tempada case non hai tanto adestramento, hai máis recuperación, que non haxa ningunha lesionada, e sobre todo estudar ao rival, aspectos técnicos e tácticos e pouco máis”, explica o técnico, sobre as súas claves para loitar no play-off.

Este sábado, ás 18:30 horas, terán enfronte ao Joventut D’Elx, xogando en casa como local. “Temos entendido que poderán ter entre 300 e 400 persoas porque é un pavillón grande, polo que vanse sentir moi arroupadas”, explica Jiménez.

No Marín son conscientes da fortaleza física do equipo rival, que se caracteriza a nivel táctico por dúas estratexias de xogo: “con pivotes e balóns ao pivote, que son xogadoras moi fortes físicamente, ou de catro, intentando aproveitar a velocidade das xogadoras polas bandas”.

Marín Futsal / CEDIDA
Marín Futsal / CEDIDA

O adestrador do club marinense destaca que o Elx foi un dos conxuntos máis destacados do seu grupo, e é un club con experiencia na máxima categoría. “Foi un equipo dominador na súa competición. Fixeron un 6-0 no seu último partido, e xa di moito do rival que imos ter enfronte”, apunta.

O Marín Futsal é “unha familia”

Independentemente do que pase na pista este sábado, Raúl Jiménez asegura que desde o momento no que chegou ao club “atopeime cunha familia”. Moitas das xogadoras levan moitos anos xogando xuntas, e mesmo as que foron rivais entre si coñécense desde hai tempo. “Creo que o grupo é unha familia e iso tamén axuda moito no campo”, confesa o adestrador.

Raúl Jiménez: “Gústame que todas entendan o seu rol na pista e que é o que teñen que aportar cada unha”

Por este motivo, o preparador prefire non salientar nomes individuais e explica como “sempre lles digo que o máis importante é o grupo, prefiero ter contentas a 10 xogadoras que a dous”. Con todo, nomes como Ceci, internacional con España, ou Café salientan, pero “teñen que ter claro que son parte dun todo. Ao final aportarán un pouco máis que o resto, pero saben que sen o resto non vale de nada o que aporten. Gústame que todas entendan o seu rol na pista e que é o que teñen que aportar cada unha. A partir de aí iso fai que o equipo como grupo mellore moito e nótase a nivel adestramento e a nivel rendemento”.

Marín Futsal / CEDIDA
Marín Futsal / CEDIDA

En resumo, Jiménez asegura con contundencia que está “moi orgulloso do equipo que teño. Desde que cheguei e en cada partido non atopo nunca nada negativo. Acordome sempre das que menos minutos xogan, agradezo todo o positivismo que aportan, que nunca poñen ningunha pedra no camiño e iso só pode axudar a sumar. Iso é o que quero. Que todas sumen e consigamos o que nos propuximos que é o ascenso”, conclúe.

Raúl Jiménez, técnico do Marín Futsal: “Estou moi orgulloso do equipo que teño. Desde que cheguei e en cada partido non atopo nunca nada negativo. Iso é o que quero. Que todas sumen e consigamos o que nos propuximos que é o ascenso”.

Etiquetas ENCE Marín Futsalfútbol salafutsalMarínMarín FutsalPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol SalaRaúl JiménezSegunda División de Fútbol Sala
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.