- Castelló e Jensen proclamáronse gañadoras na final do Ultimate Padel Tour A Coruña Open ao impoñerse 6-1 e 6-4 a Riera e Araújo mentres que Ruiz e Cardona gañáronlle os tres sets a Leal e García Diestro, con 5-7, 6-4 e 6-2
A Coruña acolleu esta semana o torneo inaugural da primeira edición do circuíto profesional Ultimate Padel Tour, no que participaron un total de 128 parellas participantes. A proba enmárcase na aposta do Concello da Coruña polo posicionamento da cidade como acolldedora de grandes eventos deportivos.
Jessica Castelló e Claudia Jensen foron as cañadoras da categoría feminina, xunto con Javi Ruiz e Pablo Cardona na masculina.
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, fíxolle entrega do trofeo do A Coruña Open, proba inaugural do novo torneo internacional. Castelló e Jensen proclamáronse gañadoras da proba inaugural ao impoñerse 6-1 e 6-4 a Virginia Riera e Sodía Araújo na final. Ruiz e Cardona gañaron os tres sets contra Javi Leal e José Antonio García Diestro, con 5-7, 6-4 e 6-2 na final.
Ver esta publicación en Instagram
De maneira paralela á celebración do torneo, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Pádel ofertaron un clínic en Expocoruña ao que acudiron nenos e nenas da cidade, así como deportistas federados, a practicar este deporte xunto a profesionais.