A tenista galega Jessica Bouzas suma un novo éxito ao seu palmarés, proclamándose campioa do W15 de Villena. A de Vilagarcía non tivo rival na competición, impoñéndose con claridade ás súas competidoras.
Bouzas partía como cabeza de serie número 1 no cadro principal do torneo, e comezou o campionato superando á francesa Nahia Berecoechea cun resultado de 7-6(4) 6-4 e a Judith Perello Saavedra 6-0 6-3.
Xa en cuartos de final, a tenista vencía á alemana Joelle Lilly Sophie Steur cun resultado de 6-2 6-2. Nas semifinais, a galega derrotou por 6-1 e 6-3 á estoniana Maileen Nuudi.
No duelo final, a de Vilagarcía mantívose como a clara vencedora, triunfando contundentemente contra a estadounidense Ashley Lahey 6-2 6-1.
Podes consultar nesta ligazón todos os resultados do W15 de Villena.