- Cun triunfo por 6-4 e 6-1 a galeta Jéssica Bouzas xogará os oitavos de final en Cincinnati.
- A tenista de Vilagarcía está a un paso de superar o ránking WTA que acadara a tamén galega Lourdes Domínguez.
Jessica Bouzas Maneiro empezou o WTA 1.000 de Cincinnati por todo o alto ao impoñerse á gañadora de 7 Grand Slams Venus Williams cun marcador de 6-4 e 6-4. Logo superou a Leylah Fernández e agora impuxo o seu tenis a Taylor Townsend conseguindo un sitio nos oitavos de final de Cincinnati. Bouzas Maneiro tiña en fronte á nº 1 do ránking mundial en dobres.
Locked in 🔐
Jessica Bouzas Maneiro moves into the Round of 16 with a 6-4, 6-1 victory against Townsend. #CincyTennis pic.twitter.com/4LWiQBlVVv
— wta (@WTA) August 11, 2025
Na seguinte quenda as súas rivais poden ser Emma Raducanu ou ben a número 1 do ránking mundial: Aryna Sabalenka. Quen dixo medo?
Making moves ⏫#PIFWTARankings pic.twitter.com/8oKXCMk3ty
— wta (@WTA) August 11, 2025
Jéssica Bouzas podería superar a Lourdes Domínguez
Todo fai pensar que Jessica Bouzas Maneiro podería superar co seu concurso neste torneo o ránking histórico máis alto dunha tenista galega. Un fito que atesora Lourdes Domínguez que chegou ao posto 40 no ano 2006.
Se vence, Bouzas podería chegar a colocarse no posto 39 xusto un chanzo por riba do acadado pola pontevedresa
A tenista de Vilagarcía de Arousa está neste momento no posto 42 do ránking da WTA.
Ver esta publicación en Instagram





















