A galega Jessica Bouzas Maneiro despídese do Roland Garros na terceira rolda da competición ao caer derrotada ante Hailey Baptise por 7-6 (4) e 6-1.
A tenista era a última española na terra parisina logo de que hoxe tamén quedase eliminada Paula Badosa.
Ver esta publicación en Instagram
Bouzas Maneiro fixo o máis complicado, vencer na primera rolda á nº 9 da WTA, e acadou pasar outro chanzo máis ata meterse na terceira rolda no seu debut no Roland Garros. Demostrando unha vez máis que os Grand Slam dánselle ben.
A tenista de Vilagarcía de Arousa caeu derrotada diante de Hailey Baptise da que a separan dous postos no ránking internacional. Bouzas Maneiro é o nº 68 e a estadounidense é a 70 da WTA.
Sin representantes españoles en el cuadro femenino
❌ cae ante Baptiste y se despide de @rolandgarros
Gran torneo de todas las maneras para la gallega#RGEurosport #RGMax #RolandGarros pic.twitter.com/3fmuE1s4r5
— Eurosport.es (@Eurosport_ES) May 31, 2025
A deportista galega é ambiciosa e di que quere “máis. Quero seguir pasando roldas en torneos grandes. Sei que agora é difícil velo pero sei que isto vaime dar motivación e enerxía”.
Segundo explicaba aos micros de Eurosport tras o encontro, Bouzas non estaba contenta co seu rendemento: “O nivel que demostrei demostrei foi baixo. No xoguei como a min me gustaría. Mental e fisicamente víame preparada, pero tenísticamente intenteino e non enganchaba”, declarou.
Bouzas explicou que estaba “un pouco decepcionada. Incluso en días malos hai que dar nivel e o nivel de hoxe non foi abondo”.
, en @Eurosport_ES tras poner fin a su aventura en @rolandgarros:
“Quiero llegar más lejos en estos torneos”#RGEurosport #RGMax #RolandGarros pic.twitter.com/SVwGvKgRC3
— Eurosport.es (@Eurosport_ES) May 31, 2025




















