A xove tenista galega Jéssica Bouzas participará no Mutua Madrid Open. Este será o primeiro torneo WTA Masters para a de Vilagarcía de Arousa, que competirá nun dos torneos desta categoría máis importantes de Europa. Invitada pola organización, accederá á fase previa desde este martes, 27 de abril.
Bouzas está a realizar unha gran tempada, na que xa se proclamou campoia de tres torneos do circuíto ITF, chegando á última rolda do campionato da localidade francesa de Gonesse. A deportista da Academia Ferrer logrou cos seus resultados situarse no posto 643 do ránking ATP, a súa posición máis alta na súa carreira.
Ver esta publicación en Instagram
Xunto a Bouzas estarán na fase previa outras españolas. Eva Guerrero, Marta Custic e Ane Mintegi tamén terán a oportunidade de disputar a fase previa da edición do Madrid Open que ten lugar entre o 27 de abril e o 9 de maio.
Para acceder ao cadro final, a de Vilagarcía deberá superar dúas roldas do cadro de clasificación. O seu primeiro encontro será ante a bielorrusa Aliaksandra Sasnovich, actualmente número 92 do mundo. Na rolda final enfrontaríase á vencedora do duelo entre Andrea Petkovic e Laura Siegemund. Se a galega vai pasando de fase, podería chegar a competir con tenistas como Serena Williams ou Garbiñe Muguruza.