Nin máis nin menos que unha recentemente proclamada Campioa de Liga co Pescados Rubén Burela é a nova incorporación do Ourense Envialia. Un proxecto ilusionante de cara á vindeira tempada 2020/21 con Morenín no banco.
Deste xeito, ala-peche Jenny Lores muda Burela por Ourense. A xogadora pontevedresa chegou á Mariña en agosto de 2019, procedente do Poio Pescamar, para compatibilizar as súas obrigas de laranxa na tempada do triplete coas da Selección Española.
Desde o club laranxa quixeron despedir á pontevedresa: “Jenny, dende o Pescados Rubén agradecemos a túa dedicación e profesionalidade ao longo deste gran ano deportivo. Moita sorte no teu novo destino!”.
Desde co club ourensán tamén quixeron dar a benvida a unha das mellores xogadoras da elite do futsal feminino:
Jenny Lores, internacional procedente do Pescados Rubén Burela quixo unirse a nosotrxs e desde logo que estamos encantadxs de incorporar ao noso club a unha xogadora como ela. Jenny achegará moitas cousas a este equipo, calidade, criterio, temperanza, experiencia…
O seu carácter competitivo e a súa ilusión e ganas de seguir gozando deste deporte fan dela unha peza ideal para unir á engrenaxe creada ata o momento.
Temos que agradecer a Jenny que nos haxa escollido para seguir crecendo e gozando do fútbol sala, sen dúbida nosotrxs somos lxs privilegiadxs que gozaremos co seu xogo sobre o parquet de Vos Remedios.
Despois de varios intentos errados, ao fin, Jenny vestirá a nosa camiseta.
Agora toca traballo, ilusión e divertirse.
Grazas Jenny!