- Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada no masculino.
- Ambos os dous equipos xogarán a tempada 2026-27 na Segunda División
O Reyco Burela FS contará con adestrador local Javier Pardeiro (Burela, 1974) para dirixir o equipo feminino, mentres que Juanma Marrube (Alfoz, 1979) continuará o seu á fronte do banco do conxunto laranxa masculino. Ambos os dous técnicos formalizaron o seu compromiso para os tres vindeiros exercicios, xunto ao presidente, José Luis Sáez Castro.
Javier Pardeiro, protagonista das grandes tardes e festexos nos primeiros pasos do conxunto feminino, deses Soles Laranxas, desas Guerreiras, volve poñerse á fronte dun proxecto sénior, despois de estar dedicado nas últimas tempadas á formación de base na Mariña, tanto na ACD Xove coma no Burela FS. Substitúe no banco laranxa á adestradora ferrolá Belén Feal.

Oito anos no banco masculino e catro no feminino danlle a Javier Pardeiro un gran coñecemento tanto da entidade como do sentir laranxa. “É o momento no que temos que reforzar esa enerxía e vitalidade que sempre tipo o fútbol sala de Burela, é o momento de axudar, de ser conscientes de que todos sumamos e esa pequena axuda individual tanto por parte de todos os integrantes do equipo, coma do club e da vila farán que poidamos avanzar con garantías”, explicaba Javier Pardeiro.
Javier Pardeiro: “É o momento no que temos que reforzar esa enerxía e vitalidade que sempre tipo o fútbol sala de Burela”
Javier Pardeiro: “Afronto este reto con ganas, ilusión e convicción”
O novo técnico do Reyco Burela FS confesábase moi ilusionado: “Afronto este reto con ganas, ilusión e convicción. O club viviu momentos difíciles, pero vexo moita xente implicada para que siga adiante e por iso creo que é o momento de axudar. Por iso me uno a este proxecto. Interaremos conformar o equipo o máis competitivo posible, traballando en cada adestramento para que a xente disfrute do seu equipo cada sábado”.

Juanma Marrube, inmerso nese proceso de transformación e reconstrución iniciado a finais de 2025, incide no valor das persoas e na forza do grupo: “Demostramos que é posible derrubar grandes muros e obstáculos que parecían insalvables. Moita xente sostén este proxecto dende o corazón e cando se traballa así aparecen os resultados”, explicaba o Mariskal.
Facendo referencia ao crecemento do equipo: “Os últimos seis meses deixáronnos unha aprendizaxe moi importante. Conseguimos a permanencia, si, pero creo sinceramente que gañamos algo aínda máis valioso: recuperamos identidade, ilusión e confianza e, sobre todo, empezamos a construír unha convicción colectiva”.
“O Burela Fútbol Sala ten unha historia da que sentirnos orgullosos, pero a nosa responsabilidade non é vivir dela, a nosa responsabilidade é construír a seguinte”, afirmaba Juanma Marrube.
José Luis Sáez, presidente do Burela FS: “Javi Pardeiro e Juanma Marrube son dúas persoas moi importantes na historia desta estrutura. A súa vontade para estar no Burela agora mesmo, para axudarnos a superar os retos e obstáculos que se nos presentan por diante son boa mostra da súa calidade humana e profesionalidade deportiva”
O adestrador do equipo masculino aseguraba: “Renovo coa mesma ilusión coa que volvín hai uns meses, reafirmo o compromiso co club da miña vida, pero cunha convicción aínda maior: o futuro do Burela Fútbol Sala non depende dunha persoa, depende de que sigamos crendo, medrando, consolidando e construíndo xuntos”.

José Luis Sáez quixo agradecerlles aos dous adestradores a súa aposta polo club. “Javi Pardeiro e Juanma Marrube son dúas persoas moi importantes na historia desta estrutura. A súa vontade para estar no Burela agora mesmo, para axudarnos a superar os retos e obstáculos que se nos presentan por diante son boa mostra da súa calidade humana e profesionalidade deportiva. Pertencer á Familia Laranxa sempre deixa un pouso, un vínculo moi especial e precisamente iso que nos une é o que nos fai sumar forzas para seguir pelexando polo fútbol sala”.





















