Javier Leira, adestrador do Valdetires Ferrol FSF, lamentaba non poder ter sacado algo máis positivo da súa visita á Coruña e defendía o bo traballo realizado polo bloque que adestra que chegaba á cidade herculina curto de efectivos. “Sabiamos que o Viaxes Amarelle é un bo equipo e que ten boas xogadoras cun xogo dinámico. Nós viñamos con tres xogadoras moi tocadas”.
Sobre o partido, Javier Leira explicaba que o equipo que adestra estivo “xogando de cinco para ter unha posesión longa e cansar ao Amarelle, tivemos ocasións de gol, pero finalmente a balanza caeu do lado do Amarelle no xogo de cinco”.
Ver esta publicación en Instagram
Con todo, tal e como apuntaba o técnico do o Valdetires Ferrol FSF, as departamentais non lle perderon a cara a o partido e estiveron vivas ata o último momento. “Sempre estivemos no partido, é máis, estivemos por diante no marcador, logo estivemos 2-1, volvemos empatar. Sempre estivemos arriscando para poder marcar e xerar ocasións de gol. O importante é que temos grandes xogadoras que compiten e isto é o problema de ter unha equipo tan corto en número”, explicaba o preparador.
Para Javier Leira, aínda que este cruce era importante, os rivais aos que consideran que deben ter máis controlados son outros equipos galegos da categoría máis cercanos en puntuación cos que loita por estar entre os catro primeiros que xogarán polo ascenso á elite estatal. “Este era un partido importante xa que se sacabamos algo positivo iamos subir un pouco máis arriba, pero realmente a nosa liga, para acadar o noso obxectivo de xogar a fase de ascenso vai ser As Burgas, Castro e Bembibre“, di Leira.
O Viaxes Amarelle sofre para imporse a un Valdetires Ferrol loitador e tenaz