A ala-peche brasileira Jane, non formará parte do Pescados Rubén Burela FS en 2021-22 tras a fin do seu contrato o pasado mes.
A ata o de agora 11 burelista estreouse no fútbol sala español da man do club mariñán en 2019-20 ofrecendo unha excelente adaptación e regresou en xaneiro de 2021 como reforzo de inverno para as Guerreiras Laranxas no seu desafío coa historia para gañalo todo.
A mensaxe do Burela para Jane
Desde o Burela envíanlle unha mensaxe á súa xa ex xogadora: “Jane, desexámosche moita sorte no teu próximo destino. Brindáchesnos grandísimos momentos defendendo a elástica laranxa nestas dúas tempadas, desde o teu debut coa Familia Laranxa como MVP na Supercopa 2019 ata o recente título de liga 20-21 en Torrejón de Ardoz”.
