• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

É a irregularidade competitiva un factor de risco nas lesións?

Os corpos médicos do CRAT, Emevé, Burela, Cidade de As Burgas, Ourense Envialia, Friol, Guardés, Ensino e BAXI analizan o estado físico dos seus equipos e a incidencia da pandemia

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
18/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Vendaxe dunha man por unha lesión / COTTONBRO

Vendaxe dunha man por unha lesión / COTTONBRO

371
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Todas as competicións deportivas están acusando en maior ou menor medida as consecuencias da COVID-19 que impiden competir con normalidade. A falta de regularidade nas competicións fai desta unha tempada anormal, na que os tempos de recuperacións cambian e os equipos deben adaptarse a nivel físico e mental.

Falamos cos corpos médicos e membros dos clubs Durán Maquinaria Ensino, BAXI Ferrol, Atlético Guardés, PM Friol, CV Arenal Emevé, Cidade de As Burgas, Pescados Rubén Burela, Ourense Envialia e CRAT Residencia Rialta para saber como afrontan este curso en materia de lesións e como incide a pandemia nas distintas disciplinas deportivas.

O perigo está nos paróns

Segundo apunta Antonio Lissarrague, do CRAT, “cando hai paróns é cando hai máis perigo”. Algúns equipos como o coruñés de rugby tiveron que ver interrumpida a liga por un confinamento ao detectar casos positivos en coronavirus.

Máis aló dos propios problemas derivados deste enfermidade, o médico apunta que “se non adestran en catorce días, o seguinte partido ten moito máis risco de lesión”. Neste sentido, as xogadoras do CRAT foron afortunadas e, tras pasar o seu illamento, volveron ao campo con vitoria e sen complicacións.

Antonio Lissarrague (CRAT): “Se non adestran en catorce días, o seguinte partido ten moito máis risco de lesión”

Por desgraza, os confinamentos tamén foron frecuentes no futsal galego. O Ourense Envialia foi un dos conxuntos que se viu obrigado a pasar unha corentena tras confirmar positivos. Isto alonxounas das pistas durante un par de semanas e tivo consecuencias nas xogadoras. As contaxiadas tiveron que pasar un tempo de recuperación máis prolongado do habitual.

Lesión de Andrea Feijóo do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO
Lesión de Andrea Feijóo do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

O número de futbolistas tocadas no Envialia é superior ao da tempada anterior, pero tal e como analizan Isidro Grela, o preparador físico, e Roberto Martínez, readaptador de lesións, a principal diferenza respecto ao ano pasado é “a duración e gravidade das mesmas”. Segundo apuntan, a proporción nos días de adestramento ou competición perdidos por estes motivos é maior a doutros cursos.

O corpo médico do conxunto ourensán sinala á falta de regularidade como unha das causas das lesións. Os profesionais consideran que os confinamentos “provocan nas deportistas un desadestramento parcial, xa que continúan adestrando desde casa, e unha ausencia de competición que se traduce na perda de estímulos específicos”.

Grela e Martínez (Envialia): “Os confinamentos provocan nas deportistas un desadestramento parcial”

A isto se lle engaden as “altas densidades” competitivas, maiores ao habitual nesta competición, o que os profesionais definen como un “factor extra nese aumento de incidencia lesional”. Porén, subliñan que isto polo de agora son conxeturas, aínda que apostan por que nos próximos meses se publique literatura científica neste sentido.

Incluso cando a COVID-19 respeta, hai complicacións

No plantel do Atlético Guardés, a sorte acompañounas e non sufriron casos de coronavirus, pero si o fixeron os seus rivais. Isto modificou por completo os seus plans de xaneiro, pasando a un mes de febreiro repleto de citas.

Aínda é cedo para medir as consecuencias desta apretada axenda, pero Xurxo Fajar, do club guardés, aventura que as xogadoras terán que soportar máis carga pola acumulación de partidos e o escaso descanso. “Debido a isto terán máis carga e máis risco de lesión”, declara.

O reto do Guardés: once partidos en 36 días

No Emevé tamén tiveron a sorte de esquivar á COVID-19 e só tiveron que aprazar un partido en todas a tempada. Porén, as consecuencias da pandemia as sufren igualmente na competición. Debido ás corentenas e ás reestruturacións das axendas, as escordaduras de nocello son unha doencia común. En total, contando ao plantel do equipo feminino e o masculino, cinco xogadoras sufriron esta lesión, dous delas graves.

Ademais, no club lucense viron como se incrementaban as lesións crónicas. “En volei temos terminopatía de ombreiro, no supraespinoso e terminopatia rotulania no xeonllo, derivadas do salto e dos ataques”, explica María José Pepo Garrido, fisioterapeuta do equipo. A profesional asegura que as xogadoras que sufriran xa a primeira, “este ano tiveron episodios máis frecuentes”.

No caso da relativa ao xeonllo foi menos habitual polo preventivos realizados co preparador físico do club, o que impediu que ao longo da tempada se lamentasen problemas deste tipo.

A fisio, que tamén forma parte do corpo médico da Selección Española Feminina de Voleibol, explica que os paróns e reaxustes de calendario pola pandemia tamén afectaron ao combinado nacional. “Tiñamos que ter xogado o preeuropeo no verán, o cambiaron para Nadal e non houbo e o puxeron en maio. Entón a Federación tivo que facer un reaxuste na Liga e adiantar os partidos para que no coincida o play off coa incorporación da Selección para o preeuropeo”, explica. Desta forma, tiveron algunhas xornadas moi continuas de sábado – mércores.

A falta de profesionalización aumenta o risco de lesións

Na meirande parte dos clubs galegos, a disciplina de traballo está aínda lonxe de ser profesional. Ás longas viaxes, partidos entre semana e sesións de adestramento engádense as horas de traballo e estudo das vidas persoais das xogadoras.

Sonia Pacios, do Cidade de As Burgas, apunta á falta de profesionalización como unha das causas que levan ás lesións. Ao xogar en condicións amateur, “as xogadoras non se poden tratar a nivel recuperación en fisio ou masaxista por falta de tempo”.

María José 'Pepo' Garrido, fisioterapeuta do CV Emevé Lugo / Mª JOSÉ GARRIDO TW
María José ‘Pepo’ Garrido, fisioterapeuta do CV Emevé Lugo / Mª JOSÉ GARRIDO TW

No Emevé, Pepo Garrido fala da saturación e falta de descanso que viven as xogadoras, sobre todo aquelas que no pasado mes de xaneiro tiveron que compaxinar a época de exames coa competición. Un exemplo foi Marta Otero, que malia as dificultades ás que tivo que facer fronte entrou no sete ideal da RFEVB a principios de febreiro.

O mesmo problema de compatibilidade o viven no CRAT. Lissarrague explica que, a diferenza dos planteis dos clubs profesionalizados, no equipo de rugby non poden realizar adestramentos todos os días. Así, o estado de forma física das xogadoras depende en gran medida de como se coiden no seu día a día. Ao final, este estrés dobre por poder contaxiarse e contaxiar no ámbito familiar e no deportivo supón unha subida nos niveis de ansiedade das deportistas.

O estrés da pandemia incide no rendemento

Máis aló das consecuencias físicas do coronavirus, a outra cara sanitaria da COVID-19 está na saúde mental. Unha gran esquecida que saíu á palestra durante a pandemia e que é un factor clave no rendemento deportivo.

A incertidume que sobrevoa a competición é motivo de estrés xornada tras xornada. “Ata dous días antes ou incluso ata o día anterior ao partido non sabes se realmente vas competir ou non. Por iso, hai que estar alerta da posible suspensión. Non sabes como adaptarte á situación e ademais hai que buscar días para poder xogar ese partido suspendido, cousa que tampouco é fácil”, declara Pacios, desde o Cidade de As Burgas. Unha análise coa que coincide Covi Regueiro do PM Friol: “O estrés inflúe no rendemento e na recuperación entre sesións”.

Covi Regueiro, do PM Friol / CEDIDA
Covi Regueiro, do PM Friol / CEDIDA

Covi Regueiro (Friol): “O estrés inflúe no rendemento e na recuperación”

No Burela tamén fan referencia a ese estrés agudo e crónico debido ás esixencias da competición, a distancia da casa, as restriccións, etc. A súa vez, este estrés afecta ás partes hormonais, condicionando o rendemento físico, explican.

No caso do baloncesto, no BAXI e no Ensino coinciden en sinalar a relevancia no xogo da parte psicolóxica. “As xogadoras pasan o día tomando decisións en fraccións de segundos, que poden determinar que se gañe ou perda un partido”, recordan no club lucense.

Covi Regueiro (Friol): “Ata dous días antes ou incluso ata o día anterior ao partido non sabes se realmente vas competir ou non. Hai que estar alerta da posible suspensión. Non sabes como adaptarte á situación “.

O equipo médico do Envialia exemplifica a importancia da saúde mental cun símil: o factor piscolóxico é unha das patas sen a cal non se sostén o banco. Respecto á súa incidencia directa nas lesións, declaran que “é difícil afirmar ou negar a influencia do factor mental na orixe das lesións, non temos datos nin a favor nin en contra. O que si está claro é que a situación actual na que vivimos aféctanos a todos dalgunha maneira”.

En resumo, tal e como apunta Xurxo Fajar do Atlético Guardés, “é moi complicado que as xogadoras estean ao 100%”. Os cambios de calendario obrigan a “resetear a cabeza constantemente”, co consecuente desgaste mental.

Como se explica a orixe das lesións nunha tempada marcada pola pandemia?

 

Etiquetas Atlético GuardésBaxi Ferrolcidade de As BurgasCOVID-19CRAT Residencia RialtaCV Arenal EmevéDurán Maquinaria EnsinoLesiónsourense envialiaPescados Rubén BurelaPM Friol
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Uni Girona foi o rival do Ensino esta xornada na LF Endesa / FEB

Dobre golpe para os cadros galegos na LF Endesa: derrotas de Baxi e Ensino

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  Foi unha xornada amarga para os dous equipos galegos presentes na máxima categoría do baloncesto estatal. a LF Endesa....

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

Imaxe da transmisión do partido da Eurocup Women entre o BAXI Ferrol e o Benfica na Malata / FIBA BASKETBALL YOUTUBE

O BAXI Ferrol asina o seu pase á seguinte fase da Eurocup Women cun triunfo rotundo (109-58) diante do Benfica

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  O BAXI Ferrol imponse contundentemente ao Benfica na Eurocup Women. As galegas case dobran no marcador ás lusas superando...

Lino López e Ine Joris / BAXI FERROL IG

Nova cita do BAXI Ferrol na Eurocup Women que recibe ao Benfica

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  O BAXI Ferrol, que acumula pleno de vitorias na frase de grupos da Eurocup Women, mídese este mércores 29...

Van Schaik, xogadora do Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Vitoria do Ensino e derrota do Baxi na LF Endesa na 4.ª xornada

por Redacción As Nosas
28/10/2025
0

Xornada de contrastes para os equipos galegos na LF Endesa. Axustada vitoria do Durán Maquinaria Ensino (85-83) e contundente derrota...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.