• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Iris Arnáiz: “O Dépor é o mellor club de Galicia”

A centrocampista do Deportivo ABANCA sobre a actualidade que rodea ao futfem e ao conxunto branquiazul | "O Dépor nuns anos vai ser o referente no norte do fútbol feminino"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/04/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Iris RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao / ENE IRIMIA

Iris RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao / ENE IRIMIA

177
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Iris Arnáiz é unha das pezas clave no esquema de Manu Sánchez e fundamental nos éxitos acadados polo Dépor ABANCA esta tempada. A asturiana achega equilibrio no centro do campo como pivote defensivo e serve de perfecto enlace entre defensa e centro do campo. Pero a 5 é moito máis. É unha das capitás e xogadora relevanto dentro do vestirario. Iris renovou fai poucas datas e ten total confianza en que o proxecto branquiazul seguirá crecendo de maneira imparable ata converterse no “referente do fútbol feminino no norte”.

En canto ao que máis bota de menos de pisar o verde de Abegondo e calzarse as botas relata: “Boto de menos moitas cousas, ás miña compañeiras, ao corpo técnico, os adestramentos e os nervios previos ao partido. Son sentimentos que che fan sentir viva. Antes dos partidos, eses nervios previos e eses sentimentos son moi bonitos”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Boto de menos moitas cousas, ás miña compañeiras, ao corpo técnico, os adestramentos e os nervios previos ao partido. Eses nervios previos e eses sentimentos son moi bonitos”.

renovación Iris
renovación Iris con Deportivo ABANCA | RCD

A 5 añadiu que está moi contenta pola renovación de gran pate da plantilla e destacou ao seu club como o mellor conxunto galego: “É unha gran noticia que gran parte do persoal renovase para o ano que vén. É un punto a favor para nós porque nos coñecemos moi ben e iso nótase dentro do campo. Somo unha piña e iso é un dos nosos puntos fortes. As fichaxes que cheguen van sumar e calquera seguro que se vai a adaptar a Coruña e ao equipo. O Dépor é o mellor club que hai en Galicia e ponche as cousas moi fáciles. Estou encantada de renovar”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “O Dépor é o mellor club que hai en Galicia e ponche as cousas moi fáciles. Estou encantada de renovar”.

Medo porque a tempada quede no “olvido”

A centrocampista botou unha ollada atrás e valorou o acadado ata a fecha, sen esconder o medo porque esta gran tempada do Dépor quede no olvido: “Agora véndoo con perspectiva dámonos conta da gran tempada que estamos a facer. Cada día que pasa síntome máis orgullosa das miñas compañeiras e do corpo técnico. Temos un pouco de incerteza ou medo de que igual este ano quede no esquecemento pero quedo coa suma de todos os partidos, levamos un gran ano e unha gran tempada”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Temos un pouco de incerteza ou medo de que igual este ano quede no esquecemento pero quedo coa suma de todos os partidos, levamos un gran ano e unha gran tempada”.

E ademais, confía en que o club herculino sexa un referente do fútbol feminino no norte seguindo a estela de grandes como o Athletic de Bilbao: “O Dépor nuns anos vai ser o referente no norte do fútbol feminino, seguindo os pasos do Athletic de Bilbao”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “O Dépor nuns anos vai ser o referente no norte do fútbol feminino, seguindo os pasos do Athletic de Bilbao”.

Iris RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao / ENE IRIMIA
Iris RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao / ENE IRIMIA

“Todas estamos capacitadas para ser titulares e demostrouse contra o Tacón”

A asturiana analizou a situación deportiva do club e calificou esta tempada como un ano de aprendizaxe para as seguintes: “A xente pensaba que este ano necesitabamos outro tipo de xogadoras para o noso debut na Primeira Iberdrola. Aprendemos moito este ano e para a seguinte tempada imos seguir aprendendo e seguir demostrando cousas. Estou moi contenta de que gran parte do persoal renovase. Todas estamos capacitadas para ser titulares e axudar ao equipo e demostrouse en días como no partido contra o Tacón”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “A xente pensaba que este ano necesitabamos outro tipo de xogadoras para o noso debut na Primeira Iberdrola. Aprendemos moito este ano e para a seguinte tempada imos seguir aprendendo e seguir demostrando cousas”.

Iris Arnáiz recoñece que non pode quedarse cun partido ou momento deste ano tan especial: “A primeira vitoria contra o Espanyol en casa foi incrible. O primeiro partido en casa coa nosa afección. Tamén quedo coa remontada do Tacón, o de Copa contra o Barça aguantando ata o último segundo no Johan Cruyff e o partido en Riazor de Copa contra o Valencia”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: Tamén quedo coa remontada do Tacón, o de Copa contra o Barça aguantando ata o último segundo no Johan Cruyff e o partido en Riazor de Copa contra o Valencia”.

A mediocentro tamén sincerouse ao recoñecer aos seus referentes no mundo do fútbol: “Aprendo moitísimo vendo a Claudia Zornoza, é unha xogadora espectacular e ten nivel dabondo para estar na Selección. Silvia Meseguer e Vanesa Gimbert tamén son moi boas. Se tivera que escoller un xogador, quedaría con Busquets que xoga na miña posición, é un referente a nivel mundial”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Aprendo moitísimo vendo a Claudia Zornoza, é unha xogadora espectacular e ten nivel dabondo para estar na Selección”.

Iris Arnáiz Deportivo ABANCA | RCD
Iris Arnáiz Deportivo ABANCA | RCD

Preocupación ante a posible volta aos terreos de xogo

A 5 branquiazul mostrouse “preocupada” ante o estado físico nunha posible volta aos terreos de xogo. Aínda así, confía plenamente no traballo que envía Lucía, a preparadora física: “Preocúpame o estado físico no caso de volver. O adestramentos de Lucía non son os mesmos que os facemos en Abegondo. Tes esa preocupación por como volverás e como che afectará este parón. Nós imos tentar volver na mellor forma posible e seguir facendo os adestramentos de Lucía que algúns son moi intensos”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Preocúpame o estado físico no caso de volver. O adestramentos de Lucía non son os mesmos que os facemos en Abegondo. Tes esa preocupación por como volverás e como che afectará este parón”.

“Estamos á espera de que nos diga algo o club”

Pola súa parte, analizou a posibilidade de que o Deportivo aplique medidas como unha redución salarial aos seus futbolistas ou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) aos seus traballadores para cadrar as contas: “En todos os sectores están a aplicarse ERTES, é algo lóxico. Temos que amoldarnos e adaptarnos e son medidas que se teñen que tomar. Nós estamos á espera de que nos diga algo o club. Esperemos que nos avisen antes de que se faga oficial, se se dá o caso. Se se fai un ERTE son medidas que se teñen que tomar e todos temos que poñer da nosa parte. O club sempre nos tratou ben e seguro que non será menos agora”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Temos que amoldarnos e adaptarnos e son medidas que se teñen que tomar. Nós estamos á espera de que nos diga algo o club”.

campaña nadal hospital Deportivo ABANCA Iris e Tere
Iris Arnaiz na campaña de nadal do Deportivo | RCD

Ademais, confia que en que non se vexan afectadas as medidas adoptadas no Convenio Colectivo a principios deste ano: “Non creo que perigen as medidas adoptadas no Convenio Colectivo. Esperamos que esta situación acabe canto antes e que afecte o menos posible ao Convenio, polo ben de todas”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Non creo que perigen as medidas adoptadas no Convenio Colectivo. Esperamos que esta situación acabe canto antes e que afecte o menos posible ao Convenio, polo ben de todas”.

“Anular a Liga sería inxusto para moitos equipos”

A centrocampista astur recoñeceu que lle rematar a Liga: “A min gustaríame acabar de xogar a Liga sempre que haxa a seguridade e a certeza de que non lle pase nada a ninguna xogadora nin espectador. Anulala sería inxusto para moitos clubs e para o resto de categorías que están pendentes de ascensos e descensos”.

Iris Arnáiz, xogadora do Dépor: “Anular a Liga sería inxusto para moitos clubs e para o resto de categorías que están pendentes de ascensos e descensos”.

Etiquetas COVID19DéporDépor ABANCADeportivo ABancaIris ArnáizLiga Iberdrola
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.