Iris Arnaiz Gil (Gijón, 18 de maio de 1994) renovou como xogadora do Deportivo ABANCA por unha campaña máis, ata o final do curso 2021-2022. O pasado mes de decembro, a centrocampista asturiana xa asinara a súa vinculación co equipo branquiazul ata a conclusión da tempada 2020-2021, coa posibilidade de seguir un curso máis, ata xuño de 2022.
Iris aterrou no Dépor ABANCA, procedente do Oviedo Moderno CF, no verán de 2017, polo que a próxima será a súa cuarta campaña nas filas deportivistas. Desde a súa chegada é unha peza indispensable para o técnico Manu Sánchez e mesmo alcanzou a capitanía, disputando ata o momento 74 partidos nos que anotou 11 goles. Eses 74 partidos (19 en Primeira Iberdrola, 49 en Segunda División Nacional, 4 de promoción de ascenso a Primeira Iberdrola e 2 de Copa da Raíña) converten a Iris na sexta xogadora con máis encontros oficiais coa camiseta branquiazul. Nesta clasificación, por diante da Iris unicamente atópanse Teresa Abelleira (92), Cris (85), Gaby (84), Peke (77) e Nuria (76).
https://twitter.com/IrisArnaiz/status/1293891364455952384?s=20