• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Iris Arnaiz: “Mellor un punto que ningún”

A central do Dépor ABANCA analiza cunha nota positiva o empate conseguido ante o Eibar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/02/2021
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Iris Arnaiz, do Dépor ABANCA / IRIS ARNAIZ TW

Iris Arnaiz, do Dépor ABANCA / IRIS ARNAIZ TW

134
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA non conseguiu marcar gol ante a SD Eibar, pero como parte positiva, tampouco o conseguiron as rivais. Un empate 0-0 que fai que as branquiazuis deixen de ser colistas, pero pon a permanencia a cuatro puntos de distancia. “Mellor un punto que ningún”, valoraba no postpartido Iris Arnaiz.

A central deportivista quixo quedarse en rolda de prensa coa parte positiva deste partido. Malia admitir que non puideron levar a cabo o plan que tiñan pensado para vecer ás vascas, Iris recalcou que este é “un punto que podemos facer bo o domingo”.

Esta fin de semana as deportivistas enfrontaranse ao Betis, actual farolillo vermello da clasificación, nun encontro que pode ser determinante na apretada loita por non descender.

Iris Arnaiz: “Queremos vernos fóra do descenso o antes posible”

“Queremos vernos fóra do descenso o antes posible”, recordou a futbolista. Durante a maior parte da tempada, o Dépor ABANCA ocupou o último posto, algo que afectou aos ánimos do plantel branquiazul.

Iris Arnaiz, Dépor ABANCA / RCD
Iris Arnaiz, Dépor ABANCA / RCD

Pero o equipo está traballando moito e duramente para revertir a situación e Iris Arnaiz apunta que “vimos con ganas a adestrar e intentemos mellorar pouco a pouco. Penso que se está demostrando a melloría e quedan partidos contra rivais directos que temos que ganar si ou si”.

Segundo apunta a futbolista, o equipo reaccionou tras o partido ante o Granadilla: “Foi un cambio de chip de todas”, expresaba. Nese punto da tempada o plantel deportivista viu “que non podiamos ir a peor e só quedaba mellorar”. A partir dese momento, a intensidade nos adestramentos e nos partidos aumentou.

“Estamos convencidas de que dentro de pouco sairemos de aí abaixo e manteremos a categoría, que é o obxectivo principal”, afirmaba Iris.

Iris Arnaiz: “Estamos convencidas de que dentro de pouco sairemos de aí abaixo e manteremos a categoría, que é o obxectivo principal”

Plan truncado

Parte das claves para saír da zona baixa pasa por evitar quedarse atraás e ser quen de xogar no medio do campo, evitando as bandas “porque estaban mal para xogar xa que estaban húmidas”.

Debido ás condicións climatolóxicas que están afectando á cidade de A Coruña estes últimos días, a herba en Abegondo fixo que o campo estivese “irregular e facíase pesado”. A isto engadiuse o feito de ter que disputar moitos partidos en pouco tempo, que fai que “nos pesen as pernas a todas”.

Porén, renderse non está no vocabulario branquiazul e Iris Arnaiz apuntou qeue “sabiamos ao que se ía adicar o Eibar, pero é verdade que non puidemos facer o plan que tiñamos en mente”.

Un dos obxectivos para puntuar neste encontro pasaba por frear á dianteira visitante Thembi Kgatlana. En palabras da central, a sudafricana é “se non a mellor, das mellores xogadoras que hai agora mesmo na Liga Iberdrola. Manu pediunos que estivesemos atentas a ela”.

Caracterizada pola súa velocidade, Kgatlana foi a única capaz de facer que o balón tocase a rede neste partido. Para sorte das coruñesas, foi tras un fóra de xogo, polo que o tanto non subiu ao marcador.

Durante o resto do partido, a dianteira viuse bastante bloqueada. “É unha xogadora moi rápida e se se xira estás practicamente morta porque é moi difícli alcanzala. Pediunos (por Manu Sánchez) que estivesemos enriba dela, sen que xirase e evitar as contras. Creo que saíu bastante ben, non meteron gol e nos quedamos con iso”, resume Iris.

Iris síntese cómoda como central

Neste partido, como comeza a ser habitual no debuxo de Manu Sánchez é a posición de Iris Arnaiz como central. Isto non é unha novidade para a asturiana, que xa xogou nesta zona na fase de ascenso a Liga Iberdrola.

“Con Esther enténdome moi ben e Ainoa ten calidades de sobra para xogar no medio e creo que está facendo un bo papel, sobre todo despois de todo o tempo que estivo parada”, declarou en relación ás súas compañeiras con este cambio nas posicións.

Sexa como central ou noutra área do céspede, Arnaiz ten claro que o que quere é “xogar. Se Manu considera que teño que xogar aí o farei o mellor posible e intentarei mellorar, sobre todo en defensa. Polo momento xa levamos dous partidos con porteria a 0 que é moi importante”, racalca.

Iris, Dépor ABANCA / RCD
Iris Arnaiz / RCD

De cara ao que resta de tempada, Iris espera que “as cousas saian ben polo menos a defensa e ver se arriba temos a sorte que tivemos o outro día contra o Santa Teresa, que metimos tres goles pero poderían ter sido moitos máis. Creo que o traballo defensivo está mellorando. Se non te marcan gol, deixas a portería a 0 e se marcas ti tes os 3 puntos, así que pouco a pouco”, remata convencida.

 

O Dépor ABANCA deixa de ser colista, pero non afianza a permanencia

Etiquetas Dépor ABANCAdeportivofútbolIrisIris ArnáizLiga Iberdrola FútbolRC DeportivoSD Eibar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a “I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala”

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.