• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Irene Trabazo proclámase campioa en categoría elite na Copa Galicia de Ciclocrós 2020

A corredora de Marín gañou todas as probas, tamén a última | Maceda coroou aos quince bikers gañadores finais da competición

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/12/2020
en Sobre rodas, Máis Deporte
Irene Trabazo no alto do podio de elite feminina no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense / FGC

Irene Trabazo no alto do podio de elite feminina no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense / FGC

0
COMPARTIDOS
49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Irene Trabazo non defraudou e volveu gañar na última das probas da Copa Galicia de Ciclocrós 2020. A deportista de Marín foi vencedora en todos os circuítos e proclámase así, campioa indiscutible da cita ciclista.

A edición da Copa Galicia de Ciclocrós marcada pola COVID-19, cun calendario reducido e con estritos protocolos, pechouse este domingo na localidade ourensá de Maceda con quince gañadores finais. Irene Trabazo (XSM) e Saúl López (Academia Postal-Maceda) certificaron os seus títulos na categoría elite impoñéndose nesta quinta e última xornada. A coroa por equipos do certame autonómico correspondeu neste 2020 ao Avanza-O Porriño.

A diferenza do acontecido o día anterior no Porriño, o barro non xogou un papel determinante no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense. O cambio de escenario non impediu que Irene Trabazo e Saúl López repetiran os éxitos da véspera.

Xiana Conde e María Jesús Barros acompañaron a Irene Trabazo no podio

A marinense Irene Trabazo selou o seu pleno de triunfos na Copa 2020 batendo á sub23 Carla Fernández (Río Miera) e no podio elite estivo escoltada por Xiana Conde (Academia Postal-Maceda) e María Jésus Barros (Spol), segunda e terceira respectivamente na categoría raíña feminina.

Aínda que a Saúl López lle bastaba con rematar terceiro para adxudicarse por segundo ano consecutivo o ranking elite masculino, o monfortino saíu mentalizado para conseguir a súa terceira vitoria da temporada. Na proba organizada polo seu club, o representante do Academia Postal-Maceda rodou nas dúas primeiras voltas xunto ao segundo clasificado na xeral, Daniel López (Cambre-Renault Caeiro), e a Brais Sendín (Louriña).

Podio elite masculina no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense / FGC
Podio elite masculina no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense / FGC

O líder puxo terra de por medio no terceiro xiro ao circuíto do Castelo e acabaría vencendo con 35 segundos de vantaxe, mentres que os seus perseguidores mantiveron ata a sétima e última volta un pulso que se decantou a prol do coruñés do Cambre. A orde de entrada na liña de meta resultou idéntica á da resolución do ranking elite da Copa.

As/os ciclistas vencedores da Copa Galicia no resto de categorías

No resto de categorías as corredoras e corredores que recibiron os últimos maillots de líderes do certame autonómico foron Uxía Soto (Avanza) e André Martínez (Avanza) en cadetes, Laura Mira (Avanza) e Miguel Rodríguez (Ponteareas) en juniors, Carla Fernández e David Fernández (Avanza) en sub23, Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) e Rubén Deaño (Ourense Termal) en máster-30, Sonia Costoya (Corbelo) e José Rodríguez ‘Tami’ (Norinver) en máster-40, José María Magariños (Condado Bike) nos máster-50 e Constante Lestido (O Trisquel) nos máster-60.

A nómina de campións da Copa coincidiu coa de gañadores da última xornada, excepto en tres grupos de idade. María Filgueiras (Caimanes de Betanzos) anotouse o triunfo nas cadetes, Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) foi o máis forte nos máster-40 e Juan José Saborido (Speedcross), nos máster-50.

Os catro títulos individuais conquistados pola A.D. Avanza chegaron acompañados da vitoria por equipos e coa presenza do club porriñés no podio baixouse o pano desta edición comprimida da Copa.

Nun mes celebráronse cinco citas (Marín, Sanxenxo, Santiago de Compostela, O Porriño e Maceda), todas elas sen público. O ciclocrós autonómico despedirá a súa temporada 2020 coa disputa do Campionato de Galicia o vindeiro domingo en Ferrol.

Copa de Galicia, Ciclocross BOIRO / FGC
Copa de Galicia, Ciclocross BOIRO / FGC
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

  Ourense Envialia e Viaxes Amarelle FSF ofreceron un gran espectáculo de cinco contra cinco que puido seguirse a través...

Carlos Cantero puido dar minutos a xogadoras moi novas como Yashina Lebron, Paula Hoyuelos e Maite Franco / ENSINO LUGO

Exhibición do Ensino diante do Casademont Zaragoza (88-55)

por Redacción As Nosas
16/01/2021
0

  O Durán Maquinaria Ensino luciuse ante o Casademont Zaragoza ao que venceu por 33 puntos de vantaxe (88-55). Volveuse...

Dez asociacións que traballan en prol da inclusión social utilizan na actualidade as instalacións deportivas municipais / CONCELLO DA CORUÑA

O deporte como ferramenta de inclusión social

por Redacción As Nosas
16/01/2021
0

  Ata dez colectivos que traballan na inclusión social na cidade herculina benefícianse dunha colaboración co Concello da Coruña para...

Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen e Paula Barceló prepáranse para Tokio en Lanzarote

por Redacción As Nosas
16/01/2021
0

  O equipo olímpico español de vela, no que está Támara Echegoyen, adestra xunto a tripulacións internacionais en Lanzarote. A...

HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

O Borbolla viaxa a Girona coa mirada posta na segunda parte da competición

por Silvia Carregal
16/01/2021
0

  Esta tarde de sábado (16 de xaneiro) ás 20:00 horas celébrase de xeito unificado toda a xornada da OK...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

17/01/2021
Carlos Cantero puido dar minutos a xogadoras moi novas como Yashina Lebron, Paula Hoyuelos e Maite Franco / ENSINO LUGO

Exhibición do Ensino diante do Casademont Zaragoza (88-55)

16/01/2021
Dez asociacións que traballan en prol da inclusión social utilizan na actualidade as instalacións deportivas municipais / CONCELLO DA CORUÑA

O deporte como ferramenta de inclusión social

16/01/2021
Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen e Paula Barceló prepáranse para Tokio en Lanzarote

16/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.