A levantadora coruñesa Irene Martínez acudirá ao Mundial de Halterofilia. A deportista, pertencente á disciplina do Club Halterofilia Coruña, estará acompañada por outro galego e compañeiro de club, Víctor Castro.
Ver esta publicación en Instagram
O seleccionador estatal, Víctor Galván, fixo pública a súa primeira lista de deportistas convodadas para acudir ao Campionato do Mundo absoluto. A cita deportiva terá lugar na capital de Uzbekistán, Taskent, do 7 ao 17 de decembro. A relación de deportistas convocadas para as categorías femininas é:
- María J. Giménez (49 kg) (Primeira participación nun Mundial absoluto)
- Atenery Hernández (55 kg)
- Irene Martínez (59 kg)
- Ilia Hernández (71 kg). (Primeira participación nun Mundial absoluto)
Nas categorías masculinas a lista está conformada por:
- Acorán Hernández (67 kg)
- Víctor Castro (67 kg)
- Ismail Jamali (73 kg). Primera participación en un mundial absoluto.
- Andrés E. Mata (81 kg)
- Josué Brachi (55 kg) (reserva).
Descoñécese a lista de deportistas inscritos por parte do resto de países polo que ata que a Federación Internacional de Halterofilia non facilite o dato de persoas participantes faise complicado anticipar as posibilidades da representación española, e polo tanto tamén a galega.
Tanto Irene Martínez como Víctor Castro non son novatos no que á disputa de Mundiais de Halterofilia se refire. Ambos os dous deportistas do CH Coruña acadaron as marcas mínimas para participar neste Campionato do Mundo na cuarta xornada da Liga Galega que tivo lugar hai pouco na localidade de Tordoia.
Ver esta publicación en Instagram
Irene Martínez semella estar totalmente recuperada dos problemas no pulso que a tiveron alonxada da competición tempo atrás, limitando a súa progresión.