• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Irene Martínez retorna á competición cun sétimo posto na Copa de España de Halterofilia

Lydia Valentín foi a campioa | A tamén galega Irene Blanco renunciou a participar para preparar o Mundial Junior que disputará en Rumanía | Na cita estiveron ademais Víctor Castro e Martín Liste do CH Coruña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/02/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Irene Martínez, Víctor Castro e Martín Liste, na XVIII Copa de España de Halterofilia / CH Coruña

Irene Martínez, Víctor Castro e Martín Liste, na XVIII Copa de España de Halterofilia / CH Coruña

177
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O polideportivo municipal da localidade leonesa de Camponaraya  acolleu a XVIII Copa de España de Halterofilia femenina e masculina. A campioa olímpica, Lydia Valentín, foi a vencedora dunha proba na que a galega Irene Martínez, que regresaba á competición logo dunha lesión, acadou a sétima praza.

A este evento deportivo poden acudir as 15 mellores levantadoras e os 15 mellores levantadores. En total, os 30 mellores deportistas segundo o ránking nacional da Federación Española de Halterofilia.

Irene Martínez na XVIII Copa de España de Halterofilia
Irene Martínez na XVIII Copa de España de Halterofilia

No caso galego, catro foron as persoas clasificadas para a cita, dúas mulleres (Irene Martínez e Irene Blanco) e dous homes (Víctor Castro e Martín Liste), todas elas do Club Halterofilia Coruña.

Irene Martínez na XVIII Copa de España de Halterofilia
Irene Martínez na XVIII Copa de España de Halterofilia

Trátase, polo tanto, dunha das competicións de maior nivel no ámbito estatal. Este ano, a Copa de España foi tamén unha das probas clasificatorias que a dirección técnica da Real Federación Española de Halterofilia vai utilizar para definir o equipo nacional que participará no Campionato de Europa Absoluto de Moscú (Rusia) do próximo mes de abril. Dita selección farase pública nas próximas semanas. O galego Víctor Castro parece ter boas opcións para entrar na selección.

Con so seis semanas de adestramento a coruñesa Irene Martínez presentou batalla nesta importante cita estatal. A galega tivo unha lesión no pulso que lle obligou a pasar por quirófano. Con todo, acadou un meritorio sétimo lugar no seu retorno á competición no alto nivel español.

As cifras de Irene Martínez foron as seguintes: 84 kg. en arrancada, 90 kg. en dous tempos, 174 kg. no total olímpico e unha puntuación Sinclair 237,08.

Lydia Valentín, triunfou entre os seus paisanos que encheron o pavillón

Segundo explican desde a Federación Española de Halterofilia, a localidade berciana de Camponaraya foi testemuña de luxo nunha das edicións da Copa de España con maior afluencia de público que se lembra. Non foi casualidade, xa que, Lydia Valentín, campioa Olímpica, Mundial e Europea e natural de Camponaraya, foi un imán para os seus paisanos, o que provocou que o Pavillón Municipal de Deportes do pobo quedase pequeno, enchéndose as súas 400 prazas.

Lydia Valentín non defraudou aos seus vecinos e, con 224 kg. conseguidos en total olímpico, obtivo unha puntuación Sinclair de 266,81, o que lle permitiu gañar na súa terra natal a XVIII Copa de España.

O podio estivo completado pola madrileña Ana de Gregorio, con 198 kg. en total olímpico e 257,34 puntos Sinclair e moi preto, en terceiro lugar, pola asturiana Olga Mª Fernández, con 251,42 puntos Sinclair obtidos grazas a un total olímpico de 161 kg.

Irene Blanco Tarela renunciu a acudir para preparar mellor o Mundial

A haltera coruñesa, Irene Blanco Tarela, non foi nesta ocasión da partida pese a estar clasificada para a Copa de España por ránking. A deportista do Club Halterofilia Coruña está concentrada na preparación da súa próxima cita internacional. Non quixo interromper o seu adestramento de cara ao Campionato do Mundo Junior que terá lugar en Bucarest.

A galega xa está confirmada pola Federación Española de Halterofilia como a haltera seleccionada para acudir a esta importante cita do calendario internacional que acolle Romanía.

Así foi a actuación dos galegos Víctor Castro e Martín Liste

Entre os halteras galegos masculinos Víctor Castro foi quen de acadar o sexto lugar, mentres que Martín Liste finalizou a competición no posto noveno. O principal favorito, o canario Andrés E. Mata, non tivo unha boa actuación e, debido a unha lesión nun dos seus xeonllos, non puido completar ningún intento en arrancada, o que provocou que quedase eliminado da competición. O seu máximo rival, o andaluz David Sánchez, soubo aproveitar a oportunidade e, grazas á súa xenial competición, obtivo a primeira posición cun total olímpico de 317 kg e unha puntuación Sinclair de 402, 54 kg.

Tal e como informa a RFEH, en segunda posición terminou o asturiano Alberto Fernández, con 397,88 puntos Sinclair, grazas ao 330 kg que sumou en total olímpico. Por último, en terceiro lugar acabou o canario Acorán Hernández, con 295 kg. en total olímpico e 393,00 puntos Sinclair.

Consulta aquí todos os resultados da XVIII Copa de España absoluta de Halterofilia nos que figura Irene Martínez

Etiquetas CH CoruñaClub Halterofilia CoruñahalterofiliaIrene BlancoIrene Martínez
Comparte9Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Xiana Pérez Brión, campioa no estatal Sub-17 de halterofilia / CLUB HALTEROFILIA CAMBRE

Digna Silo e Xiana Pérez, campioas de España de halterofila Sub-17

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  Dúas halteras galegas acadan o título de campioas de España para a categoría Sub-17: Digna Silo (CH Coruña) (-77kg)...

As galegas Irene Blanco e Uxía Romero coas medallas acadadas no Campionato de Europa de halterofilia Sub-23 e Junior respectivamente / FEDERACIÓN GALEGA DE HALTEROFILIA

Irene Blanco, campioa de Europa Sub-23 de halterofilia en arrancada e total olímpico en -76kg

por Redacción As Nosas
03/11/2024
0

  A haltera galega Irene Blanco do Club Halterofilia Coruña conseguiu proclamarse campioa de Europa Sub-23 en -76kg nas modalidades...

Irene Blanco, Irene Martínez, Digna Silo, Martín Liste co seu adestrador Ferenc Szabo / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste, na Copa de España de Halterofilia

por Redacción As Nosas
21/04/2024
0

  Os halteras do Club Halterofilia Coruña Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste particiaparon na Copa de...

Expedición coruñesa á Soroksár Cup / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Éxito na participación do Club Halterofilia Coruña na Copa Soroksár de Budapest

por Redacción As Nosas
14/04/2024
0

  O Club Halterofilia Coruña participou con éxito na Copa Soroksár con dúas halteras femininas e dous masculinos.  Budapest, a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.