Sabor doce e amargo para a haltera galega Irene Martínez que finaliza sexta no Campionato de Europa absoluto pero acariña o récord de España. En total España presentouse neste Europeo con 14 deportistas conformando a Selección Española de halterofilia: 5 deportistas masculinos e 9 deportistas féminas entre as que está a galega.
Esta semana celébranse as competicións en Ereván, Armenia, do Campionato de Europa Absoluto de Halterofilia, clasificatoria para os Xogos Olímpicos de París 2024. Entre as 23 participantes da categoría de peso corporal de 59 quilos, actuou a deportista coruñesa Martínez Santiago.
Na súa modalidade máis forte, a de arrancada conseguiu realizar dous intentos válidos dos tres dispoñibles e os 90 quilos levantados. Irene Martínez quedou a tan só 1 quilo do seu mellor rexistro nesta categoría. Esta actuación clasificouna no sexto posto do concurso.
Na modalidade de dous tempos, a súa modalidade menos competente, Irene Martínez apostou forte e arrincou con 105, a tan só 2 quilos da súa marca persoal. Realizouno con facilidade, pero logo non a acompañou a sorte nos seus dous intentos seguintes con 108 quilos que supoñía récord de España no total olímpico.
As clasificacións finais de Irene Martínez neste Europeo foron:
- Arrancada 6.
- Dous Tempos 11.
- Total Olímpico 9.