O II Meeting Desafío Nerja 2021 resultou no éxito galego coa nova marca de Irene Gómez. A lanzadora do Valencia Club Atletismo rompeu o récord galego sub20 e sub23 en lanzamento de martelo alcanzando os 60.17 metros, segundo informa a Federación Galega de Atletismo.
Con esta marca lograda no meeting, Gómez lidera o ránking nacional e acada a terceira mellor marca nesta proba a nivel estatal, só por detrás dos 65.70 de Berta Castells do 2016 e os 61.46 de Gema Martí. Así mesmo, superar os 60 metros serviulle á galega para colgarse o ouro, superando a Aintana Safont por preto sete metros e a María del Carmen Sanz por algo máis dos sete metros.