De cara a vindeira tempada, o Poio Pescamar segue a confiar no seu plantel. Ás renovacións de Caridad e Ana Rivera engádense as de Irene García, Dani Sousa e Luci.
Estas tres xogadoras continuarán ás ordes de Manu Cossío no seguinte curso da Primera División de fútbol sala. Sousa e García cumprirán desta maneira a súa cuarta tempada como vermellas, mentres que Luci estreará o seu segundo ano.
A brasileira convértese con esta renovación nunha das veterás do Poio Pescamar, sendo ademais unha das pivotes máis destacadas da categoría de ouro. No caso de Luci, a futbolista seguirá vestida de vermella no equipo ao que chegou despois de competir co Burela.
Pola súa banda, a peche Irene García perfílase tamén como unha das veterás do equipo malia a súa xuventude, e grazas as súas excelentes actuacións puido debutar coa Selección Española neste curso.