• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras ve a visita do CD Juan Grande Ginelux como un “partido trampa porque é un equipo que está a competir moi ben”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/05/2023
en Primera Federación, Fútbol
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

81
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Irene Ferreras non se fía do CD Juan Grande Ginelux por moito que sexa o pechacancelas.

A adestradora do Dépor ABANCA cualificou en rolda de prensa o partido deste domingo 7 de maio en Abegondo (12:00 horas, Youtube RC Deportivo) ante o CD Juan Grande Ginelux como “trampa porque é un equipo que está a competir moi ben, resultados moi axustados…”

Vaticina a técnica do Dépor ABANCA un rival “con moito descaro, con poucos complexos. Vai ser agresivo, vai presionar, a tentar provocarnos algunha situación incómoda no partido e máis aló da clasificación e de entender que xogamos contra o último clasificado e que xa ten a categoría perdida, temos que enfocalo desde entender ben os momentos do partido, de interpretar ben o que toca en cada momento porque iso é o que nos vai a dar soltura, o que nos vai a permitir atoparnos, ir crecendo e mostrar unha boa versión”.

Engade Irene Ferreras que o conxunto canario do CD Juan Grande Ginelux é “un equipo que séntese cómodo nesas situacións de duelos individuais a nivel defensivo, que se non sabemos interpretar ben onde están os espazos, pódennos xerar perdas que nos incomoden. Imos tentar facer unha boa lectura do que expoña o rival, que en principio e a priori van ser esas as súas armas”.

Advirte Irene Ferreras que “cando non te xogas nada tes ese descaro que che fai xogar sen medo e sen complexos”. Na opinión da adestradora madrileña o conxunto isleño “ten boas futbolistas arriba, transita moi ben, é perigoso tamén en balón parado ofensivo. Ten armas e ten facetas onde pódenche incomodar”.

Irene Ferreras: “Temos que entrar no partido enchufadas mostrando o que nos xogamos”

Puxo Irene Ferreras o acento no xogo propio: “Nós temos que reducir todas esas fortalezas desde ter a pelota, o control do xogo, desde xogar con soltura pero tamén con respecto e desde sobre todo entrar no partido moi enchufadas e mostrando desde o primeiro momento o que nos estamos xogando”.

Irene Ferreras admitiu que esta semana, despois da vitoria en Madrid ante o Rayo Vallecano, foi “loxicamente moi distinta á semana pasada. Vivimos de resultados e animicamente é outra cousa. Despois dunha derrota dura como foi a do Real Oviedo, o equipo fixo unha demostración da capacidade que ten, competimos moi ben un partido moi complicado, sacamos un gran resultado e dános moral para afrontar o que vén agora, que é importante. Só pensamos no CD Juan Grande e niso estamos”.

Con sobrada experiencia na máxima categoría do fútbol feminino, quere trasladar a falta de dúas xornadas “a mensaxe de que só temos un partido. Non quero falar de que quedan 2 porque a cabeza nos leva a que pode pasar a última xornada e realmente todo iso non importa se nós non sacamos os 3 puntos aquí en casa. Enfocámolo desde que nos queda un partido, desde que toda a nosa atención e toda a nosa concentración está posta niso. Non se pode mirar máis aló diso”.

Así pois, insiste en “a mensaxe do día a día é presente, adestrar hoxe, seguir preparando o partido, que o equipo chegue con todo o máis controlado posible e logo que salgamos moi enchufados desde o principio, que podamos conectar á nosa afección desde o primeiro momento, que salgamos con enerxía para poder enchufalos a eles tamén e que xeremos esa sinerxía en Abegondo que nos empuxou durante toda a temporada, que nos levou á situación na que estamos”.

O Dépor ABANCA confía nos folgos da afección

A desta xornada é a última cita ligueira do Dépor ABANCA na Cidade Deportiva de Abegondo diante da súa incondicional afección: #ANOSAFORZA. Nese sentido, Irene Ferreras repetiu en rolda de prensa a “importancia que ten para nós. Sabemos que no último partido (ante o Real Oviedo) non estivemos á altura, non soubemos conectar un pouco esa calor e esa enerxía que nos ofreceu sempre; e nós imos facer nosa parte, que é saír súper metidas no partido, acertar nas accións, mostrar ambición, mostrar carácter, mostrar personalidade, que séntanse identificados, que a partir de aí axúdennos a roubar cada pelota, a empuxar cada pelota á rede cando haxa que facelo”.

Apunta Irene Ferreras que As Nosas esperan “poder brindar unha vitoria que nos poña as cousas bonitas de cara ao que quede, pero, como non sabemos aínda se é para despedirnos ou non, poder pechar polo menos a temporada regular con moi boas sensacións todos xuntos”.

Ante o CD Juan Grande toca gañar

Márcase como “obxectivo prioritario” vencer este domingo ao CD Juan Grande Ginelux “e logo veremos as contas que hai que botar. O discurso de toda a temporada foi o play-off. Creo que se non o temos asegurado matematicamente témolo de maneira virtual. Agora xa non é momento de conformarse, é momento de dar un paso adiante, de non fallar en casa, de gañar 3 puntos, de facelo ben, de demostrar o carácter que tivemos o outro día, que creo que fixemos un dos partidos máis completos da temporada pola súa dificultade e polo ben que entendemos as situacións do xogo”.

“Só quero pensar no CD Juan Grande porque todo o que non sexa sumar aquí 3 puntos afástanos de calquera tipo de cálculo que nos poida esperanzar a iso”, advertía Ferreras.

Tamén pedía a adestradora deportivista “afastar os nosos pensamentos dos demais equipos, do que vaian facer ou deixen de facer, porque nos fai perder o foco no realmente importante, que é como temos que estar nós. Temos que ser as protagonistas da nosa historia. Daquela o fútbol e a competición dirannos onde nos colocamos e o que toca facer no seguinte paso; pero agora estar centradas no noso, CD Juan Grande”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Sei que a última xornada hai enfrontamentos directos, que nos poden favorecer ou non. Non vivo pensando en que ningún dos rivais van picar porque ao final sería estar a me agarrar a unhas ilusións que non dependen de min. O que depende de nós é facer un bo partido o domingo, gañar e a partir de aí xa veremos”.

Irene Ferreras non bota contas: “Sei que a última xornada hai enfrontamentos directos, que nos poden favorecer ou non. Non vivo pensando en que ningún dos rivais van picar porque ao final sería estar a me agarrar a unhas ilusións que non dependen de min. O que depende de nós é facer un bo partido o domingo, gañar e a partir de aí xa veremos”.

Etiquetas AbegondoDépor ABANCAfútbolIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.