• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras: “Riazor é un bo escaparate para que nas xornadas seguintes veña máis xente a Abegondo”

Na opinión da adestradora do Dépor ABANCA o equipo ten "a responsabilidade de dar unha boa imaxe, de competir ben, de xerar algo dentro dos deportivistas que veñan vernos"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/11/2023
en Fútbol, Primera Federación
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / @RAULFC_FILM

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / @RAULFC_FILM

215
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As Nosas volven ao Estadio ABANCA-Riazor e o club quere que sexa unha festa do fútbol e do deportivismo.  Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA é consciente da oportunidade que supón xogar no templo herculino: “É un escaparate para que nas xornadas seguintes veña máis xente a Abegondo e por suposto para ver que esa posibilidade de xogar en ABANCA-RIAZOR pódese dar en máis ocasións”, declaraba a adestradora na previa do partido do domingo da Primera Federación contra do  Deportivo Alavés Gloriosas.

Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas en Riazor / @RAULFC_FILM
Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas en Riazor / @RAULFC_FILM

O Estadio ABANCA-Riazor acolle As Nosas o vindeiro domingo 12 de novembro a partir das 17:00 horas nun partido que será transmitid pola canle de Youtube do RC Deportivo. Na opinión de  Irene Ferreras a cita leva aparellada a “responsabilidade de dar unha boa imaxe, de competir ben, de xerar algo dentro dos deportivistas que veñan vernos”.

A preparadora do Dépor ABANCA admite tamén que esta semana de traballo foi “moi especial cando tes a posibilidade de pisar un escenario así, sabendo que vai vir máis xente do habitual do que estamos afeitas”. No entanto, asegura que “o preparamos con normalidade porque son 3 puntos, temos que tentar seguir coa boa dinámica e sobre todo en casa, aínda que cambiemos de escenario, seguir fortes. O equipo sempre tivo moi bos números en casa e queremos seguir facéndoo ben”.

Dépor ABANCA e Deportivo Alavés Gloriosas xa xogaron este ano no Teresa Herrera

A adestradora deportivista Irene Ferreras advirte que o Deportivo Alavés Gloriosas, “a pesar de non ter os mellores resultados neste inicio é un dos candidatos ao ascenso e ímolo a ter difícil”.

Esta non é a primeira vez que Dépor ABANCA e  Deportivo Alavés Gloriosas se enfrontan neste curso. Xa no último Trofeo Teresa Herrera deuse este cruce. Daquela o triunfo foi para as galegas que venceron o XI Trofeo Teresa Herrera ao gañar por 2-0 tamén no Estadio ABANCA-Riazor.

Paula Gutiérrez, do Dépor ABANCA, Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM
Paula Gutiérrez, do Dépor ABANCA, Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Na previa deste novo cruce, Irene Ferreras era cauta. Advertía que este rival “mudou moito” respecto ao pasado mes de agosto cando coincidiron no mesmo escenario en pretempada.

Explicaba a adestradora madrileña que a proposta inicial “é a mesma pero o proceso xa está máis avanzado. É un equipo que ten moito máis claro as cousas que quere propor. Vai tentar tamén quitarnos o balón, ademais é un escenario onde imos poder ver a dous equipos atrevidos e cun fútbol atractivo. Tamén é é positivo nese sentido. E imos tentar impornos a elas. É un equipo que non sumou os mellores resultados, pero que vén facendo as cousas moi ben e que estou convencida de que reverterá a situación. Imos tentar que non sexa este domingo, que se lles alargue un pouquiño máis”.

Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas / @RAULFC_FILM
Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas / @RAULFC_FILM

Considera Irene Ferreras que o feito de “ter o alento da nosa xente detrás, máis do habitual, é un extra de motivación para as futbolistas e para nós”; á vez que pide “xestionar iso ben, gozalo, facer un bo partido, estar centradas no fútbol e no que demandan os momentos do partido. Oxalá que lle podamos dar esa alegría á afección e poder gozala con ela”.

Xogar en Riazor non é un extra de presión

Non ve Irene Ferreras un extra de presión para As Nosas deportivistas por xogar en ABANCA-RIAZOR porque reitera que “somos un equipo esixido desde o día 1. Independentemente de onde xoguemos temos a esixencia e o obxectivo de sumar de 3 en 3. Estamos a tentar adaptarnos ben a calquera tipo de contexto, xa sexa fóra de casa, con menos xente e en campos que nos condicionasen un pouquiño máis”.

Explicaba Ferreras que en Riazor “temos un aliciente moi positivo. Non creo que sexa presión, todo o contrario, que estas futbolistas poidan sentir ese alento detrás e ese escenario só pódenos dar cousas boas. Somos todos humanos e humanas e seguramente teremos un nervio aí diferente, pero estas cousas tamén son as cousas bonitas do deporte, o poder experimentar cousas diferentes”.

Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas en Riazor / @RAULFC_FILM
Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas en Riazor / @RAULFC_FILM

Promete “pór todas os 5 sentidos en facer cada unha o seu parte para que as cousas saian ben. E logo xa o fútbol falará, pero a realidade é que as sensacións son moi boas e o equipo está moi ben”, declaraba en rolda de prensa a preparadora do equipo galego.

 

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolIrene FerrerasRiazor
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.