• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras: “Respectamos ao rival, pero sobre todo cremos nas nosas fortalezas”

"Afrontamos, sabendo que é o líder da liga e que queremos gañarlle para pornos líderes nós", admite

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/03/2023
en Fútbol, Primera Federación
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

76
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Irene Ferreras, adestradora do  Dépor ABANCA, considera ao Barça B, seguinte rival das deportivistas e actuais líderes “un rival máis”. “Respectamos ao rival, pero sobre todo cremos nas nosas fortalezas”, manifestaba na rolda de prensa previa ao partido co filial blaugrana. O cruce será o sábado 18 ás 12:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo e poderá verse ao vivo na cancha e tamén a través da canle de YouTube do RC Deportivo.

O FC Barcelona B é “un rival máis. Así o afrontamos, sabendo que é o líder da liga e que queremos gañarlle para pornos líderes nós. Vimos que era un equipo que lle podía ir quitando puntos aos nosos rivais directos, pero agora tócanos a nós enfrontarnos a elas e así o afrontamos”, explicaba a adestradora deportivista ante os medios.

Explicaba Irene Ferreras que as azulgrana teñen moitas fortalezas: “Todos recoñecemos o estilo Barça. Temos que facer un partido moi serio desde a intelixencia táctica a nivel defensivo, decidir ben os momentos do partido, decidir cando hai que ser agresivas en presión, cando temos que estar un pouco máis xuntiñas. É un partido de matices. Vexo un Dépor ABANCA con moitos máis recursos para facerlles dano. Respectamos ao rival, pero sobre todo cremos nas nosas fortalezas”.

Destaca do Barça B, que chega a Abegondo após caer no seu campo (1-2) ante o CDF Osasuna, que “mestura talento e formación. Todos sabemos o ben que se traballa na canteira do FC Barcelona. Son xogadoras que agora expoñen o traballo de moitos anos na canteira e evidentemente o seu staff técnico está a facer un gran traballo. Todas esas xogadoras evolucionan pero cando tes esas idades ese crecemento nótase un pouquiño máis. O que pasa é que nós tamén crecemos moito”.

Vaticina Irene Ferreras “un partido igualado que vai estar en matices pero nós temos que sentirnos fortes, sentir que o noso obxectivo ao final de temporada é o día de mañá poder enfrontarnos ao seu primeiro equipo e así o temos que afrontar: con respecto, facendo ben as cousas que toca facer, sendo moi solidarias, traballando moito e logo estando acertadas en todos os nosos recursos ofensivos que son máis que na ida”.

A adestradora deportivista valora, após o empate (0-0) do pasado domingo ante o UDG Tenerife B, que “o equipo está a defender ben. Escápansenos os 3 puntos pero a realidade é que se nos fixamos só na faceta defensiva, non sufrimos grandes sobresaltos. O partido estivo moi controlado, faltounos un pouquiño máis de acerto nas situacións que puidemos crear”.

Irene Ferreras: “Non creo que este partido sexa unha final”

Preguntada sobre a transcendencia do encontro de mañá, a adestradora deportivista Irene Ferreras admite que “ten unha motivación extra o feito de ver que cada vez queda menos. Non creo que sexa unha final. É unha bonita oportunidade de pornos líderes e demostrarnos a nós mesmas que podemos ser un equipo que estea aí no máis alto. Eu fun moi cauta na mensaxe desde o principio, imos ver onde estabamos dentro de tantos meses. Pois xa imos chegando a eses meses, xa imos vendo onde está o equipo. Creo que o meu equipo é capaz de gañar ao FC Barcelona. Imos ter que facer un moi bo partido para iso”.

Ferreras pide tranquilidade e “non velo como o fin do mundo ou como que xa o conseguimos todo, pero aí estamos. Dentro de que non tivemos unha regularidade moi solvente durante toda a temporada, o que fala a clasificación é que somos das máis regulares porque, aínda que non sumásemos de 3 en 3 sempre, o resto de equipos tamén sofre”.

Confesa que o desta xornada 23ª da Primera Federación Iberdrola da RFEF “é un partido que a todos nos senta de maneira especial primeiro porque van primeiras, e por esa motivación de gañar ao primeiro que a nivel de confianza dáche logo un plus para afrontar o que vén. E a min como adestradora porque é o equipo con máis recursos da liga e que máis che esixe. Estudámolo ben, analizamos o que pasou alí, vemos en que cousas pode o equipo facelo mellor e levamos moitas semanas traballando para partidos deste tipo”.

Sente “a fortaleza de que o equipo está preparado. Mentalmente van estar as rapazas como avións porque teñen esa motivación, porque queren terminar o sábado sendo líderes e porque queremos afianzalo cos seguintes partidos. Máis aló diso, mentres que os puntos e as contas sigan estando onde están, tranquilidade. De momento o que sabemos é que aquí en Abegondo somos bastante fiables e que o equipo chega nun bo momento”.

Alerta de que nos 90 minutos de mañá “temos que adaptarnos a moitas cousas diferentes que se van a ir dando durante o partido. De aí nace ese interese que eu tiña ao principio de liga por ser un equipo adaptativo, non porque non queira que me identifiquen con algo, senón porque creo que os rivais xogan e moitas veces lévanche a contextos onde se cadra ti non querías estar, pero tes que competir igual de ben e teste que sentir igual de forte”.

Na opinión da técnica madrileña Irene Ferreras o Dépor ABANCA vs Barça B será “un partido que a nós nos vai ben porque cando veñen equipos que presentan un fútbol máis caótico xa non desde o xogo directo senón desde non ter tanto control de xogo, si que é verdade que che custa máis porque o partido ten moita máis incerteza. Somos dous equipos recoñecibles, coas súas armas para facernos dano o un ao outro e iso permíteche ter estímulos nos que fixarte. Cando tes estímulos podes dar respostas. É un partido de control pola nosa banda, de control pola súa banda, de saber manexarnos en diferentes rexistros e cando teñamos os nosos momentos, que os saibamos aproveitar”.

Das visitas de SD Eibar e Cacereño Feminino a Abegondo, dous equipos que tamén se presentaron en Abegondo no máis alto e que lograron puntuar, apunta Irene Ferreras que “aprendemos a coidar os matices, que un resultado é un ou outro en función dun detalliño, e deses detalliños imos aprendendo a base de experiencia. Son cousas que quizais no adestramento non podes recrear e que os partidos che van pasando. Hai que identificalos, ser consciente e levalos na mochila para que che sirva para competir mellor”.

Irene Ferreras imaxínase que agora un acelerón pode ser importante na clasificación: “Creo que nalgún momento este equipo é capaz de ter esa regularidade e sígoo crendo. Isto é unha pelexa diaria contra moitas cousas a nivel técnico-táctico, a nivel condicional, a nivel mental sobre todo. Pero sigo crendo en que podemos atopar unha versión do Dépor ABANCA que sexa capaz de gañar”.

Segundo explicaba a adestradora do conxunto galego: “Eu dígolles ás xogadoras que cando demostremos que somos capaces de gañar, de gañar e de gañar e de sentir esa crenza de equipo gañador, entón falaremos doutra cousa (por exemplo ascenso directo). Mentres tanto, seguimos pelexando, indo día a día, relativizando as cousas tanto para ben como para mal. E ese é o camiño. Aínda quedan partidos, aínda van pasar moitas cousas e nós imos pelexar até o final”.

Etiquetas AbegondoBarça BDépor ABANCAFC BarcelonaIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.