• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras: “O Dépor ABANCA é a mellor opción para continuar a miña carreira”

Entre as súas características dixo ser unha adestradora coa que a futbolista "aprende e mellora" "tamén teño moito carácter, son unha adestradora intensa, pero unha persoa próxima iso non está reñido coa responsabilidade nin que che teñan máis ou menos respecto"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/07/2022
en Fútbol, Primera Federación
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

52
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Chámase Irene Ferreras e é a primeira muller e dirixir ao primeiro equipo do Dépor ABANCA. Xa traballa co resto do seu equipo na preparación da campaña 2022-23. A nova adestradora do club branquiazul terá como segunda á galega Cris Oreiro. “Intento axudar e esixir a partes iguais”, dixo na súa presentación a preparadora madrileña que tamén se definiu como “unha adestradora intensa” que ve no club galego “a mellor opción para continuar a miña carreira”.

Asegurou que o feito de que “a forma importe” supuxo un dos motivos para decantarse polo club coruñés. Quere que o Dépor ABANCA sexa “Un equipo capaz de impoñerse desde diferentes rexistros, non so desde o xogo posicional. Un equipo amenazante. Que o rival que teñamos diante non teña claro que imos facer polo feito de que dominemos diferentes rexistros. Un intelixente que interprete o que toque en cada momento. Máis aló do estilo de xogo eu fálolles do que es importante, máis nunha tempada coma esta cun obxectivo ambicioso: ter unha mentalidade forte, saber refacerse nas eventualidades do partido, saber que non sempre vai ir rodado sempre, facer o que toca cando toca”.

A traxectoria previa de Irene Ferreras

Irene Ferreras López de Lamela (Fuenlabrada, Madrid, 4 de marzo de 1989) substitúe no cargo de primeira adestradora do Dépor ABANCA a Miguel Llorente. Chega a Galicia logo de ser segunda adestradora do Real Madrid CF. Na campaña 2021-2022 exerceu como axudante de David Aznar primeiro e de Alberto Toril máis tarde. Con anterioridade, Irene Ferreras acumulou experiencia como máxima responsable técnica no Olímpico de Moratalaz (2015-2016), FF La Solana (2016-2017), Rayo Vallecano B (2017-2018), Rayo Vallecano (2018-2019) e Valencia CF (2019-2020). Cos tres primeiros equipos fíxoo na segunda categoría nacional e cos dous últimos na división de honra.

Antes de ser adestradora Irene Ferreras xogou como porteira de equipos como Rayo Vallecano B, Rayo Vallecano, CF Pozuelo de Alarcón e Atlético de Madrid B, equipo no que se viu obrigada a retirarse en 2015, con só 26 anos, por mor dunha lesión nas costas.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, xunto ao presidente do club, Antonio Couceiro / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, xunto ao presidente do club, Antonio Couceiro / RCD

A nova técnica branquiazul posou para os medios gráficos no campo principal coa camiseta Galicia Azul acompañado polo Presidente, Antonio Couceiro. Xa na sala de prensa, atendeu ás preguntas dos medios de comunicación.

Preguntada sobre como foi a súa fichaxe polo Dépor ABANCA, apuntou que “foi sinxelo. Desde a primeira entrevista deime conta que era un club diferente, de que se podía axustar un pouco ao que eu son como adestradora. Evidentemente, o fútbol feminino segue sendo pequeno. Teño moita xente coñecida que estaba aquí ou que puido pasar por aquí e todas as referencias foron moi positivas. Por tanto, entendía que era a mellor opción para continuar coa miña carreira”.

O bloque xa empezou o traballo esta semana, de feito agárdanse tamén adestramentos o xoves e venres en dobres sesións (11:00 e 17:00h). O sábado e domingo As Nosas terán descanso. Ao respecto da súa primeira impresión do grupo que preparará este curso 2022-23 na Primera Federación, Ferreras dixo: “Cando chegas a un sitio e empezas unha pretemporada todo é ilusión, todos son ganas, as xogadoras está moi receptivas, queren absorber todo, teñen moito ímpeto. Na primeira sesión notámolo. É o normal cando empezas un proxecto. Eu insístolles moito en que temos que construír un equipo onde podamos manter estas ganas e esta ilusión no día a día”.

O equipo técnico do Dépor ABANCA posa no recoñecemento médico do QuirónSalud, no que se revisou a saúde do grupo polo equipo médico/ RCD
O equipo técnico do Dépor ABANCA posa no recoñecemento médico do QuirónSalud / RCD

O plan de traballo nestes días de arranque teñen como obxectivo a “adaptación. Imos facer sete semanas de pretemporada, máis que dabondo para mesmo tomarnos a licenza de ter unha semana previa como é a presente para ir axustando cousas, observar moito, ir de maneira moi progresiva, tamén ter en conta a adaptación que sofren moitas das xogadoras das incorporacións, que non só é o equipo, é a nova cidade, a nova vivenda, novos hábitos… Todas esas cousas hai que telas en conta tamén”.

A técnica deportivista insistía en que o obxectivo desta primeira semana de traballo en equipo “é a adaptación, que as veteranas nos axuden a todos a aterrar o mellor posible e que pouquiño a pouco vaiámonos atopando nesa normalidade e nese estado óptimo de cada xogadora”.

Un equipo equilibrado con xogadoras polivalentes, así ve Irene Ferreras ao bloque que prepara: “Estou bastante contenta con como está configurado o cadro. É un cadro equilibrado a nivel de posicións, con xogadoras con certa polivalencia. Tamén estas primeiras semanas sérvennos para situarnos e ver en que posicionamento as xogadoras que nos dan esas opcións renden mellor”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

A preparadora madrileña asegura que foi parte da confección da plantilla. “Fun parte activa desa decisión porque se me tivo moi en conta a opinión que tiven respecto delas. Destacaría sen entrar en individualidades que son xogadoras cunhas ganas de crecer na súa carreira deportiva. É moi positivo porque este club ou contexto vailles a ofrecer esa oportunidade. Teñen ambición, ganas. Quizá noutras etapas non tiveron a oportunidade de dar ese salto e aquí váiselles a esixir iso. Estou moi contenta porque cando se respira iso nun equipo as cousas a priori arrancan máis fáciles. Hai que aproveitar esas ganas que teñen para sacarlles todo o mellor que teñen”.

Así quere Irene Ferreras que xogue o Dépor ABANCA

“Quero que sexa un equipo completo. Unha das cousas importantes que me fixo tamén tomar a decisión é que aquí a forma importa. É un equipo ou un club onde sente identificado cunha maneira de xogar combinativa, reconocible”.

Para Irene Ferreras o paso está “en seguir fomentando iso e en quizá complementar con outras cousas que nos poidan dar maior competitividade aos partidos: ser capaz de impoñernos desde diferentes rexistros, non só mediante o xogo posicional; ser un equipo ameazante, que o equipo rival que teñamos diante non teña claro por onde imos atacar ou que imos facer porque dominamos diferentes rexistros (aí é importante o perfil individual das xogadoras e o que poden achegar); e ser un equipo intelixente que interprete o que toca en cada momento, máis aló do estilo de xogo”.

Explica a adestradora que fala ás xogadoras “do que esta temporada creo que é moi importante, ou todas as temporadas, pero máis cando tes un obxectivo ambicioso, que é o ter unha mentalidade forte, saber sobrepoñernos ás situacións do partido, saber que non todo vai ir rodado sempre e facer o que toca cando toca, máis aló de que predomine unha maneira ou outra”.

Cal é o obxectivo do Dépor ABANCA?

“Entendo que cando falamos do Dépor ABANCA. falemos de aspirar ao máximo. Sei onde veño e convivo con iso porque é algo ao que temos que aspirar. Pero as contas ao principio nunca saen”.

Destacaba Irene Ferreras que “hai un novo formato de competición onde nos vai a dar a posibilidade de ter unha liga moi igualada. de poder errar e probablemente seguir tendo opcións. A mensaxe non é partido a partido, como lles digo a elas, é unha mensaxe de día a día e a partir de aí xa veremos onde nos vai colocando a clasificación. Non penso máis aló porque cando fas contas ao principio e posche obxectivos moi ambiciosos se cadra non construímos previamente a capacidade de poder soportar esa presión. Imos fortalecer desde o aspecto mental, traballarnos como equipo, sentirnos fortes no que facemos e xa nos irá dicindo a clasificación onde temos opcións”.

“A min o club deume toda a importancia que se lle pode dar a unha adestradora que chega, desde o primeiro interese que tiveron en min e desde o esforzo que fixeron para que eu estea aquí. Foi unha decisión importante pero sinxela”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras insistiu en que chegou ao lugar “onde quería vir, sabía que ía encaixar a miña maneira de ser, a miña maneira de traballar; que se ía a valorar o meu estilo de liderado e a partir de aí construímos un equipo de traballo moi preparado e onde como todos os grupos humanos veremos o que vai pasando no día a día tamén, pero tamén é a miña responsabilidade facer que todo iso funcione”.

Explicaba a adestradora que cando chega a un sitio “non só dedícome a liderar a un equipo ou a un cadro de futbolistas, senón tamén a un staff, a traballar da man cun club, cunha secretaría técnica. É ao que aspiro, a tentar facelo ben para ter á xente do meu lado e para que a idea teña forza e créase nela”.

Así se define Irene Ferreras como adestradora

Consultada en rolda de prensa sobre como se definiría como adestradora, Irene Ferreras explicaba: “Destacaría o moito que me gusta o xogo. Teño riqueza en canto ao entendemento do xogo e podo achegar moito ás xogadoras. Sempre por onde paso garanto que a xogadora aprende e mellora. Teño moito carácter, son unha adestradora intensa. Quizá cos anos funme pausando un pouco en certos momentos para tamén entender en que momentos hai que apertar e en que momentos hai que rebaixar a tensión”.

Nesa autodefinición, a destradora de As Nosas dixo ser “unha persoa próxima. Considero que a proximidade non vai rifada da responsabilidade nin de que che teñan máis ou menos respecto. Entendo que nun clima de traballo positivo todo o mundo pode ter máis capacidade de dar o mellor que non estando nunha situación na que sintamos incómodos. Tento xerar iso desde o meu staff, desde as miñas xogadoras”.

Outra cualidade que salientou foi a “capacidade adaptativa, como debemos de ter todos os adestradores, para sobrepoñernos ás situacións. Cos anos vou gañando experiencia. Agora síntome preparada para asumir unha responsabilidade importante e que me desestabilice o menos posible a nivel persoal. Un adestrador debe coñecerse moito a si mesmo e ter unha boa harmonía interna para poder logo proxectar iso ao teu corpo de traballo. Tento axudar no máximo posible e esixir a partes iguais”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD

A nova técnica deportivista estrea equipo e cidade. Preguntouselle precisamente sobre como estaba sendo esa adaptación á Coruña e admitiu que aínda tivera “pouco tempo. Estou recentemente aterrada e aínda adaptándome a casa, a rutinas, ao club… Pero se sonche sincera, a xente que está aquí fíxome a chegada moi sinxela. É un ambiente moi familiar, onde cada necesidade que teño téntanma resolver ao momento. A cidade visiteina de momento pouco, o máis emblemático; pero faláronme moi ben e era unha das cousas tamén que me motivaba a vir”.

Segundo Irene Ferreras “os adestradores temos a oportunidade de, mediante o noso traballo, vivir experiencias persoais. Un obxectivo que eu me poño a nivel persoal é, máis aló de dar o mellor de min mesma no día a día e no factor deportivo, gozar a nivel persoal e que o día que me teña que ir de aquí, que espero que sexa canto máis tarde mellor, dicir ‘ouve, gocei de todo en xeral, non só do traballo, senón tamén da miña vida’. Pouquiño a pouco ir integrándome, coñecendo xente e adaptándome como todos”.

Dará importancia á canteira e ao traballo de Kevin Cabado co B

Entre as preguntas que xurdiron na rolda de prensa estivo o peso que pensaba darlle á canteira. E nese sentido Irene Ferreras declarou ser “unha adestradora formativa”. Sostivo que lle dá “moita importancia ao filial, ás xogadoras do filial, ao adestrador do filial, ao traballo que fai Kevin (Cabado) porque iso a nós permítenos poder ter un día a día de esixencia. Ter 20, 22 fichas do primeiro equipo é complicado pero se temos un filial que nos fornece con diferentes perfís que aos poucos poden ir atopando o seu lugar e tamén afacéndose ao ritmo que demanda o primeiro equipo, xenial. Nese sentido estou moi contenta respecto do cadro”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD

Non descarta a preparadora branquiazul novas incorpacións pero está contenta co bloque que ten: “Temos un cadro moi compensado a nivel de posicións. Si que hai posibilidade de facer algunha outra incorporación no caso de que houbese algo moi interesante que nos puidese mellorar o que temos. Pero a día de hoxe, coas xogadoras que están, coas incorporacións que fixemos, temos materia prima suficiente para empezar a construír. E xa o día a día diranos se temos algunha necesidade nalgún posto ou se temos algunha oportunidade de mellorar algo, pero de momento traballamos co que temos e iso é un pouco a idea”.

A importancia da comunión coa afección

Irene Ferreras ten claro que #ANOSAFORZA “é fundamental. O fútbol é para o afeccionado e traballamos para contentarlles a eles”. Explicaba en rolda de prensa que non tivera aínda “contacto directo con ningún afeccionado que espero que os próximos días me vaia familiarizando e vaia coñecendo caras e nomes propios. É certo que en redes sociais as mensaxes de ánimo foron moitísimas. A xente viu con moi bos ollos a miña chegada e eu pois a corresponderlles con traballo”.

“Sei como funciona isto”, declaraba a preparadora. “Sei que hai que facer que séntanse orgullosos, hai que engancharlles para que se divirtan e se imos da man, afección e equipo, imos chegar moito máis lonxe que se non os temos do noso lado. Nese sentido sempre os teño presentes. Fágolle un chamamento para que desde o día 1, se pode ser, estean xa aí, arrimando o ombreiro e as rapazas van dar o do de peito seguro para que queden contentos e orgullosos co que ven”.

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolIrene FerrerasRCD
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA lévase o Torneo Cidade de Gaia ao vencer 2-4 ao Valladares Gaia FC

por Redacción As Nosas
09/08/2022
0

  O Dépor ABANCA proclamouse campión do Trofeo Cidade de Gaia ao imporse (2-4) ao Valadares Gaia FC, da Primeira...

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, na presentación do Trofeo Teresa Herrera 2022 no que o Dépor ABANCA terá como rival ao FC Famalicão / CONCELLO DA CORUÑA

O FC Famalicão, rival do Dépor ABANCA no Teresa Herrera

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  O Dépor ABANCA xa coñece ao equipo que será o seu rival no décimo Trofeo Teresa Herrera feminino, o...

O equipo técnico do Dépor ABANCA posa no recoñecemento médico do QuirónSalud, no que se revisou a saúde do grupo polo equipo médico/ RCD

Chequeo á saúde do Dépor ABANCA para arrincar a tempada 2022-23

por Redacción As Nosas
26/07/2022
0

  A revisión médica á saúde das persoas que compoñen o bloque do Dépor ABANCA 2022-23, un paso máis na...

Nuria Rábano e Malena Mieres / FC BARCELONA / REAL BETIS

Núria Rábano e Malena Mieres, dúas galegas que mudan de aires pero seguen na elite

por Redacción As Nosas
26/07/2022
0

  Rábano e Mieres son dúas das futbolistas galegas na elite do futfem Aínda que Galicia non conta cun equipo...

fútbol RFEF

A RFEF anuncia un paquete de axudas para o fútbol feminino de Primera e Segunda Federación

por Redacción As Nosas
26/07/2022
0

  A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) vén de anunciar unha serie de medidas de impulso ao fútbol feminino...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.