- A técnica do Dépor ABANCA, Irene Ferreras vén de ser nomeada polo Comité de Adestradores da RFEF como a mellor adestradora da temporada pasada 2022-23 na categoría de Primera RFEF. Trátase do premio Ramón Cobo.
A entrega deste galardón, que recoñece “tanto os seus méritos deportivos como o seu bo facer fóra do campo”, será o vindeiro martes 24 de outubro ás 19:00 na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas (Madrid).
Irene Ferreras (4 de marzo de 1989, Fuenlabrada), chegou ao Dépor ABANCA xustamente a temporada pasada. Nese curso o curso 2022-23 por dúas ocasións quedou a un gol de lograr o ascenso das Nosas á Liga F. Esta campaña, o Dépor ABANCA suma 4 vitorias nas súas 4 primeiros partidos de liga e é líder en solitario.
A adestradora das nosas deportivistas publicaba un chío no que agradecía o “recoñecemento a un staff que non para de traballar e empurrar con alegría, autoesixencia e humildade. E, por suposto, grazas ás xogadoras que son o motor desta viaxe”. Coa mirada posta no obxectivo do ascenso que acariñou o bloque deportivista o pasado ano, Ferreras falaba dun “ano de moitísimo traballo que trataremos de que sexa o alicerce da consecución dun gran soño”.
Un año de muchísimo trabajo que trataremos que sean los cimientos de la consecución de un gran sueño. Reconocimiento a un staff que no para de trabajar y empujar con alegría, autoexigencia y humildad. Y por supuesto, GRACIAS a las jugadoras que son el motor de este viaje. 💙 https://t.co/0NmeqernWb
— Irene Ferreras (@1REN3_F) October 14, 2023
A súa traxectoria profesional levou a Irene Ferreras ademais polos bancos do Olímpico de Moratalaz, La Solana FF, Rayo Vallecano, Valencia CF e Real Madrid, neste caso como segunda adestradora.
Irene Ferreras ten un campo co seu nome en Fuenlabrada
Destacan desde o RC Deportivo que Ferreras é “todo un exemplo dentro e fóra dos terreos de xogo, no barrio de Loranca da súa cidade natal, Fuenlabrada, o campo municipal de fútbol leva o seu nome desde o pasado 2020”. “Hai que facer bandeira da cidade e iso só fano referentes deportivos como Irene Ferreras“, declarou o día da súa homenaxe o alcalde de Fuenlabrada, Javier Ayala, lembran desde o RC Deportivo.