• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras: “Imos tentar manter o liderado na Primera Federación varias xornadas consecutivas”

A adestradora do Dépor ABANCA comentaba na previa do partido co Cacereño que teñen "moitas ganas de demostrarnos que o partido da primeira volta en Cáceres foi un accidente", daquela as branquiazuis perderan 4-0

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/01/2023
en Fútbol, Primera Federación
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

68
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Do 4-0 recibido en Cáceres na primeira volta só queda no Dépor ABANCA as ganas de demostrar sobre o tepe de Abegondo que “foi un accidente”. Na rolda de prensa previa ao partido, que terá lugar mañá sábado 21 ás 12:00 na Cidade Deportiva (TVG2), Irene Ferreras declaraba que o bloque que adestra afronta o cruce co Cacereño “con moita ilusión”. A adestradora deportivista advería: “Imos tentar por unha vez manter o liderado varias xornadas consecutivas. Facémolo ante un gran rival, probablemente o equipo que nos fixo mostrar nosa peor versión na primeira volta”.

Xustamente por ser o rival que sacou das Nosas a súa “peor versión”, as futbolistas branquiazuis, líderes da  Primera Federación FutFem, afrontan o cruce con “moitas ganas de demostrarnos que o partido da primeira volta en Cáceres foi un accidente e que temos nivel para sacar tres puntos en casa outra vez”.

Aprender dos erros é algo que Irene Ferreras intenta trasladar ás xogadoras que dirixe. “Cando tes un partido como o que tivemos na ida, que para este equipo foi positivo porque nos doeu moito e dos momentos dolorosos un ten que sacar esa aprendizaxe, agora despois de tres meses queremos volver xogar contra elas, volver medirnos, saber que temos que facer cousas moito mellor do que o fixemos e quitarnos un pouquiño esa sensación de que o rival foi moi superior”.

Para a adestradora do Dépor ABANCA “a sensación que tivemos é que a primeira volta foi boa en liñas xerais, competimos todos os partidos menos ese e esa é a espina que tiñamos cravada. Por sorte o fútbol dáche desquites e afrontámolo agora con esas ganas de demostrar que somos un equipo diferente ao de hai tres meses, que queremos facer gozar aquí a en Abegondo á afección e utilizar esta oportunidade que temos para seguir crecendo”.

A evolución do Dépor ABANCA na primera volta

Ve Irene Ferreras unha “evolución en canto a xogo” nas filas do Dépor ABANCA. Considera a técnica madrileña que o equipo galego ten “moito máis marcados os nosos acenos de identidade e aquelas cousas que queremos que nos definan; pero se me tivese que quedar con algo, probablemente quedaríame co aspecto mental, coa capacidade emocional que estamos a mostrar de saber xestionar mellor certos momentos de partido. Os últimos dous partidos foron tamén unha oportunidade de que o equipo se vexa en situacións máis axustadas ou máis comprometidas, onde saímos vitoriosas”.

Ante os medios,  Irene Ferreras fixo fincapé no partido da pasada fin de semana ante o Granada CF o Dépor ABANCA tivo “unha situación moi difícil durante o primeiro tramo de partido con circunstancias adversas. No descanso o que me saía dicirlles era que superaramos o peor momento. O equipo soubo responder, estivemos a defender durante ese tempo ata que nos volvemos a atopar. Soubemos soportar. Cando un equipo é capaz de facer isto, xa empezas a ter algo especial como colectivo. Esa é a parte que máis me gusta, que estamos a saber tamén gañar partidos que non teñen un resultado tan solvente e aínda así o equipo amosa capacidade de entender o que toca e de sentirse cómodo”.

Irene Ferreras, entrenadora deportivista: “En Granada o equipo soubo responder. Soubemos soportar. Cando un equipo é capaz de facer isto, xa empezas a ter algo especial como colectivo. Esa é a parte que máis me gusta, que estamos a saber tamén gañar partidos que non teñen un resultado tan solvente e aínda así o equipo amosa capacidade de entender o que toca e de sentirse cómodo”

Irene Ferreras non pensa que o Dépor ABANCA estea no seu mellor momento da temporada: “Temos moita marxe de mellora. Tivemos partidos moi bos a nivel de xogo pero non lle demos unha continuidade en canto a ese rendemento, sobre todo se me fixo máis na fluidez ofensiva e en ser capaz de manter esa identidade durante moitos minutos nos partidos”.

Irene Ferreras quere manterse no camiño aberto en Granada

“O noso reto é ser un pouquiño máis estables en canto a que sexamos igual de reconocibles en cada partido”, declaraba Irene Ferreras ante os medios.

“É verdade que o rival xoga, ponche en dificultades e non sempre podes estar da mesma maneira, pero dentro de que as cousas van ben e que temos que estar tranquilas coa base que asentamos imaxino a este equipo xogando mellor, competindo mellor, corrixindo moitas cousas que temos que facer no día a día e que aínda non temos sequera idea de cal é o teito”.

A adestradora branquiazul opina que a vitoria ante o Granada CF “achanda o camiño desas pantasmas. Cando fas unha cousa e repítela varias veces, a túa cabeza xa di que es capaz de facelo. Sempre custa xerar ese primeiro percorrido. Cando o camiño está marcado, esas crenzas limitantes son moito máis fráxiles. Para nós foi importante por como foi, polo sufrido que foi, por como se deu o partido costa arriba, polo carácter que mantivo o equipo, porque fixemos gol e conseguimos manter a identidade do equipo até os últimos minutos”.

Asegura Irene Ferreras que no cruce de Granada viu “moitas cousas para quedarme contenta, sobre todo en canto a esforzo e sacrificio. Mellorable en xogo, sobre todo a nivel técnico e de execución. Tiñamos boas intencións pero en moitos momentos non ían a bo porto porque non estivemos con esa finura que quizais sexa tamén motivado por esa alta de soltura que estamos a ter ás veces fóra de casa”.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “a primeira vitoria do 2023, márcanos o camiño a seguir. Foi moi importante animicamente para nós e queremos darlle continuidade con outros tres puntos en casa que nos farían entrar nunha dinámica moi boa, que aínda non vivimos e que emocionalmente para o equipo pode ser un plus”

Recalca que esa vitoria, “a primeira do 2023, márcanos o camiño a seguir. Foi moi importante animicamente para nós e ademais queremos darlle continuidade con outros tres puntos en casa que xa nos faría entrar nunha dinámica moi boa, que aínda non vivimos e que emocionalmente para o equipo pode ser un plus”.

Etiquetas AbegondoCacereñoDépor ABANCAfútbolGranadaIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.