• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Irene Ferreras: “O Granada é un equipo proactivo. Imos ter unha loita por quen ten o balón”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2023
en Primera Federación, Fútbol
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD

221
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Dépor ABANCA visita a mañá domingo 15 de xaneiro a Ciudad Deportiva do Granada CF. As xogadoras que adestra Irene Ferreras xogan a partir das 12:00 horas. O partido poderá verse na canle de  YouTube do Granada CF.

A adestradora das galegas prognosticaba na previa do partido que se verá: “un partido bonito porque é un gran rival. Demostrou que é un dos equipos que para o meu gusto mellor fútbol practican da categoría. É un equipo proactivo. Imos ter unha loita por quen ten o balón”.

Considera a técnica deportivista que o Granada CF “ten a vantaxe de ser un proxecto xa asentado de varias temporadas, cun adestrador que leva tamén certo tempo no cargo e que se coñecen moi ben. Teñen uns patróns de xogo moi asentados, que sen mirarse atópanse. Este ano, ademais incorporaron en último terzo xogadoras diferenciais como poden ser Naima e Ángeles, que ademais tiven a sorte de adestralas”.

Irene Ferreras explicaba en rolda de prensa que “a priori vai ser un partido moi igualado, na liña tamén do que vimos vendo en temporada. Imos estar sempre no arame da máxima igualdade. Imos tentar xogar o noso fútbol, quitarlles a pelota e xerar o máximo posible”.

Na opinión da adestradora do Dépor ABANCA, nunha competición tan igualada como é a Primera Federación FutFem, “se nós somos capaces de gañar alí, vémolo como unha oportunidade de descolgar a un equipo que para o meu gusto e a priori ten que estar arriba e ten que pelexar por iso; sabendo tamén que calquera tropezo que teñamos, como está a suceder ás veces, permítenos tamén seguir aí porque o resto de equipos tamén falla”.

Propón Irene Ferreras que en Granada o Dépor ABANCA deberá “tentar aproveitar isto que temos. Creo que a presión a teñen elas. Imos nun momento bo, con ganas de deixar atrás esas etiquetas que nos están pondo de que nos custa fóra de casa. Co bo traballo que fixemos esta semana temos unha oportunidade moi bonita de deixalas un pouco aí, a distancia, que nos pode pór as cousas moi de cara”.

Irene Ferreras avisa de que as deportivistas teñen por diante “unha xeira de partidos moi duros. Pero tamén que o equipo me demostrou que neste tipo de partidos está a responder ben. Non queremos mirar máis aló do Granada. Para nós o Granada é pechar a primeira volta, que é así como o marca o calendario e a partir de aí pois faremos un reset, miraremos despois Cacereño, despois Osasuna… Cada semana prepararémolo sempre con ilusión e dándolle un pouco ao reinicio porque o que si que está claro é que non podemos depender do resultado de cada semana para afrontar as seguintes”.

Di a adestradora das coruñesa que o bloque de xogadoras que adestra ten que “fixarse no que facemos e en que podemos mellorar, cambiar, seguir asentando e non angustiarnos con todo o que nos vén agora porque igual que a nós nos vén, nós imos aos rivais e aos rivais vanlles a outros rivais. Temos que estar coa mente tranquila, co foco posto no Granada”.

Irene Ferreras é moi optimista: “Creo que imos facer un bo partido, teño moi boas sensacións, as xogadoras están a facer unha semana moi boa de traballo. Especialmente esta semana nótoas cunha seriedade e unha concentración de equipo que quere facer algo importante, que sabe o que vén e que sabe a importancia que ten de cara ao noso futuro inmediato. Entón, desde esa ilusión e desde ese presente imos competir e a partir de aí xa avaliaremos e volveremos iniciar de cara ao seguinte partido”.

Reiteraba Irene Ferreras que neste mercado de inverno o cadro do Deportivo ABANCA “non vai sufrir ningunha modificación, pero si que é verdade que ata que se cumpra o prazo estamos abertos a unha posibilidade de incorporar unha xogadora zurda porque nos daría certa solvencia en saída de balón, en inicios de xogo. Non descubro nada cando vedes que todos os rivais oriéntannos cara aí, que nos tentan xerar aí un pouco as dificultades. Daríanos unha alternativa máis. Que se pode dar? Fenomenal. Que non se pode dar? Imos ir co que temos porque son as que demostraron que que nos están pondo a 1 punto do líder e que aínda temos moito que dicir”.

Admitía Irene Ferreras, ao respecto do peor balance do Dépor ABANCA lonxe de Abegondo, que é “o que di a estatística. É unha realidade. Agora dentro deses números e dentro de que está claro que non estamos a ser tan fiables fóra de casa, creo que hai que naturalizalo, non poñernos nerviosas porque o que conta é o cómputo da túa competición”.

Irene Ferreras apela á paciencia: “Non estamos se cadra conseguindo eses +3, +3, +3, pero estamos a perder pouco e estamos a competir ben. Hai que ser paciente. Todo o vórtice de ao redor xérache certas dúbidas na cabeza ou che pode xerar certas crenzas limitantes que che custa un pouquiño máis, igual que se xerou unha crenza de que aquí en Abegondo somos súper sólidas e gañamos e todos temos esa sensación de que vai saír ben”.

A adestradora do Dépor ABANCA ve os partidos fóra de casa, empezando polo do domingo en Granada, como “un reto máis ao que hai que enfrontar, que temos que mentalmente superalo e neste 2023 ímolo a facer. É unha materia pendente, estamos a estudar moito e ben para tentar aprobala. Non imos coa angustia ou a ansiedade de ter que facelo xa porque se non se acaba o mundo, porque tampouco é determinante”.

Tal e como apunta a técnica deportivista queda “aínda unha segunda volta completa. Imos tentar aproveitar cada oportunidade que teñamos de coller vantaxe respecto de calquera rival. Para nós a semana pasada foi fundamental a vitoria porque o CD Alba Fundación Femenino paréceme un equipo moi serio, que lle quitou tamén puntos á xente de arriba e que podía estar aí tamén, entón todo o que sexa nese duelo individual con cada equipo poder coller vantaxe e poder ir crecendo como equipo mentres tanto fenomenal”.

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolGranadaIrene Ferreras
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Pablo Prieto recibe felicitacións dos presentes como novo presidente da RFGF, na imaxe, entre outros, a adestradora Pili Costa / FUTGAL

Pablo Prieto, elixido presidente da RFGF co apoio unánime da asemblea da entidade

por Redacción As Nosas
30/06/2026
0

Pablo Prieto Perille foi aclamado este luns como presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola nova Asamblea Xeral que...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

A Coruña amosa o seu compromiso coa inclusión no torneo de fútbol-genuine ‘A nosa Champions’, que chega este sábado ao campo da Leyma

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Federación Galega de Fútbol na organización da cuarta xornada do torneo de fútbol-genuine 'A nosa Champions',...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.